Unha das nosas principais preocupacións é a de velar pola conservación do noso patrimonio bibliográfico. A biblioteca ocupa un edificio construído hai 119 anos que a pesar das sucesivas reformas, adoece de instalacións adecuadas para o control da humidade e a temperatura nos depósitos. Os tratamentos realizados no seu momento polos operarios do Servizo de Control de Pragas do Concello tiveron como obxectivo combater a degradación diaria que sufrían moitos libros nos estantes e frear o ataque de bibliófagos, insectos e pequenos roedores.
É destacable o gran esforzo que se está realizando desde o ano 2015 na restauración de libros e debuxos do fondo histórico.
Os volumes restaurados ata o de agora presentaban en maior ou menor medida os seguintes danos: as encadernacións en pel tiñan sucidade superficial, arañazos, rachos, secura, perda de pel nalgunhas zonas, pequenos orificios froito dos insectos bibliófagos, etc. Respecto ao papel atópase con frecuencia moita sucidade superficial, manchas de humidade, manchas de graxa, restos de insectos, restos de terra, foxing, etc. Algunhas roturas e rachos, dobraduras e engurras, perda de papel e en moitos casos danos provocados polo ataque dos insectos bibliófagos. Os tratamentos realizados incluíron limpeza mecánica ou en seco, reparación e reintegración do soporte no referente ao corpo do libro, eliminación e redución de manchas, alisado de pregues, etc. Nas encadernacións, tratamento da pel e limpeza e hidratación, consolidación, enxertos, etc.
O criterio de restauración que se seguiu é o de conservar a estrutura orixinal da obra. Os tratamentos e intervencións realizados son totalmente reversibles. Esta tarefa foi realizada pola restauradora Carmen Poyán Rasilla.
Os volumes restaurados ata o de agora presentaban en maior ou menor medida os seguintes danos: as encadernacións en pel tiñan sucidade superficial, arañazos, rachos, secura, perda de pel nalgunhas zonas, pequenos orificios froito dos insectos bibliófagos, etc. Respecto ao papel atópase con frecuencia moita sucidade superficial, manchas de humidade, manchas de graxa, restos de insectos, restos de terra, foxing, etc. Algunhas roturas e rachos, dobraduras e engurras, perda de papel e en moitos casos danos provocados polo ataque dos insectos bibliófagos. Os tratamentos realizados incluíron limpeza mecánica ou en seco, reparación e reintegración do soporte no referente ao corpo do libro, eliminación e redución de manchas, alisado de pregues, etc. Nas encadernacións, tratamento da pel e limpeza e hidratación, consolidación, enxertos, etc.
O criterio de restauración que se seguiu é o de conservar a estrutura orixinal da obra. Os tratamentos e intervencións realizados son totalmente reversibles. Esta tarefa foi realizada pola restauradora Carmen Poyán Rasilla.
Ata o de agora restauráronse 22 volumes, aos que hai que engadir 15 láminas con debuxos de antigos alumnos para a recente exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", que se clausurou o 4 de outubro do ano pasado.
A continuación faremos unha relación das obras restauradas nestes anos:
- Los cinco libros primeros de la Cronica general de España / que recopila el maëstro Florian do Campo. 1553
- De Officiis / M.T. Ciceronis. 1585
- Los trabaios de Persiles y Sigismunda : historia setentrional / por Miguel de Ceruantes Saauedra. 1617
- Laurel de Apolo : con otras rimas ... / por Lope Felix de Vega Carpio. 1630
- El tribunal dela iusta vengança : erigido contra los escritos de Don Francisco de Quevedo, Maestro de errores [...] / por el licenciado Arnaldo Franco Furto . 1635
- Acerca de la materia medicinal y de los venenos mortiferos / Pedacio Dioscorides Anazarbeo ; traducido de lengua griega en la vulgar castellana e ilustrado con... anotaciones y con las figuras de... plantas... por... Andres de Laguna, Medico... ; va añadida una tabla para hallar remedio... de enfermedades. En Valencia : En la emprenta de Claudio Maçe, mercader de libros.., 1651
- Idea de un Principe Político Christiano : representada en cien empresas / por Don Diego de Saavedra Faxardo Cavallero del Orden de S. Iago. 1655
- Biblia sacra, vulgatae editionis / Sixti V... iussu recognita et Clementis VIII auctoritate edita ; distincta versiculis, indicéque epistolarum, & evangeliorum aucta. 1680
- Principios de cirugia : utiles y prouechosos para que puedan aprouecharse los principiantes en esta facultad / en esta ultima impression va añadido el libro intitulado del Parto Humano, compuesto por ... Francisco Nuñez y el Tratado de Cirugia : sacado de la Cirugia Universal, que escriviò el licenciado Iuan Fragoso ... / su autor Geronimo de Ayala . 1693
- Flora española ó Historia de las plantas que se crían en España / su autor D. Joseph Quer . 1762-1764. 4 v.
- Continuacion de la flora española, ó Historia de las plantas de España que escribia don Joseph Quer / ordenada, suplida y publicada ... por Casimiro Gomez de Ortega ... ; 1784. 2 v.
- Aedologie ou Traité du rossignol franc, ou chanteur /Louis David Arnaut. París: Chez Débure, 1751.
- Colección de trajes de España : tanto antiguos como modernos : que comprende todos los de sus dominios : dividida en dos volumenes. / Juan de la Cruz Cano y Holmedilla. 1777
- Tratado práctico de la gota, en el que se indican los medios de curar esta enfermedad / escrito en francés por Coste ; traducido al español y aumentado con un Tratado de aguas minerales por Ramón Tome. 1791
- Arte de escribir por reglas y con muestras : segun la doctrina de los mejores autores ... : acompañado de unos principios de Aritmética, Gramática y Ortografía castellana / compuesto por Torcuato Torio de la Riva y Herrero . 1798
- La Oliva : periódico de política, literatura e intereses materiales. — Vigo : [s.n.], 1856- (Imp. de La Oliva)
- La Mode illustrée : journal de la famille . 2v. 1864-1865 y 1867
- La moda elegante : periódico de las familias. 1876
- Manual Práctico de Fotograbado sobre cinc y sobre cobre. Vigo 1909
Sen algo de debuxo nin o canteiro podería trazar os bosquexos que lle servirán para labrar a pedra, nin o carpinteiro marcar as ensamblaxes para unir as diversas pezas de madeira, nin o ferreiro cortar os ferros de dimensión e forma adecuada á obra en que vaian utilizarse... Ten ademais o debuxo outra inapreciable vantaxe para todos os que o cultivan e máis especialmente para os obreiros, refírome á maior facilidade que con el se obtén para comprender a verdadeira relación que existe entre o obxecto tal cal aparece na nosa vista e as súas dimensións reais e efectivas...
Estes debuxos atopábanse co papel un pouco reseco, envellecido e acedo. A sucidade superficial é o que máis destacaba en todos eles. Ademais tiñan tamén manchas de humidade, de graxa, de óxido e nalgúns casos restos de diferentes substancias como vernices, etc.
Outra característica común a todos eles é o foxing, esas pequenas manchas marróns que aparecen tantas veces nos documentos gráficos. Outros danos foron os rachos, roturas, perdas de papel, pregues, engurras, distorsión superficial do papel nalgún caso, etc.
Polo tanto o máis inmediato e imprescindible foi a limpeza mecánica, a eliminación de manchas nalgúns casos moi extensas, e logo as intervencións correspondentes aos enxertos, unións, alisado de engurras, etc.
Aquí tedes algúns exemplos:
Máis recentemente a actual profesora de ourivaría, Sandra de Jesús, realizou un importante labor na restauración de dúas locomotoras, que no seu momento tamén foron feitas por antigos alumnos da Escola, como parte das prácticas de taller da materia de Manexo e montaxe de Máquinas de Vapor.
Esta locomotora construída en latón estaba moi danada, presentaba diversos golpes, un bastante importante na cheminea, as barras horizontais moi dobradas e onduladas, unha roda torcida con respecto ao seu eixe e sobre todo estaba bastante oxidada. O proceso de limpeza e restauración consistiu en desmontar as distintas pezas que a forman para a súa limpeza e tamén arranxo.
Para
arranxar as aboiaduras empregáronse os embutidores de aceiro golpeando
dende o interior ata devolver o metal ao seu lugar; para os adornos
laterais que estaban todos dobrados, estes recocéronse e endereitáronse
os fíos coas tenazas, o mazo e o tas ata conseguir deixalos rectos de
novo. Tamén se arranxou o asubío que tamén estaba golpeado. Para o eixe e
a roda había que recuperar a perpendicularidade golpeando sobre o tas e
a bigornia ata axustalos.
A
limpeza levouse a cabo primeiro con auga e desengraxante para eliminar a
sucidade superficial, para as zonas difíciles aplicouse un limpador en
spray que elimina as manchas de graxa ou aceites e os óxidos, despois
dependendo do estado das pezas procedeuse ao seu lixado con distintos
graos de lixa para metal, ou la de aceiro fina ou moi fina. O puído
realizouse refregando o pulimento cun pano, pois non se buscaba un
acabado demasiado brillante, nas zonas complicadas empregáronse mopas pequenas
de algodón e pulimento montado no micromotor.
Na
zona das rodas e eixe a limpeza foi menos profunda para que se vira
máis envellecida, que lle dá un aspecto máis antigo ou de uso.
O
resultado de todo este proceso foi primeiro recuperar as partes danadas
da locomotora e despois limpar a sucidade e oxidación que tiña a
locomotora que non deixaba ver a bonita cor dourada do latón sen que
deixase de parecer antiga.O proceso de restauración desta locomotora consistiu en reparar as portas que ten na parte frontal, pois unha delas estaba rota e houbo que soldala. Retocáronse outras partes que estaban torcidas ou soltas como os adornos laterais horizontais (estaban dobrados e soltos), endereitáronse o par de escaleiras traseiras, tamén os topes frontais e outros ferriños das rodas e eixes.
Unha vez acondicionadas todas as pezas, a limpeza neste caso foi menos profunda pois esta locomotora ten pezas de distintos metais (ferro, cobre e latón) cunha pátina que as unifica así que non se podía lixar nin puír, e tamén ten unha parte recuberta cunha pintura de cor verde e vermella, entón para preservar todos estes acabados o que se fixo foi limpala con auga e desengraxante suave nas zonas que se precisaba, nalgunhas tamén se aplicou o limpador en spray, e para recuperar un pouco brillo do metal e tamén protexer a peza do paso do tempo aplicouse un verniz satinado en spray da casa Wurth.
Seguiremos informando...
Coñecín a Carmen Poyán compartindo espazo de traballo nun coworking fai uns anos, no seu taller "Corondel". Aparte de ser unha gran profesional e que o seu traballo é minucioso e impecable, como persona é marabillosa.
ResponderEliminar