A Culler,
ese obxecto cotián que ten máis importancia do que a simple vista parece,
símbolo da evolución da sociedade.
É aquel utensilio co que comemos,
pero tamén co que servimos a comida ou damos de comer.
Asociado a unha humilde sopa ou a unha exquisita sobremesa.
Segundo o Dicionario da Real Academia Galega unha culler é un
O exercicio vai dirixido en concreto para os grupos de iniciación e básico,
tedes todo o verán para realizar o deseño,
será un exercicio que realicemos no novo curso 2020-21.
Ficha Técnica Exercicio "A miña Culler".
O emprego dos cubertos sempre estivo asociado ás clases altas.
ese obxecto cotián que ten máis importancia do que a simple vista parece,
símbolo da evolución da sociedade.
É aquel utensilio co que comemos,
pero tamén co que servimos a comida ou damos de comer.
Asociado a unha humilde sopa ou a unha exquisita sobremesa.
A proposta deste artigo é
que pensedes como sería a vosa propia culler,
o deseño é libre e particular,
debedes debuxala a tamaño real, para despois poder fabricala no obradoiro,
e ten que ser unha culler persoal que vos identifique.
"utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo,
usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes".
O exercicio vai dirixido en concreto para os grupos de iniciación e básico,
tedes todo o verán para realizar o deseño,
será un exercicio que realicemos no novo curso 2020-21.
O proceso de creación comeza por:
- Investigación e documentación sobre o obxecto, as súas formas e motivos decorativos en relación coa funcionalidade que lle queredes dar (tamaño, forma, ergonomía, textura, cor, función...).
- Investigación e elección dos materiais (polo menos unha das partes será deseñada para ser feita con cobre, latón ou prata).
- Investigación e determinación das técnicas e procedementos.
- Creación de bosquexos das distintas variantes ata determinar cal será a vosa mellor elección.
- Deseño final a tamaño real do deseño definitivo.
Ficha Técnica Exercicio "A miña Culler".
Guiádevos por ela e cubride os distintos puntos,
realizade os bosquexos e debuxos noutra folla.
Partindo disto a seguir facemos unha achega histórica e estética deste utensilio,
pero vós podedes investigar máis sobre este obxecto, pois hai moitas posibilidades.
Analizade e extraede o que vos parece máis importante,
a súa simboloxía, a función ou a forma artística.
Culleres de David Clarke |
Existen infinidade de deseños de culler,
pensade cantas culleres existen no mundo, cantos tipos distintos de culler,
con cantos materiais distintos se fabrican (prata, aceiro, plástico, madeira, etc.),
ou tamén cantas obras artísticas con culleres se poden atopar.Fotografía de Chema Madoz - Culler ferida |
O emprego dos cubertos sempre estivo asociado ás clases altas.
Na Roma clásica grazas aos grandes banquetes creáronse infinidade de vaixelas e cubertos normalmente de prata, ata o punto de crear culleres específicas para certos alimentos.
Tesouro de Boscoreale |
Ao longo da historia deste utensilio atopamos pezas de óso, madeira, bronce, prata, ouro,
algunhas con pedras preciosas, gravados, esmaltes etc.
A súa forma foise adaptando segundo as necesidades ou por ergonomía,
cara ao século XIV pasou a ser incluída nos refinados costumes
da burguesía na Europa do Gótico.
Culler Gótica realizada en prata dourada e esmalte pintado. |
Esta culler crese que foi realizada para Felipe o Bo, duque de Borgoña, que era un gran mecenas das artes e reuniu unha gran colección de tapices, pinturas, ourivaría, libros ilustrados e xoias.
A partir do século XIX a súa fabricación fíxose máis industrial,
pero as culleres ou cubertos de prata nunca deixaron de fabricarse.
No século XX son obxecto do deseño máis vangardista.
Cubertería deseñada por Wilhelm Wagenfeld - Bauhaus |
Ata na actualidade podemos encontrar culleres utilitarias e outras pezas máis exclusivas,
aínda hoxe seguen fabricándose pequenas culleres como agasallo para bautizos e comuñóns,
ou como "souvenirs".
Como dato curioso no Reino Unido existe a tradición de regalar unha culler de madeira tallada
como símbolo de amor,
o exemplo máis antigo atopouse en Gales e está datado en 1667,
é o LoveSpoon.
é o LoveSpoon.
Lovespoons |
En Noruega as parellas de recén casados comían con culleres unidas para representar
o vinculo do seu matrimonio.
o vinculo do seu matrimonio.
Culleres de voda norueguesas |
A simboloxía e historia da culler é ampla, así como a súa variedade de formas.
A seguir tedes distintos exemplos de culleres que se centran na estética e na parte máis artística deste obxecto.
Se os analizades daranvos ideas formais e decorativas.
Estudade cal será a vosa forma ideal, os elementos decorativos que queredes engadir,
e pensade como se debe construír.
Recórdovos que a vosa culler debe ter polo menos unha parte de metal
que poderá ser cobre, latón ou prata,
tedes liberdade de tamaño, forma e materiais a incluír.
No terceiro apartado deste artigo déixovos información sobre tres proxectos centrados na culler.
O primeiro é o do artista noruegués Stian Korntved Ruud,
el non é ourive pero pareceume interesante o seu proxecto Daily Spoon,
que consistiu en crear unha culler diaria empregando como material a madeira.
Un gran traballo de creatividade, pois todas son diferentes e orixinais,
e que podedes ver AQUÍ en detalle.
Culleres de madeira de Stian Korntved Ruud |
O segundo é o proxeto da artista Jinhyun Jeon,
"Culleres sensoriais".
Un traballo moi interesante do que resultan pezas moi divertidas,
que podedes ver AQUÍ.
Culler de Jinhyun Jeon |
O terceiro exemplo é o proxecto dunha alumna, Mª Luisa Caride Lago,
chamado
"De Cochleare"
Luisa creou unha colección de culleres cada unha construída cun material distinto e aplicando diversas técnicas e procedementos, que deron como resultado seis culleres
representativas da evolución na historia deste obxecto cotián,
representativas da evolución na historia deste obxecto cotián,
culler primitiva, culler antiga, culler romana, culler papal, culler futurista e a anti-culler.
Foi un gran traballo que comprendía investigación, ampliación de coñecementos e creatividade.
Tedes máis información sobre el AQUÍ.
Espero que vos inspire e vos guste!!
Grazas pola visita; D
Foi un gran traballo que comprendía investigación, ampliación de coñecementos e creatividade.
Tedes máis información sobre el AQUÍ.
Vós buscade a vosa propia inspiración, unha culler que vos represente,
totalmente persoal.
Espero que vos inspire e vos guste!!
Grazas pola visita; D
Canto da de sí unha culler!Desexando ver os resultados desta completa proposta de exercicio. Un saúdo!
ResponderEliminarPois sí!!! Moitas ganas de ver o que son capaces de crear ;D
ResponderEliminarGrazas Alba