mércores, 3 de xuño de 2020

Proposta de traballo sobre a obra de J. Cornell. Relatos Encaixados [TALLA E ESCULTURA]

Relatos Encaixados

 

Peza de Henar
Caixas realizadas por Coral e Vicente



Dentro do contexto de traballo que vimos desenvolvendo, hoxe fágovos unha nova proposta, en relación ás anteriores entradas ao blog que agora vos achego.



Que imos facer?

Despois de ver os posts desta pasada semana imaxino que xa saberedes por onde vai a nova proposta de traballo. Falando de Cornell e caixas, o noso novo traballo non pode ser outro que realizar unha caixa. Pero non unha caixa calquera, a nosa caixa.


Peza realizada por Vicente
 
Como o imos facer?

Non se trata de ter un contedor e enchelo de obxectos, non, trátase de construír un relato, unha narrativa, aí reside a dificultade. A nosa caixa ten que contar unha historia, e esa historia multiplicarase a través das múltiples miradas que a observen. Para isto imos utilizar un texto evocador e disparador de imaxes mentais, que nos axude a visualizar e ilustar nosa caixa. Dentro, os obxectos que elixamos cobrarán unha nova vida, algo que xa experimentamos no proxecto do obxecto atopado, pero esta vez traballaremos de maneira diferente.
A caixa debe ser un pequeno escenario onde texto, recortes, fotografías, elementos naturais (cunchas, madeiras, ramas...), pequenas esculturas realizadas por nós e obxectos, dialogen entre eles nun contedor-espazo de maneira que ilustren o texto que elixísemos. A caixa pode ser manipulada, pintada, cortada... todo o que sexa necesario no contexto de traballo. Debe ser un traballo coidado e limpo, onde todos os elementos estean porque deben estar, porque ese é o seu lugar.


Así que empezaremos por elixir o texto sobre o que imos traballar: este pode ser un poema, unha frase, un pequeno fragmento dun libro, un Haiku, algo co que nos identifiquemos, que nos axude a expresarnos, como sentimos ou queremos compartir. O texto non ten por que incluírse na caixa. Unha vez elixido pensaremos en que imaxes mentais nos provocan e dedicarémoslle un tempo á reflexión. A partir de aí buscaremos os elementos cos que construiremos o noso relato visual. 


Peza de Miguel Núñez
Pezas de Manuel e Mónica

*Todas as caixas que vos mostro foron realizadas por alumnos da aula de escultura e talla na madeira

Obxectivos do proxecto

Traballar desde a perspectiva do relato como evocador de imaxes
Entender a obra artística dentro do seu contexto
Explorar a creación artística como narrativa
Obter ferramentas que fomenten a nosa creatividade

Enviádeme as imaxes das vosas propostas xunto ao texto evocador e o título da obra.
Espero que vos apeteza e motive o reto!!!

A miña proposta sobre un poema de Benedetti. Anhelo (Ensamblaxe, fotografía sobre Dibón e aceiro)

Anhelo, @rosgarciam
 
Ésta es mi casa

No cabe duda. Ésta es mi casa
aquí sucedo, aquí
me engaño inmensamente.
Ésta es mi casa detenida en el tiempo... (M. Benedetti)


2 comentarios:

  1. Me parece tan complejo como fascinante. El diálogo con uno mismo, honesto y brutal pero a la vez sencillo.
    Gracias por todas las herramientas que nos has facilitado durante este curso tan "dispar" en tiempos de confinamiento en esta nueva normalidad tenemos mucho sí queremos o sabemos manifesar, por que la vida está siendo intensa o quizás siempre lo fué y ahora hay otras perspectivas.

    Un abrazo grande

    ResponderEliminar
  2. Quizás ahí este el éxito, seguro la dificultad, en expresar mucho e intenso a través de la sencillez. Gracias a ti por tu colaboración.
    aperta!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!