Desta volta gustariame poñervos a traballar un pouquiño. Xa sei que este curso rematou prematuramente polas circunstancias que todos coñecemos, mais achegámonos ao que sería o remate dun curso normal, así que vouvos pedir que fagades un pequeno traballo escrito, no que mostredes o feito ata o momento do peche físico da escola, por unha banda a modo de resumo, e pola outra serviranos para resolver dúbidas, e refrescar o aprendido, de cara ó próximo curso, que esperemos sexa xa presencial.
Os alumnos de básico centrar o traballo na construción de palletas e pallóns, e amplialo cos traballos feitos ata onde cada un chegara no momento do peche.
Os alumnos de superior cada un ata onde chegou, loxicamente.
Para avanzado, ímolo deixar para a memoria definitiva do proxecto, que aínda que moi avanzado, remataremos no próximo curso.
Intentade facelo o máis completo posible, e con algunha foto a ser posible, cantas máis dúbidas resolvamos agora, menos teremos no futuro.
Coma sempre, se tedes dúbidas ou precisades asesoramento estou á vosa disposición polas canles que empregamos ata o de agora. ÁNIMO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!