mércores, 17 de xuño de 2020

Construir unha útil ferramenta para cortar tudeis de palletas. [CAIM GAITA]

Déixovos aquí un vídeo titorial para construír una pequena ferramenta que nos pode facilitar a tarefa de cortar os tudeis para as palletas.
Trátase dunha pequena serra de disco caseira que, con só cambiar o disco, corta madeira ou metal, hai que ter en conta que é unha ferramenta caseira e para traballos pequenos, pero que nos pode facilitar algúns traballos que feitos á mán levan máis tempo e esforzo.

Como veredes, os materiais son moi económicos e sinxelos de conseguir, o tempo de construción non é demasiado, e calqueira pode facelo e non nos ocupará moito espazo na casa.
Espero que lle poidades sacar proveito.

Nota: recoméndovos ver o vídeo co son apagado, nunca entenderei porque lles poñen a estes vídeos esas músicas tan irritantes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!