martes, 30 de xuño de 2020

Manual de caligrafía do s. XVI [SERIGRAFÍA]


No século XVI, cando a impresión se converteu no método máis común para producir libros, os intelectuais valoraron cada vez máis a inventiva e as calidades estéticas da escritura. De 1561 a 1562, Georg Bocskay, o secretario da corte nado na Croacia do Emperador Romano Fernando I, creou este Libro Modelo de Caligrafía en Viena para demostrar o seu dominio técnico da inmensa gama de estilos de escritura que el coñece. Uns trinta anos despois, o emperador Rodolfo II, neto de Fernando, encargou a Joris Hoefnagel que iluminase o libro modelo de Bocskay. Hoefnagel agregou froitas, flores e insectos a case todas as páxinas, compoñéndoas para mellorar a unidade e o equilibrio do deseño da páxina. Foi unha das colaboracións máis inusuais entre calígrafo e pintor na historia da iluminación de manuscritos. Debido ao interese de Hoefnagel en pintar obxectos da natureza, as súas imaxes detalladas complementan o famoso Kunstkammer de Rudolph II, un gabinete de

Cadeas II - Cadea Bizantina [OURIVARÍA]

As cadeas bizantinas son un antigo e clásico tecido na ourivaría europea e oriental.
Este tipo de cadeas desenvolvéronse en época bizantina tardía,
debido ás constantes invasións e tamén polo comercio foron empregadas tamén polos Persas e Celtas aplicando múltiples variantes.

Abrangue moitos tipos de tecidos feitos con argolas entrelazadas;
estas colócanse por pares buscando unha simetría. 
As cadeas bizantinas son moi versátiles e resistentes, habitualmente empréganse en colares e pulseiras, pero ás veces tamén en pendentes.

O grosor do fío co que se constrúe é importante pois non debe ser moi fino pois os aneis non van soldados a maioría das veces, e se a argola é moi fina corre o risco de abrirse; tamén sabemos que a maior diámetro maior grosor de fío para compensar. 

Traballos realizados no proxecto “Relatos encaixados” [TALLA E ESCULTURA]


RELATOS ENCAIXADOS




Hoxe 30 de xuño de 2020 remataría o curso que comezamos no pasado mes de outubro. Un curso especial, moi especial dadas as circunstancias sociais que todos experimentamos este ano. Un curso cheo de anécdotas, experiencias, vivencias novas que nunca  pensamos que íamos ter, pero sobre todo un curso cheo  de creatividade, compromiso e bo facer dos nosos alumn@s, no que tod@s aprendimos e comprendimos que todo segue e que se se quere sempre atopamos o lado positivo de situacións difíciles, é unha cuestión de actitude e posicionamento na vida, Temos unha gran capacidade de adaptación ao medio. Por iso hoxe como despedida deste curso intenso, diferente, moi diferente do planeado, do que eu só podo quedarme cas cousas positivas que experimentei, que aprendín, que compartimos; as ferramentas coas que cargamos as nosas mochilas da creatividade, e que todos nos levamos, non só aprendizaxe senón tamén amizade. Grazas polo voso compromiso!!! 

Aquí vos deixo a recompilación de traballos do proxecto dos Relatos Encaixados; non puiden cargar os marabillosos textos que enviastes, moitos deles propios. Buscaremos a forma de que se poidan gozar.
Moitas grazas, polo voso traballo. Vémonos en nada!!!

Gozade moito do verán!!!

luns, 29 de xuño de 2020

Libros: Son do Fol, Método infantil de iniciación á gaita galega [CAIM GAITA]

Imos ver hoxe un libro pensado e elaborado por Xaime Estévez Vila, con deseños de Xoán Ramón
Marín Martínez e editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, cunha única pretensión, achegar o máis posible a aprendizaxe da gaita ós máis pequenos.



A Biblioteca Malatestiana: A Primeira Biblioteca Pública de Europa [BIBLIOTECA]



A Biblioteca Malatestiana de Cesena é unha biblioteca monástica de particular importancia histórica. Fundada a mediados do século XV, destaca por ser a primeira biblioteca cívica en Italia e en Europa é o único exemplo dunha biblioteca monástica humanística que sobreviviu perfectamente conservada no edificio, no mobiliario e nos seus fondos durante máis de cincocentos anos.

venres, 26 de xuño de 2020

Ondas [SERIGRAFÍA]

Hoxe adentrarémonos nun tsunami de imaxes salgadas. Imos comezar pola gran onda por excelencia no gravado, a de Hokusai, para despois facer un lixeiro percorrido da influencia que tivo na representación das ondas na cultura visual. A gran onda de Kanagawa (literalmente «Baixo unha onda en altamar en Kanagawa») tamén coñecida simplemente como A onda ou A gran onda, é unha famosa estampa xaponesa do pintor especialista en ukiyo-e, Katsushika Hokusai, publicada entre 1830 e 1833,​ durante o período Edo da historia de Xapón. Esta estampa é a obra máis coñecida de Hokusai e a primeira da súa famosa serie Trinta e seis vistas do monte Fuji, ademais de ser a estampa máis famosa do seu xénero así como unha das imaxes máis coñecidas no mundo. Da matriz utilizada realizáronse varios miles de copias, moitas das cales chegaron a mans de coleccionistas europeos. A partir da década de 1870 a estampa volveuse moi popular entre artistas e coleccionistas franceses.Varios museos conservan exemplares da obra, como o Museo Guimet, o Museo Metropolitano de Arte, o Museo Británico, a Biblioteca Nacional de Francia e o Museo Nacional de Arte de Cataluña, xeralmente provenientes de coleccións privadas do século XIX de estampas xaponesas.


A xilografía mide 25x37cm

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 4) [TALLA E ESCULTURA]

A xilografía e o libro


Primeiras letras capitulares de taco xilográfico

A xilografía comeza a súa relación co libro como método de impresión na reprodución de exemplares manuscritos. A partir do século  XII xa temos referencias do que serían  os primeiros ensaios para axilizar un proceso que ata ese momento era realizado de maneira totalmente individualizada polos monxes nos mosteiros. As primeiras matrices talladas eran as das letras capitais que introducían o texto nos manuscritos. Máis tarde tamén subsutituiría o traballo de copistas e ilustradores. 

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 41. MALGORZATA SZPILA (HANDMADELACEDESIGN) [ENCAIXE DE PALILLOS]

Deseñadora de encaixe Malgorzata Szpila.

Deseño de colar por Malgorzata Szpila (Handmade lace design)
A tradición do encaixe de palillos sempre foi na súa casa. Bobowa (nome da sua cidade natal) é o centro de encaixe máis antigo de Polonia, onde se cultivan tradicións de encaixe ata os nosos días. Non obstante, cando era pequena era o último que dalgunha forma lle podía interesar. O avance produciuse no ano 2000 cando tivo lugar o primeiro Festival Internacional de Encaixe de Palillos en Bobowa.
A súa nai xunto a outros entusiastas do encaixe decidiu invitar a fabricantes de encaixes doutros países e crear uns días da exposición. Por primeira vez na súa vida a fabricación de cimentos converteuse en algo interesante.

Traballo resumo do curso [CAIM GAITA]


Desta volta gustariame poñervos a traballar un pouquiño. Xa sei que este curso rematou prematuramente polas circunstancias que todos coñecemos, mais achegámonos ao que sería o remate dun curso normal, así que vouvos pedir que fagades un pequeno traballo escrito, no que mostredes o feito ata o momento do peche físico da escola, por unha banda a modo de resumo, e pola outra serviranos para resolver dúbidas, e refrescar o aprendido, de cara ó próximo curso, que esperemos sexa xa presencial.

xoves, 25 de xuño de 2020

Koie Ryoji [ CERÁMICA ]


Nado en  Tokoname en 1938, un dos centros cerámicos máis antigos de Xapón,  Koie  Ryoji estudou a cerámica local ata 1966, cando comezou a traballar de forma independente. A colaboración con outros artistas como músicos, artistas de  Ikebana ou da madeira, foi importante na súa evolución. E un dos artistas contemporáneos máis versátiles e progresistas de Xapón, aínda que  Koie é mellor coñecido como ceramista, o seu amor pola experimentación levouno á creación de "Happenings cerámicos", con temas que son críticas sociais e  políticas dos horrores do século XX. Sen dúbida é un dos artistas cerámicos vivos máis influentes.
As actividades de  Koie no estranxeiro comezaron nun taller en España en 1986, Stiu  Japó en  Olot, Girona, que foi segundo algúns un antes e un despois na evolución da cerámica contemporánea no noso país. Logo continuou mostrando o seu traballo e realizando workshops por todo o mundo.

Os vídeos de Balene in Volo e Daniel Tummolillo [SERIGRAFÍA]

 
Hoxe 25 de xuño ás 21:00, da man de Balene in Volo e Daniel Tummolillo haberá un encontro con Davide Montorsi de Medulla que fai serigrafía con tintas naturais.
Daniel Tummolillo é profesor de serigrafía na Academia de Belas Artes de Brera (Milán) dende hai 10 anos,  é un apaixonado promotor da serigrafía utilizada con fins artísticos. Durante anos, Daniel estivo difundindo o traballo dos artistas que usan a serigrafía nos seus traballos poñendo en valor o potencial expresivo desta técnica. Organiza eventos internacionais dedicados á serigrafía artística e a promover e difundir técnicas e artistas.
O evento transmítese en liña no grupo de Facebook de Balene in volo https://www.facebook.com/groups/BaleneInVolo/, na canle de Youtube https://bit.ly/youtubebaleneinvolo e na páxina de Instagram https: // www. instagram.com/baleneinvolo/. https://baleneinvolo.it/speciale-serigrafia-artistica/. 
A participación é gratuíta.
Deixo aquí tamén vídeos das entrevistas  a Vincenzo Fortunato de Silkscreen Department, Luisella Cresto de Print Club Torino, Federico Arzenton de Small Caps, Lucia Elefante de Babel e Sabrina Gabrielli de Mynameisbri que espero que resulten do voso interese.

Proxecto Fernando [DEBUXO]

Fernando é un alumno do grupo Avanzado que estivo a realizar o seu proxecto nun contexto moi especial  coincidindo coa pandemia do covid. Fernando é sanitario e traballa nunha residencia de anciáns pública.
O seu proxecto titulouse, xa polo mes de xuño do ano pasado, "Olvido". Consistía na realización dunha chea de debuxos sinxelos e rápidos que retratasen a estes anciáns. Debuxos de libreta ou pequenos anacos de papel a liña executados en rotring, rotulador ou boli bic. Era importante que estes debuxos fosen case realizados ás agachadas, xa que lle coincidía coas horas de traballo polo que non se podía permitir un tempo longo de execución... poucos minutos, incluso segundos, non moito máis. Antes de que comezase a pandemia, os anciáns aparecían sentados, posando, incluso sorrintes. Eran anciáns cunha demencia leve. Fernando apuntaba os comentarios que os retratados lle facían cando vían o debuxo, empatizando a través dos trazos. Era un xeito de manter unha relación que lles produciría un sorriso, establecendo unha comunicación de certa intimidade.


Anciáns posando para Fernando 

O deseño dunha culler [OURIVARÍA]

A Culler,
ese obxecto cotián que ten máis importancia do que a simple vista parece,
símbolo da evolución da sociedade.
É aquel utensilio co que comemos,
pero tamén co que servimos a comida ou damos de comer.
Asociado a unha humilde sopa ou a unha exquisita sobremesa.



A proposta deste artigo é
que pensedes como sería a vosa propia culler, 
o deseño é libre e particular, 
debedes debuxala a tamaño real, para despois poder fabricala no obradoiro, 
 e ten que ser unha culler persoal que vos identifique.

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega unha culler é un
"utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, 
usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes".

Comeza a XLVI Feira do Libro de Vigo [BIBLIOTECA]


Hoxe comeza a XLVI Feira do Libro de Vigo que estará ubicada na Rúa Principe ata o 4 de xullo. Este evento acollerá máis de 55 firmas de autores desde este xoves, 25 de xuño, e ata o sábado 4 de xullo, nunha feira que contará coa presenza de 6 librerías e co pregón inaugural de María Xosé Queizán ás 13:00 horas.

O proceso sonoro na frauta de pico. Unha aproximación acústica [CAIM GAITA]


Hoxe traemos un traballo do profesor de frauta de pico do Conservatorio Superior de Sevilla, Vicente Parrilla, onde nos ilustra sobre o proceso de consecución do son na frauta de pico (lease Pito), cunha introducción á física do son deste instrumento, explicando a formación e diferenciación de ondas lonxitudinais e transversais, e diseccionando e explicando cada unha das partes do "voicing" (conxunto de parámetros que atopamos na boquilla da frauta).

martes, 23 de xuño de 2020

Auga de San Xoán [SERIGRAFÍA]


Co motivo da noite de San Xoán hoxe recordamos o traballo da alumna Iria Vázquez Costas. Trátase de Mitos galegos reimaxinados, unha caixa de postais deseñadas e serigrafadas á man por Iria. Deixamos aquí tamén o vídeo da preparación da auga de san Xoán feito por Galician garden. Mouchos, coruxas, sapos e bruxas...

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 40. HEIKE SILVIA MÜLLER-OTTO [ENCAIXE DE PALILLOS]

Falamos de ourivaría en encaixe de palillos e como poderedes observar a versatilidade do encaixe de palillos  (encaixe en xeral) é infinita, só tedes que imaxinalo e como vos vou contando existen moitos artistas que relacionan o seu traballo coa arte téxtil.
Heike Silvia Müller-Otto traballa con fíos metálicos a nosa técnica o encaixe de palillos, producindo verdadeiras xoias metálicas e con inspiración na natureza.


Broche de prata por Gosiko, encaixe de palillos.
  
Broche de ouro e pedras preciosas por Gosiko, técnica do encaixe de palillos.

Sobre Heike Sylvia Müller, unha artista encaixeira alemana.

Aprendeu a facer encaixe de pequena na escola cunha dama maior de Eibenstock. De regreso a Tippel-Tappel comezou coa andadura de volta ao entorno do encaixe de palillos... ata conseguir que o tecido fose perfecto.

Gosiko, a marca de xoiaría de Heike Sivya Müller-Otto, encaixe de palillos.

Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca: A Biblioteca Universitaria máis Antiga de España [BIBLIOTECA]



A Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca está situada no edificio das Escolas Maiores da cidade de Salamanca, e é a máis antiga biblioteca da universidade salmantina,​ sendo tamén a biblioteca universitaria máis antiga de España e de Europa.

luns, 22 de xuño de 2020

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 3) [TALLA E ESCULTURA]

Os comezos da xilografía en Europa



O centurión e dous soldados, cara a 1370,  matriz de nogueira tallada.
Descuberta en 1899 en Francia. Esta imaxe representa unha crucifixión

Se no anterior post falabamos das primeiras  xilografías e como comezaron a realizarse en Oriente, nesta entrada imos centrarnos en como esta arte chegou a Europa e comezou a afianzarse como unha importante ferramenta predecesora dos libros, e por tanto como foi fundamental na transmisión do coñecemento e precursora da imprenta.


AVISO IMPORTANTE: Curso 2020-21: Ábrese o prazo para confirmar a matrícula [ADMINISTRACIÓN]

Dende hoxe e ata o vindeiro 2 de xullo ábrese o prazo de confirmación de matrícula para o alumnado actualmente matriculado en tódalas especialidades e niveis da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
A convocatoria completa pódese consultar aquí (aconséllase a súa lectura atenta)

A ter en conta:

  • Repetición de curso: repiten o curso todo o alumnado de todos os niveis e especialidades, pero é necesaria...
  • Confirmación obrigatoria: para estar matriculado no curso 2020-21 é obrigatoria a confirmación expresa de matrícula dende este formulario. Esta confirmación conleva a matrícula automática no curso 2020-21 na mesma especialidade e nivel que se cursaba en 2019-20. A non realización deste trámite significará a baixa automática como alumno/a da Escola.
  • Confirmación online: Só se admite a confirmación online, non presencial nin por correo electrónico.
  • Prazo de confirmación: ata o 2 de xullo de 2020.
  • Excedencias: consulten o apartado 1.4.3. da Convocatoria xeral.
  • Prazas vacantes e alumnado de novo acceso: Despois da confirmación publicarase un listado de prazas vacantes e abrirase un período de preinscrición para alumnado de novo ingreso tando nos niveis básicos e de iniciación como, por convalidación, nos de perfeccionamento, medios e superiores.
  • Inicio de curso: diántase o inicio do curso ao 14 de setembro.
IMPORTANTE: Para acceder á confirmación o sistema pedirá introducir dous datos por seguridade:
  • DNI
  • Data de nacemento
Estes datos TEÑEN QUE COINCIDIR exactamente cos subministrados cando se fixo a matrícula e constan na nosa base de datos. En caso contrario NON permitirá o acceso. Se non lle permite o acceso, verifique, mediante correo electrónico a emao@vigo.org eses datos, para, se é o caso, modificalos nós na base de datos.



Gaitas do mundo: CIMPOI. Romanía. [CAIM GAITA]


Seguindo coa variedade de gaitas no mundo, hoxe traemos a Cimpoi, a versión romanesa e moldava deste instrumento.
A Cimpoi ten un só ronco, chamado bâzoi ou bîzoi (timbre) e o punteiro de calibre cilíndrico, chamado caraba (silbato), e produción de son con cana de lingüeta simple. Esta gaita ten un son máis apagado que as de calibre cónico no punteiro.

Zadok Ben-David [SERIGRAFÍA]


Instalación Blackfield (detalle).
Que pasaría se xuntamos o estarcido ou a utilización de padróns ou modelos como precursor da serigrafía e as imaxes de gravado botánico que estivemos a ver neste blog? E se ademais engadimos tridimensionalidade? Hoxe centrarémonos na obra de Zadok Ben-David e nas súas instalacións baseadas en ilustracións botánicas históricas.
As series Blackfield (2006-2019) e Blackflowers (2008-2012) están realizadas en metal, cortadas e pintadas á man. Nelas emprega imaxes históricas da ilustración botánica utilizando diferentes escalas para facer xogos de sombras propoñendo unha ligazón co pasado e poñendo en valor a importancia do traballo que supuxo e o espírito das exploracións científicas.


Blackfield 2018. Sobre 4.000 flores no Musée de la chasse et le nature, París.

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 39. VERONIQUE POROT [ENCAIXE DE PALILLOS]

Xa que comeza o bo tempo e no verán sempre temos moi presente o mar, a praia, e os estados mariños, preséntovos a Veronique Porot, unha artista téxtil e oceanógrafa que relaciona o seu traballo (fundamentalmente) co mundo mariño e sobre todo os animais que nel habitan, as medusas, os peixiños entre outros. É importante falar do seu traballo en 3D e das súas instalacións mariñas que te transportan á paz do tecido, a poesía que te leva a outros universos e formas de comprender o encaixe contemporáneo de palillos.


Veronique Porot. Paisaxe Mariño.

Alicia I [DEBUXO]

Cando redacto este blog penso no meu alumnado. Agardo que vos chegue, que o vexades, que o leades con interese e que vos motive para seguir debuxando e aprendendo. Procuro que os contidos sexan atractivos e formen parte do programa de aula, de xeito que nos traslademos dun modo virtual ao noso espazo físico. Pero este é un blog aberto a todo o público e resulta moi motivador saber que outras persoas que non son alumnado de debuxo interésanse polos contidos que achego. Iso pasou coa entrada dedicada á ilustradora Lola Anglada. Nos comentarios, Elvira, alumna de Cerámica e unha namorada do texto de Lewis Carroll, coméntame que cre que ten unha edición da Alica no país das maravillas ilustrada por Lola Anglada e editada por Juventud nos anos 50. Pero que non o ten claro porque nas gardas e nas gradiñas non aparece nomeada.... curioso.


venres, 19 de xuño de 2020

Reapertura parcial das instalacións da EMAO Vigo [ADMINISTRACIÓN]

Reapertura das instalacións da Escola Municipal de Artes e Oficios para permitir:
  • O acceso controlado do alumnado ás aulas e talleres,baixo a supervisión do profesorado de cada especialidade, para a retirada de material e para consultas puntuais sobre a materia na que están matriculados.
  • A información presencial na zona administrativa verbo do proceso de preinscrición e matrícula para o curso 2020-21
  • A realización de reunións presenciais nas súas instalacións, coas limitacións establecidas na actual normativa
Horario (previa cita): 10:00 a 14:00 de luns a venres días laborables

Normas para o acceso ás instalacións da EMAO

1. No acceso e uso da Biblioteca pública García Barbón EMAO rexerán as condicións establecidas na Orde SND/399/2020, do 9 de maio, e a Orde SND/414/2020, de 16 de maio, Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, así como aquelas modificacións puntuais derivadas das instrucións específicas sobre a pandemia.
2. Coa excepción anterior, só poderán ter acceso ás instalacións o persoal adscrito á Escola, o persoal da empresa encargada do Servizo de limpeza e o alumnado ou persoas interesadas que teñan solicitado previamente e concedida unha cita por medio do teléfono 986228088 ou no correo electrónico emao@vigo.org

 3. Medidas de protección para usuarios
  • Os usuarios que accedan á Escola deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios, así como cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, mantendo a correspondente distancia interpersoal.
  • Os usuarios deberán ir provistos de máscara de protección. Seguiranse as indicacións da Autoridade Sanitaria a este respecto.
  • Os usuarios disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada, así como nas aulas e talleres, cuxo uso será imprescindible para acceder e usar o servizo.

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 38. WAKO ONO [ENCAIXE DE PALILLOS]

Artista de encaixe xaponesa, Wako Ono.

O ano pasado foi a recepción de apertura da exposición "Lace Not Lace" en Clinton, New Jersey.

Unha das artistas expositoras foi Wako Ono. A súa arte é diferente doutrxs artistas, é xoguetón, irradia alegría e felicidade e está traendo algo que calma a alma ao mesmo tempo. Waco é unha artista xaponesa.

O encaixe de palillos non é unha técnica tradicional en Xapón.

Ledicia, pola artista encaixeira Wako Ono.



Proxecto Fran [DEBUXO]

Unha tarde cando chego á Escola atópome na porta cunha verdadeira xoia de dúas rodas perfectamente coidada, unha Triumph Bonneville do ano 68... preciosa. Cor mostaza con ribetes dourados no depósito, o guiador alto como se levaban nos 70, os cromados perfectos, brillantes... era unha desas motos que non só serve para desprazarse, estamos falando de escultura, de maxestosa obra de arte con motor. Marinetti non ía desencamiñado no que se refire a este apartado. Cando chego á aula descubro que a moto é de Fran, un alumno de debuxo. Eu sabía que Fran era moteiro, que posuía unha Triumph pero nunca pensei nunha clásica do 68.


Durero, Van Dyck e Goya (entre outros) no Museo do Gravado de Ribeira [SERIGRAFÍA]

O Museo do Gravado de Ribeira (do cal onte publicamos un post) vén de publicar unha serie de vídeos onde amosa a súa colección de obras de Van Dyck, Durero e Goya, así como unha visita virtual polo museo. A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes aos nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do gravado á estampa dixital.

Vídeo de Durero no Museo do Gravado de Ribeira:


Txalaparta, un instrumento euskaldún ancestral [CAIM GAITA]

Ugarte anaiak. Burgui. 2002
A txalaparta é un elemento propio da cultura vasca, unha tradición musical que ten perdurado no tempo e se mantén hoxe en día. Para aqueles que non a coñezades, a txalaparta é un instrumento musical vasco de percusión que precisa de dúas persoas para facelo soar. Cada un destes músicos (txalapartaris) golpea con dous paus verticalmente sobre un soporte composto por varias táboas de madeira,

Recomendacións para o Uso dos Servizos Bibliotecarios na Nova Normalidade [BIBLIOTECA]

Sala de Lectura da Biblioteca García Barbón-EMAO

A continuación tedes as recomendacións para o uso dos servizos bibliotecarios tras a superación da Fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade segundo a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

xoves, 18 de xuño de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 37. BENVIDOS A MÁQUINA (parte1) [ENCAIXE DE PALILLOS]




Muller de principios do século XX, con encaixe de Chantilly

É moi importante coñecer o encaixe de palillos manual, que é o que tratamos na nosa aula, pero a propia evolución do encaixe é un tema moi interesante que trataremos no blog, xa que unha das industrias téxtiles (non só encaixeira) atópase no noso país, e obviamente a industria encaixeira tanto manual como mecánica e hoxe en día dixital tamén a podemos atopar no noso país, do mesmo xeito que Francia e Inglaterra, tendo en conta que este último foi o país onde a revolución industrial tivo máis relevancia, e desa forma pódese apreciar nas imaxes que veremos, xa que, a maioría das películas documentais que temos están na súa maioría en inglés.


O Museo do Gravado de Ribeira [SERIGRAFÍA]

A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado que se atopa na localidade de Artes, municipio galego de Ribeira, na provincia da Coruña.
A estruturación do Museo céntrase en dous aspectos principais: gabinete de estampas (debidamente ordenadas por escolas ademais dos seus estudos particulares) e tres salas de exposicións abertas ao público, dispoñendo tamén de espazo para biblioteca e sala de conferencias.
A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes aos nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do gravado á estampa dixital.

  O Gabinete de Estampas custodia a Colección Gráfica da Fundación oportunamente dividida por séculos e Escolas de Gravado. Tamén dispón dun estudo individualizado de cada estampa para a consulta do interesado.

mércores, 17 de xuño de 2020

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 2) [TALLA E ESCULTURA]

As orixes do gravado en madeira
 A xilografía


el Dharani Sutra,  rollo xilográfico, sin fecha expresa, impreso hacia el año 751, apareció en el templo coreano de Bulkuksa (1966)


O gravado en relevo é a técnica máis antiga da que se ten constancia na reprodución de imaxes. As civilizacións antigas comezaron a tallar bloques, cilindros e selos de madeira e pedra para estampar teas ou arxila co fin de marcar propiedades, decorar teas ou como distintivos sociais. A partir de aquí comeza un apaixonante percorrido na técnica do tallado  xilográfico como forma de transmisión de coñecemento que perdurou  e evolucionou ao longo da historia ata os nosos días, e da que agora faremos unha pequena aproximación.

"El bosque protector" (programa da 2) [CAIM ZANFONA]

Recoméndovos este documental (o programa tamén) sobre o cultivo do chopo para a obtención de chapas e posterior fabricación de tableiros. Moi interesante.

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-bosque-protector/bosque-protector-choperas/3758884/

Claire Partington [CERÁMICA]



A ceramista londiniense Claire Partington crea deliciosas figuras de cerámica que sintetizan personaxes históricos, mitos, contos de fadas e folclore. As súas figuras existen nun mundo que combina xéneros e períodos de tempo para presentar obras historicamente informadas, contemporáneas e con conciencia social.
Partington recrea figuras en louza, vestidas ao estilo María Antonieta do século  XVIII, combinado con zapatillas Adidas, cadeas douradas e logotipos de Chanel coidadosamente colocados. Partington xoga coa nosa atención e como identificamos as nosas tribos. O seu traballo busca explorar as sutís mutacións da narrativa  intemporal dos que teñen e os que non teñen.

Como explica, os temas explorados no seu traballo proveñen en gran medida da tradición europea de "apropiación e reinterpretación (ou mala interpretación) de estilos" exóticos "que se poden ver nas Coleccións Nacionais de todo o mundo".  Partington goza dos préstamos de moitos estilos, temas, disciplinas, períodos de tempo e países, difuminando as liñas de estilos e significado. As esculturas resultantes presentan unha historia  intrigante e fantástica de narracións visuais tradicionais e contemporáneas.

Meghan O'Rourke - O anodizado [OURIVARÍA]

 Neste artigo imos analizar a obra de Megan O'Rourke.
Esta artista australiana caracterízase polas súas pezas coloridas
realizadas con titanio ou aluminio empregando as técnicas de anodizado.

Unfold Braclets, pulseiras de titanio, prata e ouro de 18k

A formación de Meghan O'Rourke é artistisca e especializada en xoiaría, 
a súa inspiración é a natureza, en concreto en formas vexetais ou mariñas, aínda que nas últimas creacións tende cara a formas xeométricas. 

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 36. HOMES QUE FAN ENCAIXE (MEN MAKING LACE)[ENCAIXE DE PALILLOS]


Entrevista con Matej Pisca (por Daniela Banatova)

Non é só o nome do noso artigo. É o nome do grupo emerxente en Facebook. Cando alguén di encaixe, xeralmente imaxínase a unha dama con bobinas, cunha agulla. Pero non moita xente se imaxina a un home facendo encaixe. E hai moitos homes cuxo interese é facer encaixes.

Logotipo do grupo de facebook, Men Making Lace, homes facendo encaixe


Logotipo do grupo de facebook, Men Making Lace, homes facendo encaixe


Encaixeiro de Runcorn, 1890, Inglaterra


A Tripitaka Coreana no Templo Haeinsa: Memoria do Mundo [BIBLIOTECA]



O templo Haeinsa é un dos templos máis importantes de Corea do Sur. Está situado nas ladeiras inferiores da Montaña Gayasan, rodeado de bosques e arroios. A historia do lugar comeza alá polo ano 802 cando dous monxes budistas, Suneung e Ijeong, fundaron Haeinsa, “Templo dun vasto mar de meditación”. A vida do templo sufriu diversos avatares e foi reconstruído en varias ocasións. A maior destas reconstrucións tivo lugar no ano 1818 tras un gran incendio que destruíu todo o complexo excepto a sala que garda un dos maiores tesouros de Corea do Sur: a Tripitaka (Conxunto dos libros canónicos do budismo). Tesouro Nacional de Corea do Sur nº 32, declarado Memoria do Mundo pola UNESCO e Patrimonio da Humanidade xunto co edificio que alberga as táboas, que é tamén á súa vez Tesouro Nacional de Corea do Sur nº 52.

Construir unha útil ferramenta para cortar tudeis de palletas. [CAIM GAITA]

Déixovos aquí un vídeo titorial para construír una pequena ferramenta que nos pode facilitar a tarefa de cortar os tudeis para as palletas.
Trátase dunha pequena serra de disco caseira que, con só cambiar o disco, corta madeira ou metal, hai que ter en conta que é unha ferramenta caseira e para traballos pequenos, pero que nos pode facilitar algúns traballos que feitos á mán levan máis tempo e esforzo.

martes, 16 de xuño de 2020

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 1) [TALLA E ESCULTURA]

Unha relación moi produtiva

A talla e o gravado en relevo

Xilografía realizada por un alumno no taller de talla e escultura da EMAO


Como  alumn@s e exalumn@s da aula de talla e escultura xa coñecen por experimentalo, a nosa aula mantén unha estreita relación coa arte gráfica, máis concretamente co gravado en relevo e en particular cunha das súas formas de expresión máis antigas, a  xilografía.
O que nun principio podería parecer estraño deixa de selo no momento en que profundamos no porqué de que esta maridaxe suceda  e como esa relación  vincula técnicas e materiais como agora vou comentar.

Algunhas estampas botánicas do século XIX [SERIGRAFÍA]

Fragmento de “Kunstformen der Natur” (1904), placa 49 (Foto: Wikimedia Commons [Dominio público])

"Durante o século XIX a industria editorial interésase especialmente polo libro de natureza ilustrado. Crece a moda dos libros de ornitoloxía, en parte grazas aos novos coñecementos traídos das exploracións e do espectacular progreso da estampaxe á cor. Jean Baptiste Audebert (1759-1800) e Louis Pierre Vieillot (1748-1831) utilizan unha nova técnica para estampar calcografías á cor mediante a utilización dunha única placa recuberta con pintura ao óleo na que inclúen dourados e outras cores metálicas. O resultado, publicado nada máis comezar o século XIX, é espectacular. Durante a primeira metade do século destacan

Primeiros resultados do exercicio de deseño. [CAIM GAITA]

Lembrádesvos daquela proposta que fixen de deseñar a estética da vosa gaita? Pois aquí temos o primeiro valente, Daniel, de básico, que se animou co reto. De momento é só unha peza, a primeira de ronco, logo virá o resto.

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 35. O ENCAIXE MECÁNICO DE PREGUERRA, GUERRA E POSTGUERRA [ENCAIXE DE PALILLOS]

Sempre falamos na nosa aula da importancia creativa do encaixe de palillos (feito á man), xa que é moi difícil competir coa máquina, pero houbo momentos na historia en que esas máquinas axudaron ao humano.


Momentos nos que se tiña a máquina pero o humano non tiña para comer. Falamos dos encaixes mecánicos que se realizaron en Europa entre guerras. Os encaixes mecánicos do mesmo xeito que os manuais teñen calidades e non todas as máquinas polo feito de ser máquinsa o fan ben, e neste bo facer especializáronse os técnicos ingleses e franceses, xa que tanto en Inglaterra como en Francia existen os encaixes manuais máis finos, como pode ser o encaixe de Valenciennes (Francia) ou Honinton (Inglaterra).

Rosie McGuinness [DEBUXO]

Nas últimas entradas colámonos con Duli nos ropeiros dos moteiros dos 50 e 60, do Hyppismo e do Punk. Logo paseamos  polas noites das discotecas neoirquinas e parisinas dos 70 coa compaña de Antonio López . Descubrimos como a moda, a ilustración e a cultura pop están moi vinculadas e se retroalimentan, todo acollido baixo un paraugas chamado Arte, ARTE con maiúsculas. Hoxe  imos achegarnos a Londres para coñecer a Rosie McGuinness, seguindo no mundo da moda e da ilustración... unha ilustración realizada á man na que a súa potencia reside no debuxo a liña ou trazo e na composición.


Ilustración de McGuiness

luns, 15 de xuño de 2020

Reabre a Exposición "50 anos na arte de Diego de Giráldez" no Espazo EMAO [ADMINISTRACIÓN]

Reabrimos a Exposición "50 anos na arte de Diego de Giráldez". Ata o 30 de setembro (agosto pechado) con horario ampliado de 18:30 a 21:30 h


Comenzamos a recibir as vosas propostas sobre o proxecto Relatos Encaixados [TALLA E ESCULTURA]

Proxecto Relatos Encaixados

Primeiras propostas



Caixa de Ignacio Mena

XV Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez 2020 [SERIGRAFÍA]

Appearance, de Wieslaw Haladaj. Premo 2018
BASES:

O outro Antonio López [DEBUXO]

Vai para tres anos que nos programas de Monográficos ofertados pola EMAO, o obradoiro de Moda e o de Debuxo desenvolvimos un monográfico dedicado ao debuxo e á moda. Tratamos o tema do figurín, da proporción e da estrutura. Posteriormente, ese mesmo ano, rematamos con outro monográfico no que traballamos a cor e as texturas das teas e os acabados das pregaduras.

Daquela houho que preparar unha boa contextualización histórica destacando aqueles ilustradores de moda máis notables, e que son moitos, como Barbier, René Gruau, Bernard Blosac e un grande da escena neoyorquina dos anos 70, Antonio López. Este autor foi un descubrimento para min. Gústame o lugar e o momento, ese lugar multicultural onde  estaba o centro do mundo artístico. Aquilo non era USA, era como dicía Tomi Ungerer, unha cidade de exiliados culturais.


Estudio de Antonio López en Carnegie hall 

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 34. DANIELA BANATOVA [ENCAIXE DE PALILLOS]

Daniela Banatova, a artista da forma abstracta e da cor.

"Abstracción", Daniela Banatova, técnica do encaixe de palillos

Durante os seus estudos na escola de arte téxtil foise introducindo na técnica de encaixe de palillos, que lle pareceu fascinante, namorouse rapidamente da técnica de encaixe de palillos e seguiu desde entón desde esta forma de arte.

Como construír un torno caseiro [CAIM GAITA]

Hoxe tráillvos tres vídeos que penso poden ser interesantes, xa que mostran paso a paso a construción dun torno caseiro para madeira, pero cun resultado impresionante. Como algún de vós adicou a súa vida profesional ó metal, e sei que sodes moi manitas, o mesmo algún se anima e nos sorprende, e ó mesmo tempo conseguides unha das máquinas necesarias e máis custosas, por un prezo moito máis pequeno e un pouco de esforzo. Quen se anima?

Restauración do Patrimonio Bibliográfico e Non Bibliográfico da Biblioteca García Barbón-EMAO [BIBLIOTECA]

 


Unha das nosas principais preocupacións é a de velar pola conservación do noso patrimonio bibliográfico. A biblioteca ocupa un edificio construído hai 119 anos que a pesar das sucesivas reformas, adoece de instalacións adecuadas para o control da humidade e a temperatura nos depósitos. Os tratamentos realizados no seu momento polos operarios do Servizo de Control de Pragas do Concello tiveron como obxectivo combater a degradación diaria que sufrían moitos libros nos estantes e frear o ataque de bibliófagos, insectos e pequenos roedores. 
É destacable o gran esforzo que se está realizando desde o ano 2015 na restauración de libros e debuxos do fondo histórico.

domingo, 14 de xuño de 2020

45. Frederic Amat. Derivar.Cap.1. Hablar en tiempos de cólera [PINTURA]

Frederic Amat i Noguera (Barcelona 1952):
Pintor multidisciplinar, de larga proyección internacional.
Su concepción abierta de arte, le ha llevado a integrar en su trabajo creativo múltiples lenguajes artísticos: escenografías, dirección de danza, de teatro, cine, intervenciones en espacios arquitectónicos, escultura y cerámica.
Para Amat, la creación es una actitud de vida…es interpelar el enigma.


venres, 12 de xuño de 2020

Novos Títulos para a Sección de Novela Gráfica e Álbums Ilustrados. 4 [BIBLIOTECA]



Esta é polo momento a última entrega dos títulos adquiridos recentemente para a nosa sección de novela gráfica, cómics e álbums ilustrados. Espero que vos gusten.

5 Ideas para aprender [COIRO]

Para esta fin de semana que se presenta chuviosa imos facer cinco propostas para que vexades en Youtube. Son cinco pequenos vídeos que vos servirán para sacarlle máis proveito ó Coiro.
O primeiro deles é un video do noso amigo norteamericano Jim Linnell que nos amosa como podemos facer planos, modelos ou padróns cos que reproducir varias veces o mesmo debuxo dun xeito moi sinxelo. Para os máis curiosos, a ver ¿quen ve no vídeo un souvenir que lle regalamos a Jim cando nos visitou na EMAO?



xoves, 11 de xuño de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap.33. NICOLE VALSESIA-LAIR [ENCAIXE DE PALILLOS]

A artista francesa Nicole Valesia-Lair atopou o encaixe como medio preferido no estudo da recoñecida artista de encaixe Françoise Micoud en 1999.

Vasesia-Lair xa era unha artista téxtil, estudando na escola de artes aplicadas de Duperré, seguida da École Boulle en París. En 1978 estudou o tapicería na fabricación nacional des Gobelins en París. Expuxo amplamente en Francia, Italia e Europa do leste, gañando un primeiro premio no Concurso Internacional de Encaixee de Palillos en Idrija, Eslovenia en 2007.

"A flor de pel", encaixe de palillos, Nicole Valsesia-Lair

Proxecto Duli [DEBUXO]

Cando escoitei a palabra cabezabuque non sabía o seu significado nin a que se refería. A alumna Duli Meiga foi a primeira que me falou deste termo, xa que o seu proxecto de Debuxo consiste na realización de cabezabuques co fin de personalizar roupa e complementos.