1 .CABEZABUQUES: MARIQUITAS: PAPER DOLLS
Trátase de personaxes recortables de papel que teñen a característica dunha cabeza moi grande e que foron un entretemento na infancia desde o século XVIII. En España popularizáronse na década dos 60 e 70 do século XX e son coñecidas co nome de "Mariquitas" ou "Mariquitiñas". Os ilustradores destas Mariquitas foron os grandes esquecidos xa que as publicacións no viñan firmadas.
Máis sobre a historia das Mariquitas
TOM TIERNEY
Outra autora neste eido é Judy M Johnson, que desde 1984 ilustra libros de recortables para diversas revistas e editoras en EEUU, como B Shackman. Ela define as monecas de papel como "figura bidimensional debuxada ou impresa en papel para a cal tamén se confecciona roupa e complementos que a acompañan"
JUDY M JOHNSON
2. A PRENDA DE ROUPA PERSONALIZADA
Por outra banda, e como segunda motivación da nosa protagonista de hoxe, temos que falar de moda e de como a arte das imaxes chega ao mundo do vestido. A súa orixe atópase na contracultura urbana no século XX. A motivación por pertencer a un grupo diferenciado, "tribo urbana", como fixeran os distintos grupos de moteiros que apareceron trala Segunda Guerra Mundial en USA, obrigábaos a destacar facendo o seu propio uniforme e logotipos diferenciadores. A historia das bandas de moteiros comezou na cidade de Hollister (California) no ano 1947 e queda relatado na película Salvaxe, "The Wild One", adaptación da novela de 1951 The Cyclists´Ride.
Fotografía de Dan Winters para a revista Squire |
Janis Joplin co seu famoso Porsche personalizado |
Os punks son outro exemplo de grupo urbano diferenciado pola roupa que visten e a música que escoitan. No Londres dos anos 70 Malcon McLaren e a súa compañeira Vivienne Westwood serán os responsables desta estética nada na tenda que chamaron "SEX" e onde exhibían e vendían os deseños de extravagante evocación transgresora.
Malcon e Vivienne coa súa creación |
Clásica chupa punk |
Posteriormente haberá múltiples variacións e grupos diferenciados como o Pop-punk, o Hardcore e moitros outros... proliferando as chapas, os parches, os engadidos doutras teas, toda unha diversidade e liberdade acotada por un amor incondicional á música que escoitan e da que os mozos se senten protagonistas... é o seu momento. Cada peza de roupa é unha obra de arte, xa que é unica e está contando unha historia persoal, está falando do seu dono, das pasións deste, do seu lugar na sociedade. É un xeito de revelarse a través da imaxe e da estética.
Nos anos 70 e 80 os Mods tiveron o seu momento. Sting na película Quadrophenia |
Todos estes ingredientes a nosa protagonista Duli Meiga méteos na cocteleira, enche todo de contido pop e remove ben. O resultado é un proxecto de debuxo diferente, no que o soporte da imaxe é a roupa e a imaxe está realizada con tea e fío en collages traídos dos recortables estilo "mariquita". Previamente hai un traballo de deseño, de debuxo, de pensar nas partes que levará o personaxe deseñado para que encaixen perfectamente. Son deseños sinxelos pero ben collidos e ben identificables, nos que Duli pon de manifesto os seus gustos e preferencias, falando en primeira persona a través da prenda ou o complemento. Duli non pertence a ningunha tribo urbana, aínda que toca o contrabaixo e ás veces semella un pouco rócker... pode que como Malcon e Vivienne estea desenvolvendo un novo movemento... sería interesante que empezases a buscar unha banda sonora para estes deseños. Agardo que me personalices o abrigo do que falamos... eu poño a música.
ALGUNHAS IMAXES
Libreta de ideas cos deseños |
Un bolso para Janis |
Un bolso para Mary Poppins |
Ideas para abrigo |
Idea para camisa |
Un bolso para Spock |
jo me gusta¡¡
ResponderEliminarFelicidades Duli precioso todos tus trabajos .
ResponderEliminarMe ha encantado, muy interesante
ResponderEliminarPrecioso Duli. Noraboa.
ResponderEliminar
ResponderEliminarQué proyecto más creativo,... me encanta!!
Mis felicitaciones, Duli.
Grande Duli! Que cousas bonitas fas ;)
ResponderEliminarNoraboa Duli polas túas preciosas bonecas. ⚘
ResponderEliminar