luns, 22 de xuño de 2020

Gaitas do mundo: CIMPOI. Romanía. [CAIM GAITA]


Seguindo coa variedade de gaitas no mundo, hoxe traemos a Cimpoi, a versión romanesa e moldava deste instrumento.
A Cimpoi ten un só ronco, chamado bâzoi ou bîzoi (timbre) e o punteiro de calibre cilíndrico, chamado caraba (silbato), e produción de son con cana de lingüeta simple. Esta gaita ten un son máis apagado que as de calibre cónico no punteiro.

Cimpoi, da colección do Museo da Gaita de Xixón
O punteiro acostuma a ter de cinco a oito furados para os dedos, e ás veces cúrvase no extremo. Hai dous tipos de Cimpoi, un cun só ronco e outro con dous. O fol (burduf) está feito dun cordeiro enteiro ou unha pel de cabra. Ás veces cóbrese cunha tea bordada. Esta gaita pódese atopar na maior parte de Romanía, ademais na parte central, norte e leste de Transilvania, pero na actualidade (principios do século XXI), só se emprega por unhas poucas personas de idade avanzada. Está en vías de extinción, e hai só dous artesáns que seguen a construíla do xeito tradicional.
O seu repertorio é principalmente de música de baile, tócase xeralmente acompañado dunha orquestra popular ou en solitario para proporcionar acompañamento músical para o conxunto da danza tradicional. O repertorio tradicional de cancións é moi limitado, e consiste nunhas dez ou doce melodías, cada unha asociada cun ritmo e baile diferente.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!