luns, 1 de xuño de 2020
Proposta para esta semana [COIRO]
Como xa sabedes, esta pasada semana abrimos as portas da Escola e a biblioteca xa está de novo en marcha co sistema de cita previa. En Artesanía en Coiro aproveitamos esta situación para que os nosos alumnos previa cita puidesen pasar a recoller os materiais e pertenzas que aínda tiñan no taller para poder seguir traballando en casa. Foi un gusto poder volver vernos case todos, aínda que botásemos de menos vernos o sorriso que nos tapaba a máscara pero o brillo dos ollos ao volver cheirar a coiro substituía perfectamente ao sorriso.
Esta semana pasada gozamos de calor e bo tempo, e polo que di a previsión do tempo esta semana que hoxe comeza será algo máis chuviosa, co que vos expomos unha pequena proposta para que aproveitedes o mal tempo e en casa traballedes un pouco o coiro. A peza proposta é unha pulseira que poderedes lucir nos vosos pulsos cando volva o sol. Para os de Básico e Iniciación imos tentar que vos esforcedes no tipo de técnica que ides utilizar e o material. Os de Avanzado e Superior teredes que ser creativos co deseño da peza, pero sobre todo no peche. Esperamos con moitas ganas as vosas propostas e publicaremos as vosas fotos o vindeiro luns, podédelas enviar por e-mail ou whatsapp. Boa semana a todos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!