Un pouquiño de Historia
Coser, durante moitos séculos, foi unha tarefa máis das que o home (mellor dito, as mulleres) tiña que realizar pola súa propia supervivencia e a da súa familia.
O oficio de xastre tomou especial importancia na Idade Media, coa organización dos oficios en gremios. O labor de facer pezas de vestir era tan complexo que os padróns e as ferramentas quedaban como a máis valiosa herdanza que un fillo podía recibir de seu pai. Este feito danos unha idea da importancia que ten saber cortar e coser pezas de roupa.
Coa chegada de publicacións de moda a mediados do século XIX a ensinanza do corte e confección puido chegar a máis fogares animado tamén pola chegada da maquina de coser sendo estes feitos o principio da democratización da moda.
Nestas clases as alumnas aprendían a coser a man, a cortar e a manexar a máquina de coser que a principios de século empezaba a ser unha ferramenta indispensable nos fogares. Aquí formábanse costureiras e modistas profesionais co aliciente de proporcionar a tantas mulleres un oficio.
Fotos do arquivo da EMAO |
A especialidade, hoxe en día, denomínase Moda e Confección, pero a esencia segue sendo a de formar homes e mulleres na arte da costura.
¿Que se aprende?
Partimos da premisa de que o alumno nos sabe nada polo que os primeiros días os adicamos a coser a man, coñecer e manexar a máquina de coser, as ferramentas que se necesitan, e unha vez dominada esa parte comezamos coa patronaxe,e a confección de prendas sinxelas.
A patronaxe e unha parte fundamental da especialidade; como ben dixo Cristobal Balenciaga: un bo modisto ten que ser arquitecto nos padróns.
Pouco a pouco imos incorporando padróns máis complexos de todo tipo de prendas, maioritariamente de muller; saias, corpos, camisas, vestidos, pantalóns, chaquetas e abrigos.
Prestamos especial atención a aprender a facer bos acabados nas pezas, utilizando diferentes técnicas de confección profesionais.
Tamén adicamos tempo ao recoñecemento de tecidos, os seus nomes, os seus usos e como diferencialos para poder facer unha boa elección á hora de deseñar... e é que tamén deseñamos!
O curso conta coa complementaria de Debuxo. Son 30 horas nas que o debuxo se pon ao servizo da moda, xa que é imprescindible para poder expresarnos e é o vehículo para realizar os nosos padróns. O ensino non quedaría completa sen nosa outra complementaria; Historia da Moda. Outras 30 horas nas que se fai un repaso pola historia da indumentaria en occidente.
¿Canto dura o curso?
Moda e Confección diferencia entre itinerario de mañá e de tarde; pola mañá son dous días á semana, dúas horas cada día durante tres anos (Iniciación, Perfeccionamento I, Perfecccionamento II, 430 horas en total)
Pola tarde tamén son dous días a semana, 5 horas cada día durante dous anos (Básico e Superior), ten unha duración total de 700 horas máis 60 horas de complementarias ( 30h de debuxo e 30h de Historia da Moda)
Nos dous itinerarios abordase a mesma teoría coa diferencia do tempo adicado á práctica no taller.
Independentemente do itinerario escollido, o alumno ten a opción, unha vez terminada a especialidade , de realizar o curso Avanzado; un curso de 70 horas en formato de titoría onde desenvolve un proxecto propio enfocado cara á investigación, creación, ampliación de coñecementos...
¿Como se accede?
Todos os anos polo mes de xuño, comenza o período de preinscripción que dura ata os primeiros días de setembro. Se a demanda de alumnos é maior cás prazas ofertadas, realizarase unha proba de acceso onde non se valorarán coñecementos sobre a especialidade, senon a actitude e aptitude para ela.
Ola, son Emma Pintos, a profesora de Moda e Confección e espero que con esta entrada no blogue puideses ver o que facemos e como o facemos no taller da EMAO.
Moi bonita entrada...perfectamente explicado todo o que facedes, pero as fotos de arquivo da EMAO son sinxelamente preciosas!!!. Estaría ben buscar o lugar onde foron feitas. Bravo Emma!!!
ResponderEliminarMoitas grazas pola introducción. É moi aclaratoria.
ResponderEliminarEstou interesada en facer o curso. Non atopo o enlace para facer a solicitude. ¿Xa está aberto o prazo para a preinscripción?
Moitas grazas a ti Zulema. Estos días sairá a convocatoria para o curso que ven ( última semana de xuño ou primeira de xullo). O anunciaremos tanto no blog como en redes sociais.
EliminarOla Zulema, o prazo de preincripción comenzou o luns 28 de xuño. Esta e a ligazón con toda a información.
Eliminarhttps://hoxe.vigo.org/movemonos/emao22.php?lang=gal#/