Amosando publicacións coa etiqueta Serigrafía contidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serigrafía contidos. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de febreiro de 2025

Panel didáctico de zanfona sonora. [SERIGRAFÍA]

Aquí deixamos vídeos do proceso de como fixemos a peza sonora "Zanfóname". Trátase dun panel didáctico sobre a zanfona realizado con tinta serigráfica conductiva que ao tocala emite sons:  o son das teclas, tres melodías e o son do traballo de construcción de zanfona no taller de lutería. Este traballo foi realizado pola aula de serigrafía artística co asesoramento e colaboración de Xaime Rivas, Anxo Pintos, Xosé Liz e Sinsal audio.

  

luns, 15 de maio de 2023

Venres da EMAO 19-5-2023. Presenta Historia do Gravado en Galicia por Carlos L. Bernárdez [SERIGRAFÍA ARTÍSTICA]

 

Dentro da historia da arte galega o gravado segue a ser, en boa medida, un gran descoñecido mesmo para persoas interesadas no noso pasado artístico.

Carlos L. Bernárdez ofrecerá un achegamento histórico que pon de manifesto a singularidade da nosa tradición no ámbito da estampa percorrendo un amplo espazo cronolóxico, desde o século XVI até inicios do XIX.

Presenta: Alba Pardo. Mestra de Serigrafía artística
Data: 19 de maio 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios 

Entrada libre ata completar aforo.

xoves, 7 de abril de 2022

Etiquetas e embalaxes de perfumería. Séculos XIX e XX [SERIGRAFÍA]


 

 Orxía Barcelona, Myrurgia, 1932. Etiqueta comercial
 
 Estampa: cromolitografía, 240 x 170 mm

O deseño gráfico de produtos Orxía de Myrurgia é de Eduard Jener quen asina moitos dos deseños desta casa e a quen se debe considerar un dos creadores máis puros do art déco. Os motivos florais da fucsia ilustran todas as etiquetas destinadas a decorar as caixas de xabóns e pos de beleza da mesma gama.

 

  Na exposición "A arte da beleza" atopamos unha selección de algo máis de duascentas pezas dos materiais gráficos que conserva a Biblioteca Nacional de España relacionados coa fabricación, a imaxe e a publicidade da industria da perfumería durante os séculos XIX e XX. Libros e revistas, gravados, debuxos e fotografías, etiquetas e envoltorios, discos e partituras, carteis e impresos publicitarios que recollen todo tipo de imaxes, algunhas delas moi reconocibles, de perfumes, xabóns, cosméticos e outros produtos para a hixiene persoal.

 Dende a aula de serigrafía artística durante este mes estivemos a traballar con esta temática centrándonos na figura de Federico Ribas e súa labor como artista gráfico para Gal. Amosaremos algúns traballos do alumnado do Nivel Básico nas vitrinas da entrada e este venres 8 de abril haberá a conferencia:  

Carteis e tarxetas perfumadas. Séculos XIX e XX. [SERIGRAFÍA]

 A comolitografía é un método da litografía a través do cal as imaxes son impresas en cores. Os exemplares máis afinados conseguen unha boa aproximación do efecto da pintura. O termo deriva do grego chroma (cor), lithos (pedra) e gráfico (de graphein, debuxo). A técnica foi desenvolta principalmente polo litógrafo alemán-francés Godefroy Engelmann de Mulhouse (1788–1839) que patentou o procedemento en 1837. Esta técnica estendeuse durante a segunda metade do século XIX, sobre todo para ilustrar libros de luxo. A continuación e seguindo coa temática que estamos a traballar esta semana na aula de Serigrafía Artística por mor da conferencia de mañá, venres 8 de abril, analizaremos algúns carteis e deseños de tarxetas perfumadas.

Amok Paris, Bourjois, 1934 

 Prospecto comercial 

Estampa: cromolitografía, 263 x 141 mm

Outra forma de publicitar un produto eran os prospectos con varias páxinas que ás veces conteñen narracións ou contos breves. É o caso do perfume « Amok» da casa Bourjois que incorpora nas súas páxinas unha breve historia de amor alusiva ao produto.

"A partir de finais do século XIX prodúcese o uso xeneralizado de todo tipo de soportes publicitarios polas máis importantes empresas de perfumería. Este uso explícase polo desenvolvemento das artes gráficas e publicitarias e polo interese dos fabricantes en ter un deseño e unha imaxe que identificase os seus produtos. Nas últimas décadas do século esténdese a práctica de inserir anuncios publicitarios na prensa e aparecen as primeiras axencias de publicidade. Para Enric Satué, desde ese momento «a publicidade gozará dun crecente predicamento porque se percibe xa que a publicidade nace, crece e desenvólvese paralelamente á aparición das marcas». Os diarios e as revistas convértense no soporte convencional para os anuncios publicitarios creados por algúns dos mellores artistas e ilustradores gráficos. 
No século XIX a publicidade caracterizouse máis pola presenza do texto que polas imaxes, era de 

xoves, 17 de marzo de 2022

Deseño "Made in Vigo". Memoria de Francisco Álvarez Bao por Jose Luis Mateo [SERIGRAFÍA]

Quentando motores para a conferencia de mañá na que Jose Luis Mateo Álvarez fará unha aproximación ao cartelismo en Vigo nas décadas dos 60-70 tratando de incidir nalgunhas experiencias renovadoras coma a Estampa Popular Galega, a Serigrafía Galega e o estudio galego-portugués "Estudio Quid". Hoxe o Faro de Vigo publica a reportaxe Deseño "made in" Vigo. Memoria de Francisco Álvarez Bao. Esperámosvos mañá ás sete da tarde na Hemeroteca da EMAO😉.

venres, 11 de febreiro de 2022

Sinestesia e cor [SERIGRAFÍA]

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 84.07%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="546" height="459" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9be2b88519011e966a243e" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

https://view.genial.ly/5f9be2b88519011e966a243e/interactive-image-a-cor

 Video da conferencia de Carmen Sarabia Cobo sobre a sinestesia. Sinestesia: cando flipar en cores é posible. TEDxSardinero. Enfermeira, psicóloga e antropóloga, doutora en psicoloxía e especialista en neuropsicoloxía. É, ademais, Profesora da Universidade de Cantabria. Apaixonada da divulgación científica no campo das Ciencias da Saúde. Polifacética, tremendamente curiosa e fervente defensora do acceso á educación e a saúde para todos.

https://view.genial.ly/5f9be2b88519011e966a243e/interactive-image-a-cor<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 84.06593406593407%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="546px" height="459px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9be2b88519011e966a243e" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>https://view.genial.ly/5f9be2b88519011e966a243e/interactive-image-a-cor

luns, 7 de febreiro de 2022

Cores nun bosque de neuronas [SERIGRAFÍA]

Algúns libros da biblioteca EMAO sobre a cor, hai moitos máis!

Seguindo o fío do que estamos a dar na clase, deixo aquí varios enlaces. No seguinte vídeo o neurocientífico Xurxo Mariño explica o funcionamento da vista humana e o necesaria que é a luz para ver ao ser reflectida polos obxectos e captada polos nosos ollos. Esta luz é unha forma de radiación electromagnética que se transmite por unhas partículas chamadas fotóns, desprazados en forma de ondas de distintas frecuencias. A combinación dos nosos ollos e o noso cerebro permite facer algo extraordinario: converter as distintas lonxitudes de onda en cores, nun rango do vermello ao violeta. Para iso contamos dous tipos de células fotorreceptoras que tapizan as nosas retinas: conos e bastóns.

 ¿De onde procede o azul ultramar? Deborah García no programa de TV Órbita Laika fala dunha prezada cor na arte e a ciencia: o azul. Considerado aínda máis valioso que o ouro na antigüidade, durante o Impresionismo logrou desprazar ao negro, ao considerar que o segundo non era unha cor presente na natureza. Por esta razón, os paraugas negros de Renoir en realidade están pintados con azul cobalto e azul ultramar. A experta en química explica o proceso de extracción do ultramar e fálanos doutra azul clave: o Klein. Esta cor xurdiu dunha demanda do artista Yves Klein presentada ante un laboratorio, rexistrado como “ International Klein Blue ( IKB) en 1960.  

xoves, 29 de xullo de 2021

Transferibles: serigrafía cerámica [SERIGRAFÍA][CERÁMICA]

 Do 9 ao 22 de xullo realizouse o monográfico "Transferilbles: serigrafía cerámica" entre as especialidades de cerámica e serigrafía artística. Aquí tedes algunhas fotos do proceso:

xoves, 29 de abril de 2021

Identificación de tecidos para a estampaxe serigráfica [MODA E CONFECCIÓN/ SERIGRAFÍA]

Este martes o obradoiro de Moda e Confección desplazouse ata o patio da Escola para dar a clase de identificación de tecidos para a estampaxe serigráfica. Todos os anos os alumnos de Básico de Serigrafía reciben esta clase na que a mestra de Moda e Confección explica uns conceptos sinxelos sobre os tecidos. Comezamos explicando como nos vamos a atopar a tea cando cheguemos ao comercio, os seu formatos e a súa estructura. As diferenzas entre tecido de calada e o de punto e as propiedades de cada tipo. Profundamos en con qué están feitos os tecidos e na clasificación das fibras.

luns, 1 de febreiro de 2021

Choiva [SERIGRAFÍA]

Hoxe revisitamos estas marabillosas xilografías a modo de paraugas parapeto para que nos protexan un pouquiño da que está a caer. Desde a nosa aula enviamosche ánimo e enerxía  a tí que estás aí, alén da pantaia. Imos aló:


A ponte Ō hashi en Atake baixo unha choiva repentina é unha xilografía realizada polo pintor xaponés Utagawa Hiroshige, pertencente a serie Cen famosas vistas de Edo. Mide 34 cm de alto e 22,5 cm de ancho. Datada en 1857, actualmente atópase no Brooklyn Museum of Art de Nova York.
A estampa amosa unha choiva repentina que cae violentamente sobre os transeúntes da ponte Ō hashi, sobre o río Sumida, coa vista ao fondo do barrio de Atake. A choiva está representada con longas liñas verticais de trazos longos que descargan de súbito dende a nube negra. No centro do río represéntase un tanto difuminado pola distancia e o ambiente atmosférico un pescador, que rema rapidamente cara á beira. A imaxe presenta unha composición triangular formada pola ponte e a beira do río, que pretende reflectir a rápida subida da auga e o posible desbordamento do río. A paleta cromática está composta principalmente de azul, gris e marrón, que dividen a obra en tres seccións que pretenden reflectir distintos focos de distancia para o espectador. O autor consegue un efecto de perspectiva aérea a través de diversas gradaciones da cor azul, Hiroshige logrou ao longo da súa obra unha gran mestría sobre esta cor. Outro punto para ter en conta é a inusual perspectiva global que a imaxe ofrece ao espectador, desde un ángulo diagonal situado por encima da escena, co que a vemos de forma elevada. Este efecto, xunto coa composición vertical que corta a ponte no seu parte central e ofrece unha ampla perspectiva do fondo, axudan a acrecentar a impresión dunha escena súbita, instantánea, accidental e que otorga gran dinamismo á imaxe. 

luns, 13 de xullo de 2020

Moku hanga [SERIGRAFÍA]

A impresión xilográfica en Xapón, moku hanga, é unha técnica que sobre todo se coñece polo seu uso no xénero artístico do ukiyo-e e aínda que similar ao gravado xilográfico occidental nalgúns aspectos, o moku hanga diferénciase porque se usan tintas baseadas na auga (en contraposición á xilografía occidental, que usa tintas baseadas no aceite), o que permite unha ampla gama de cores intensas, degradadas e a transparencias. En post anteriores neste blog fixemos un leve percorrido histórico polo ukiyo-e e mollámonos coa onda de Hokusai, seguindo nesa onda tomarémola de exemplo para amosar como se facía o moku hanga da man do artesáns Niinomi Morichika e Nakata Noboru.

mércores, 8 de xullo de 2020

Ukiyo-e [SERIGRAFÍA]

Os primeiros Ukiyo-e , "pinturas do mundo flotante" ou "estampas xaponesas", apareceron no século XVII na cidade de Edo (actual Tokio). Trátase de xilografías de gran expresividade que tratan de amosar o efémero, fugaz e transitorio da vida da época nun mundo que flúe, de aí o nome de pinturas do mundo flotante. O ukiyo-e era accessible posto que grazas a técnica xilográfica podía ser producido de forma económica e masiva e polo tanto chegar a gran cantidade de público. 
Hiroshige, intermedio de kabuki, 1820

martes, 30 de xuño de 2020

Manual de caligrafía do s. XVI [SERIGRAFÍA]


No século XVI, cando a impresión se converteu no método máis común para producir libros, os intelectuais valoraron cada vez máis a inventiva e as calidades estéticas da escritura. De 1561 a 1562, Georg Bocskay, o secretario da corte nado na Croacia do Emperador Romano Fernando I, creou este Libro Modelo de Caligrafía en Viena para demostrar o seu dominio técnico da inmensa gama de estilos de escritura que el coñece. Uns trinta anos despois, o emperador Rodolfo II, neto de Fernando, encargou a Joris Hoefnagel que iluminase o libro modelo de Bocskay. Hoefnagel agregou froitas, flores e insectos a case todas as páxinas, compoñéndoas para mellorar a unidade e o equilibrio do deseño da páxina. Foi unha das colaboracións máis inusuais entre calígrafo e pintor na historia da iluminación de manuscritos. Debido ao interese de Hoefnagel en pintar obxectos da natureza, as súas imaxes detalladas complementan o famoso Kunstkammer de Rudolph II, un gabinete de

venres, 26 de xuño de 2020

Ondas [SERIGRAFÍA]

Hoxe adentrarémonos nun tsunami de imaxes salgadas. Imos comezar pola gran onda por excelencia no gravado, a de Hokusai, para despois facer un lixeiro percorrido da influencia que tivo na representación das ondas na cultura visual. A gran onda de Kanagawa (literalmente «Baixo unha onda en altamar en Kanagawa») tamén coñecida simplemente como A onda ou A gran onda, é unha famosa estampa xaponesa do pintor especialista en ukiyo-e, Katsushika Hokusai, publicada entre 1830 e 1833,​ durante o período Edo da historia de Xapón. Esta estampa é a obra máis coñecida de Hokusai e a primeira da súa famosa serie Trinta e seis vistas do monte Fuji, ademais de ser a estampa máis famosa do seu xénero así como unha das imaxes máis coñecidas no mundo. Da matriz utilizada realizáronse varios miles de copias, moitas das cales chegaron a mans de coleccionistas europeos. A partir da década de 1870 a estampa volveuse moi popular entre artistas e coleccionistas franceses.Varios museos conservan exemplares da obra, como o Museo Guimet, o Museo Metropolitano de Arte, o Museo Británico, a Biblioteca Nacional de Francia e o Museo Nacional de Arte de Cataluña, xeralmente provenientes de coleccións privadas do século XIX de estampas xaponesas.


A xilografía mide 25x37cm

xoves, 18 de xuño de 2020

O Museo do Gravado de Ribeira [SERIGRAFÍA]

A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado que se atopa na localidade de Artes, municipio galego de Ribeira, na provincia da Coruña.
A estruturación do Museo céntrase en dous aspectos principais: gabinete de estampas (debidamente ordenadas por escolas ademais dos seus estudos particulares) e tres salas de exposicións abertas ao público, dispoñendo tamén de espazo para biblioteca e sala de conferencias.
A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes aos nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do gravado á estampa dixital.

  O Gabinete de Estampas custodia a Colección Gráfica da Fundación oportunamente dividida por séculos e Escolas de Gravado. Tamén dispón dun estudo individualizado de cada estampa para a consulta do interesado.

martes, 16 de xuño de 2020

Algunhas estampas botánicas do século XIX [SERIGRAFÍA]

Fragmento de “Kunstformen der Natur” (1904), placa 49 (Foto: Wikimedia Commons [Dominio público])

"Durante o século XIX a industria editorial interésase especialmente polo libro de natureza ilustrado. Crece a moda dos libros de ornitoloxía, en parte grazas aos novos coñecementos traídos das exploracións e do espectacular progreso da estampaxe á cor. Jean Baptiste Audebert (1759-1800) e Louis Pierre Vieillot (1748-1831) utilizan unha nova técnica para estampar calcografías á cor mediante a utilización dunha única placa recuberta con pintura ao óleo na que inclúen dourados e outras cores metálicas. O resultado, publicado nada máis comezar o século XIX, é espectacular. Durante a primeira metade do século destacan

xoves, 4 de xuño de 2020

Gravado botánico no século XVIII [SERIGRAFÍA]

E seguimos cun lixeiro percorrido histórico polo gravado científico, centrándonos na botánica para que vos sirva de inspiración para o exercicio proposto. Hoxe: Século das luces, a Ilustración.
"O gravado científico convértese no selo distintivo dos libros sobre historia natural cuxo mercado prolifera rapidamente. Aparecen obras de divulgación científica profusamente ilustradas. As técnicas de representación gráfica estúdanse a conciencia e os artistas aplican a súa destreza para realizar ilustracións extraordinariamente fieis ao modelo natural. A perfección alcanza tal punto que podemos atopar imaxes gravadas con tal luxo de detalles que a primeira ollada o ollo humano non podería percibir. Chegou a era da ilustración científica, na que o gravado adquire gran importancia para a difusión de disciplinas como a medicina, a física, a enxeñería, a cartografía, a arquitectura ou as ciencias naturais."
Texto de gabinetedelgrabado.com


mércores, 3 de xuño de 2020

O século XVII e a estampa botánica [SERIGRAFÍA]

Micrographia é o título da obra escrita en 1665 polo científico inglés Robert Hooke, no que aparecen por primeira vez gravados das imaxes tomadas con microscopio. É a primeira publicación importante da Royal Society, tamén foi o primeiro best-seller científico, inspirando un grande interese público na nova disciplina da Microscopía e foi importante por acuñar o termo célula.