sábado, 26 de setembro de 2026

26-9-2026. 140 Aniversario da creación da Escola de Artes e Oficios de Vigo [BIBLIOTECA]

 


 

Hoxe estamos de aniversario, a Escola Municipal de Artes e Oficios cumpre 140 anos. A inauguración da Escola tivo lugar o 26 de setembro de 1886, foi Eduardo Chao, antigo ministro da 1ª República Española quen deu o discurso inaugural. Era o resultado da iniciativa dunha Sociedade de Socorros Mutuos chamada "A Cooperativa" que recollía unha vella reivindicación das sociedades obreiras e agrarias do século XIX conscientes da necesidade de elevar o nivel de instrución das clases traballadoras en beneficio do desenvolvemento da cidade. O seu primeiro enderezo foi a antiga rúa do Circo, no ano 1900 trasládase ata o edificio doado por José García Barbón que actualmente ocupa. 


Desde o mesmo momento da súa creación a Escola contribuíu ao desenvolvemento industrial, comercial e cultural da nosa cidade, exerceu unha tarefa moi importante preparando a mozos e adolescentes non soamente nas disciplinas técnicas ou complentando o seu ensino primario, senón proporcionándolles tamén os fundamentos dunha instrución artística e impulsando unha vocación.


Na actualidade, é un centro de ensinanza para adultos, non regrada, cun programa que abrangue materias moi diversas desde o ámbito das belas artes (Debuxo e Pintura) ata os oficios máis artesanais (Artesanía do coiro, Cerámica artística, Construción artesanal de instrumentos musicais, gaita e zanfona, Deseño e encaixe de palillos, Escultura e talla en madeira, Moda e confección, Ourivaría e Serigrafía artística) cunha orientación máis profesional. Mediante una metodoloxía práctica que combina o traballo en obradoiros especializados, dotados das ferramentas e a maquinaria necesaria para cada disciplina artística ou oficio, coa aprendizaxe de contidos e destrezas complementarias. 

O vindeiro xoves día 1 de outubro, comeza este novo curso. Felicitémonos todos por iso!!!

Recordarvos que ata o día 16 de outubro pódese visitar na nosa sala de exposicións "Espazo Emao" a exposición 140. Escola de Artes e Oficios.

mércores, 23 de setembro de 2026

Formalización da matrícula para o alumnado de novo ingreso na EMAO. Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]

 Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2026-27

 Publicados os resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación para o curso 2026-2027, comeza o prazo de matrícula na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Lembrámoslle que teñen que formalizar a súa matrícula do 24 ao 30 de setembro).

 Formalización de matrícula:

1. As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación admitidas deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
 
  • Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na Unidade Administrativa da EMAO).
  • Fotocopia simple do seu DNI.
  • Datas e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas).

2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.

3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2026-2027. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
 
INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/ 

xoves, 10 de setembro de 2026

Calendario das probas de acceso ao Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]

O martes 15 e o mércores 16 de setembro desenvolveranse as probas de acceso, non seguinte calendario e en horario de tarde.

As letras que aparecen citadas refírense ao primeiro apelido das persoas solicitantes de praza, incluíndo á totalidade das persoas cuxo apelido comece pola letra indicada, agás indicación noutro sentido.
As persoas candidatas deberán presentarse nos horarios e lugares indicados, co seu DNI e bolígrafo.