Sábados: de 12 a 14h e de 18 a 21h
Domingos e festivos: de 12 a 14h
No monográfico de gravado calcográfico realizamos planchas á augaforte coas que fixemos estampas en papel e logo transformamos as matrices en broches. A temática elexida para traballar foi a botánica, podedes consultar enlaces á historia das estampas científicas e botánicas ao final desta entrada. Aquí amosamos imaxes dos procesos paso a paso onde traballamos xuntas as especialidades de ourivaría e serigrafía artística:
Aprendimos a facer incluso os nosos propios punzóns e buriles:
No marco do IV Encontro Internacional de Cerámica de Nigrán: Cultura Milenaria México» impulsado pola Escola Municipal de Cerámica de Nigrán, que se levará a cabo do 17 ao 22 de xullo no CEE de Panxón, ofrécese unha oportunidade única para mergullarse na cultura ancestral mexicana da man de recoñecidos mestres das artes plásticas tradicionais.
Aquí tedes os datos das diferentes conferencias, do 17 ao 20 de xullo. Entrada libre.
Animarvos!
Máis fotos 📷
27-6-2023. Visita á EMAO da Fundaçao Ricardo do Espírito Santo Silva de Lisboa.
26-6-2023. Presentación do libro "Los Peces Ciegos del Amor" de Nando Quiroga, acompañado á guitarra por Pepe Bordallo.