Neste artigo imos analizar a obra de Megan O'Rourke.
Esta artista australiana caracterízase polas súas pezas coloridas
realizadas con titanio ou aluminio empregando as técnicas de anodizado.
Unfold Braclets, pulseiras de titanio, prata e ouro de 18k |
A formación de Meghan O'Rourke é artistisca e especializada en xoiaría,
a súa inspiración é a natureza, en concreto en formas vexetais ou mariñas, aínda que nas últimas creacións tende cara a formas xeométricas.
Na súa obra incorpora estes metais non preciosos xa cortados e anodizados que ensambla coa prata.
Nas pulseiras de arriba podemos ver como as pezas de titanio foron pregadas e anodizadas con distintos matices, estas son ensambladas con remaches de fío de ouro a unha pulseira lisa de prata.
Por unha parte prepáranse as pezas e formas anodizadas e por outra as estruturas, peches, etc., de prata e por último lévase a cabo o ensamblado que normalmente é por remache.
Coral Cluster broche - aluminio anodizado e aceiro |
Na colección "Coral Cluster", que é unha das máis representativas, observamos que as pezas están feitas cunha sucesión de formas de aluminio anodizado
que posteriormente son remachadas con prata ou aceiro,
incorporando o peche na traseira.
Meghan traballa facendo uso de procesos industriais, corte con láser, microperforacións, técnica de anodizado industrial, pero tamén incorpora procesos manuais como é o caso do engaste ou tamén a aplicación de texturas mediante percusión.
No seguinte broche realizado en prata oxidada, titanio e niobio, podemos observar como as texturas que aplica nas escamas enriquecen o deseño e a pezas, e como a cor é o eixe central de todas as súas obras.
Nos seguintes broches "Pod Brooch" apreciamos o uso da técnica de calado
e como xera o volume levantando as partes semicortadas,
recurso moi sinxelo e bonito.
Outros exemplos do seu traballo son:
Broche |
Na imaxe seguinte temos uns broches que son pezas caladas con motivos inspirados na India, pois estivo nunha estadía en Delhi, dúas das pezas son de aceiro oxidado e a branca é de prata. O deseño destes broches céntrase nos motivos e nos calados.
Broches |
Outro recurso que emprega moito é as texturas por percusión con punzóns, como na seguinte colección.
Pendentes |
Broche |
Colares |
Nos aneis a seguir vemos que algúns están golpeados dende o interior ou perforados desde o exterior, producindo dous tipos de acabado.
Aneis |
Outras veces recorre á acumulación de elementos para cubrir as superficies e combinar pequenas pezas de distintas cores e acabados.
Broches |
Colgantes
Colares e pendentes
As pezas de Meghan O'Rourke
son limpas e coloridas, non emprega técnicas complexas, só o estudo dos materiais que emprega para sacar o máximo proveito das súas propiedades,
combinando os recursos tradicionais cos máis industriais.
Obxectos |
Pulseira |
Se queredes buscar máis información sobre esta orixinal artista esta é a súa web
Sobre o que respecta ao anodizado a seguir tedes dous vídeos sobre anodizado de titanio e dous sobre anodizado de aluminio, pois son lixeiramente diferentes.
O anodizado é un proceso onde se xera unha capa superficial de óxido nalgúns metais como
o titanio, niobio, tantalio, aluminio, magnesio, etc; esta capa pode ser producida por calor,
con produtos químicos ou con electricidade.
No caso do anodizado do titanio a mellor opción é o uso da electricidade,
como veredes nestes vídeos.
E o anodizado do aluminio lévase a cabo normalmente con electricidade
pero aplicando tintes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!