xoves, 18 de xuño de 2020

O Museo do Gravado de Ribeira [SERIGRAFÍA]

A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado que se atopa na localidade de Artes, municipio galego de Ribeira, na provincia da Coruña.
A estruturación do Museo céntrase en dous aspectos principais: gabinete de estampas (debidamente ordenadas por escolas ademais dos seus estudos particulares) e tres salas de exposicións abertas ao público, dispoñendo tamén de espazo para biblioteca e sala de conferencias.
A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes aos nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do gravado á estampa dixital.

  O Gabinete de Estampas custodia a Colección Gráfica da Fundación oportunamente dividida por séculos e Escolas de Gravado. Tamén dispón dun estudo individualizado de cada estampa para a consulta do interesado.



A Biblioteca da Fundación quere establecerse xunto ao Gabinete de Estampas para que sirva de soporte no estudo e catalogación do seu repertorio gráfico. Inaugurada no ano 2003, está situada na planta baixa da Fundación. Accédese pola porta principal do edificio. Os seus servizos están dirixidos á comunidade educativa, profesores e estudantes, educadores, artistas, investigadores, persoal do museo e calquera usuario interesado na consulta dos seus fondos. O fondo documental da biblioteca está destinado á consulta dentro do recinto da sala, non existe o préstamo a domicilio. Os fondos son de libre acceso, excepto unha parte deles por razóns de seguridade e conservación.



Catalogación realizada por Jesús María González de Zárate (Universidade do País Vasco).
 

Se premedes no seguinte enlace podedes consultas as coleccións por autores dende o gravado antigo ata o contemporáneo: Consulta por autores.

Neste outro enlace podedes consultar as publicacións.

Exposicións actuais
Sala 0: X PREMIO ATLANTE DE GRAVADO
Sala 1: X PREMIO ATLANTE DE GRAVADO (2009-2019)
Sala 2: A XERACIÓN DO 27: ALBERTI E LORCA NO MUSEO DO GRAVADO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!