luns, 1 de xuño de 2020

Pequenos Tesouros da Biblioteca García Barbón da Escola Municipal de Artes e Oficios. 8 [BIBLIOTECA]



Continuamos coa relación dalgunhas das publicacións períodicas máis interesantes que conservamos no noso fondo histórico.

Vida gallega.-- Vigo : [Vida gallega], 1904


A nosa biblioteca conserva 4 números desta revista: n. 1 (7 febreiro 1904) ao n. 4 (28 febreiro 1904). Podemos considerar esta publicación como un primeiro ensaio de revísta Vida galega que comezaría a publicarse en 1909 e que describimos a continuación...



A partir do ano V, número 40 (maio 1913), sen subtítulo. — Alterna periodicidade mensual e quincenal entre 1909 e 1925. — A partir do ano I, número 5 (mayo 1909) o impresor é: J. Horta. — A partir do ano II, número 13 (xaneiro 1910) o impresor é: Imprenta de Vida Gallega, e o lugar de impresión: Vigo. — Jaime Solá, fundador. — Alterna periodicidade mensual e quincenal entre agosto de 1936 e marzo de 1938



Revista gráfica mensual fundada por Jaime Solá Mestre na cidade de Vigo. Incluíu entre os seus variados contidos caricaturas e viñetas de humor gráfico de autores como Castelao ou Ventura Requejo. O seu éxito baseouse na combinación de tres tipos de contidos: creación literaria, crónica de sociedade e un gran despregamento gráfico. 
En total publicaría 779 números (primeiro quincenais e máis tarde mensuais). A finais dos anos 20, as tiradas alcanzaban xa os 70.000 exemplares, unha cifra elevadísima, destinada boa parte dela a abastecer de noticias á emigración de América. Deixou de publicarse entre 1938. Coñeceu unha segunda etapa entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquire a revista. 
A finais de 1956 a súa sede trasládase a Lugo. Esta segunda etapa acolle a toda a intelectualidade da época, e tamén ao que se coñece como o “exilio interior”. Entre os que podemos citar a Paco del Riego, Otero Pedrayo, Manuel María, Cunqueiro, Carballo Calero, Antón Fraguas, Paz Andrade, Urbano Lugrís, Luz Pozo o Leandro Carré.  Con textos en galego e castelán, e un deseño que segue parecendo moderno e atractivo aos ollos de hoxe.
En maio de 1962 pasa a ser editada pola empresa Faro de Vigo, xa só se publicarán seis números. Neste breve período, o seu director e redactor da maior parte das páxinas é Álvaro Cunqueiro


Alegría : revista quincenal, humorística e ilustrada: defensora imparcial de los intereses de la localidad.-- Vigo : [Alegría], 1909























Publicáronse 35 números do 17 de outubro de 1909 ao 28 de agosto de 1910. Conservamos 32. (Faltan os números 19, 20 e 32). Nesta revista colaborou Maximiliano Vidales Espinosa (1881-1963), mestre de debuxo de figura e adorno moitos anos na nosa Escola, que baixo o pseudónimo Látigo é o autor de numerosas caricaturas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!