venres, 4 de xuño de 2021

2ª edición do Programa de Creación dunha Empresa Artesá [OUTRAS NOVAS]

Segunda edición do programa de creación dunha empresa artesá, un programa integral de capacitación e asesoramento dirixido a emprendedores do sector artesán co obxectivo de que os e as participantes desenvolvan todo o seu potencial comercial e creativo.

O programa consta dunha serie de sesións de capacitación que inclúe modelos de negocio, márketing, desenvolvemento creativo, finanzas, comunicación, etc. Impulsado por EOI no marco do proxecto Crafting Europe, este programa baséase na metodoloxía creada polo Crafts Council UK (Consello da artesanía do Reino Unido) chamada “ Hothouse” e será impartido por consultores/ as e outros profesionais do sector.

O programa está dirixido a persoas artesás, deseñadoras, artistas, creativas e makers. Seleccionaranse aqueles perfís cuxa maior parte do seu traballo sexa feito a man. Poden estar a facer produción por lotes ou desenvolvendo traballos para comerciantes polo miúdo, exposicións ou residencias. O traballo artesanal debe ser o seu principal traballo ou fonte de ingresos. Non hai requisitos sobre a estrutura do negocio. As asociacións tamén poden participar a condición de que todos os membros estean involucrados no proceso creativo e de fabricación. 

Para participar no programa recoméndase ler detidamente as bases da convocatoria. A solicitude de participación debe realizarse cumprimentado o seguinte formulario en liña antes do 27 de xuño ás 23:59 horas.

Máis información aquí ou no correo electrónico: fundesarte@eoi.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!