
Este venres contaremos coa presencia de Teófila Noemí Ruiz Kulianos que presentará
unha cronoloxía dos seus procesos de estampaxe dende as experiencias
no taller que tivo en Arxentina chamado La Mancha ao taller
actual que ten en Santiago de Compostela, Do Paraná.
Procedementos distantes non só no espazo
xeográfico, senón tamén no tempo. Do analóxico ao dixital.
Análise da súa propia andaina de 31 anos como serígrafa e dos seus
referentes en Serigrafía: Corita Kent, Warhol, o Atelier Populaire
do Maio Francés, os orixinais de Victor Vasarely, a cor en Cruz-Díez
ou Julio Le Parc. Vinculará procesos como a obtención dunha
pantalla nos 90’ coa Repromáster (arqueoloxía da técnica) á
tentativa de rexistrar cores con pregos de papel verxurado 400
gramos, arqueados por 95 % de humidade. Avatares cos diferentes
soportes e ductilidade para reivindicar o pracer de estampar en
solitario ou colectivo, de contribuír á produción e difusión de
obras e procesos creativos, de experimentar con materiais, de ensinar
aprendendo e de favorecer o intercambio de saberes técnicos.
Teófila é serígrafa e docente, poeta, performer e xestora cultural. Socia adherente á FÉDÉRATION NATIONALE DE L’ESTAMPE DE FRANCE. En Arxentina (1990 a 2000) ademais de adicarse ao ámbito publicitario, editou a recoñecidos artistas e ilustradores. En Compostela (2005) crea o seu propio taller concibido tamén como escola e espazo Coworking. CGAC, FUND. M. LEDO, TRINTA, OUFF Festival, XUNTA DE GALICIA, 7H COOP… ou os propios artistas-deseñador*s, confiaron a edición de Obra Gráfica Original en láminas, carpetas, tarxetas [entre outr*s]: ver https://doparana.com/papel/ Organizou Eventos e Concursos varias edicións (Roteiro de Creación, Saber & Sabor). Participou en Feiras de Arte e Libro de Artista: Cuarto Público, Arts & Crafts Local Disponible, CidadeCreativa de 7H na CDC ou MASQUELIBROS en Madrid. DIDÁCTICA PORTÁTIL in situ: MANS Á OBRA DE ANDY WARHOL para nen*s Colexio Andaina, PLANETA TÉXTIL TEXATLANTICA CSC Ensanche, INIC. Á SERIGRAFÍA CREATIVA SALA NORMAL UDC, TRECE ESTAMPAS para ARGA en FUNDACIÓN SEOANE, e CREANDO UNHA SITUACIÓN A TRAVÉS DA SERIGRAFÍA Programa formativo para 30 mulleres
artistas Womarts Training con 7H en AUDITORIO DE GALICIA

Do Paraná é o seu taller actual, é unha casa taller multifuncional. Funciona como Coworking, para proxectos puntuais. A escola-taller aborda a formación desde un enfoque práctico, que prioriza o saber facer. Retoma a tradición da formación dos oficios, onde los aprendices adquiren coñecementos e pericias. Con 31 anos de experiencia, Teófila sintetiza aquí, o lazo necesario entre experiencia e investimento. A afinidade ineludible entre novas tecnoloxías e a preservación do carácter artesanal do ‘oficio’ en artes gráficas.
Situada en Rúa do Ulla 25, baixo, en Santiago de Compostela.
Realiza obra gráfica para instituciones e artistas, por exemplo:
Edición conmemorativa CGAC
Edición serigrafía artesanal de 50 copias, numeradas e asinadas polas artistas Tamara Feijóo, Carla Andrade, Álvaro Negro e Suso Fandiño. Dous orixinais de cada artista. Tirada total de 400 estampas, a dúas e cinco tintas. Papel Rives de 270 gramos, 30 x 42 cm.
Premios OUFF, 21 Festival de Cine Internacional de Ourense. Edición “Silueta Herrera”
novembro 15, 2016
Ouff premia con Obra Gráfica. Deseñamos encadernación
artesanal en tea vermella e logo en negro. Láminas personalizadas para
cada premio, con ilustración de Betty Ogando, estampadas en dourado ou vermello sobre Conqueror Calligraphy
negro de 300 gramos. Certificado de autenticidade e delicado envoltorio
en papel de seda con logo serigrafiado. Ver: http://www.ouff.org/gl
Obra gráfica par artistas como:
Almudena Fernández Fariña | Álvaro Negro | Antonio Murado | Baldo Ramos e Lois Agrelo | Betty Ogando OUFF Festival | Carla Andrade | Cenlitrosmetroscadrado | Cinta Arribas | Chelo Rodríguez | Elhaba Carballo | Irene Silva Xiráldez | Iván Tovar | Javier de la Rosa | José Luis Seara | Julia Huete | Kiko Pérez | Lois Corvera | Luis Moscardó & Bernardo Tejeda | Marga Crespo | Maria Chenut | María Manuela | María Xesús Díaz | María Xosé Díaz | Mariano Casas Gil | Mauro Trastoy | Miguel Ivorra | Miguel Peralta & Cestola na cachola | Nanda Cabaleiro | Nicolás del Rio | Novais | Olmo Blanco | Pablo Barreiro | Roberto Vázquez | Rosendo Cid | Rubén Ramos Balsa | Sabela Arias Castro | Suso Fandiño | Tamara Feijoo | Uqui Permui | Vanessa Lodeiro…
 |
| Antonio Murado |
 |
| Javier de la Rosa |
 |
| Uqui Permuy |
Para saber máis podedes consultar a súa páxina web: https://doparana.com/ e asistir a charla deste venres 16 de outubro ás sete na hemeroteca da escola.
Vémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!