martes, 29 de setembro de 2020

NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES [ADMINISTRACIÓN]

Por Resolución de 29/09/2020 do Concelleiro delegado de Educación, aprobáronse as seguintes Normas para a prevención COVID-19 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Pero lembramos que a máis importante norma a cumprir é a de estarmos informados, sermos prudentes e ter responsabilidade individual.

NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES

0. Carácter destas normas
0.1. Estas normas son de obrigado cumprimento por todo o alumnado e visitantes.
A eventual negativa a cumprilas ou o seu incumprimento inxustificado conlevará ao inmediato abandono do edificio e, se é o caso, a apertura dun expediente disciplinario á persoa infractora que poderá rematar na baixa definitiva na matrícula, ao abeiro do artigo 3.4.2. das normas do Plan de Estudos Vixente (PEEMAO15)
0.2. Estas normas teñen carácter provisional e poderán ser anuladas, modificadas ou adaptadas en función das circunstancias de evolución da pandemia COVID-19 ou doutras circunstancias que fagan conveniente a súa revisión.

1. Non asistencia con síntomas
Calquera persoa que presente síntomas compatibles coa COVID-19 non deberá asistir á EMAO, e deberá seguir as indicacións que lle dean os servizos de Saúde.

2. Prevención xeral básica

  • Lavado frecuente de mans con auga e xabón ou desinfección con solución hidroalcohólica
  • Manter a distancia interpersoal de alomenos 1,5 m

PRESENTACIÓN DA AULA DE TALLA E ESCULTURA NA MADEIRA [TALLA E ESCULTURA NA MADEIRA]

A TALLA E A ESCULTURA NA MADEIRA NA EMAO

Alumno traballando no proceso de realización dun relevo

Dende principios do  s. XX ata hoxe a escultura como disciplina artística deixou atrás o seu carácter clásico en referencia á estatua ou o monumento para adoitar unha actitude de liberdade na forma  tridimensional e no uso  e elección dos materiais, abríndose a novas linguaxes cos que expresarse e construir un discurso artístico que conecte e comunique no contexto actual.

Dende que Marcel  Duchamp en 1913 decidiu que unha roda de bicicleta podía ser un obxecto artístico, toda unha revolución transformou a linguaxe escultórica. A partir dese momento a idea como concepto creativo transcende á forma, liberando á escultura do canon. Comézanse a xerar sinerxias novas entre disciplinas artísticas, a través das cales o volume e a ocupación do espazo baleiro trabállanse dende unha perspectiva global e libre dentro dunha linguaxe híbrida. É por iso que podemos dicir que a escultura é a disciplina artística que evolucionou dun éxito mais notablemente nas últimas décadas.

Inspiración [DEBUXO]

 Xa falta pouco para empezar o curso. Xa temos ganas, ainda que non deixa de planear  certa incertidume  por riba das nosa cabezas, como unha especie de diaño que deixa ver a súa sombra proxectada no chan...pero que descoñecemos realmente como é. Eu son dos que pensa que cando veñen circunstancias adversas que desmontan a nosa vida o noso ritmo cotián ao que xa estabamos afeitos, temos, máis que facerlle fronte, facer amizade con elas para sacar algo positivo, mirando cara diante e pensando no curto prazo, dándolle a man a adversidade e preguntándolle..¿Qué me ofreces?.

Cando intento visualizar como vai ser o obradoiro de Debuxo este próximo curso, a verdade é que non me gusta...levo días dándolle voltas a isto. Non me gusta a disposición e separación das mesas, nin ter que levar a máscara, non me gusta que non podamos interactuar entre nós como facíamos . Non vai ser doado, pero gardar o protocolo polo ben común é fundamental, é a nosa responsabilidade como cidadáns. Non obstante...temos que facer da adversidade algo de proveito. Séneca dicía que " Non hai home menos afortunado que o home a quen a adversidade esquence, pois non ten a a oportunidade de poñerse a proba".

Cando intento visualizar tódalas propostas de debuxo que podemos facer no exterior iso reconfórtame. Visualizo aos grupos debuxando cas nosas sinxelas ferramentas, disfrutando dos espazos urbanos e rexistrandoos dun xeito subxetivo nos nosos cadernos. Este próximo curso temos que facernos donos das rúas, e sacar algo moi positivo de todo isto, do debuxo do natural e as posibilidades que nos ofrece o espazo urbano...no que realmente acontece e se atopa todo. O espazo urbano ten infinitas posibilidades, perspectivas, pequenos recunchos cargados de encanto, obxetos e mobiliario, persoas que poden posar ou que pasean, automóviles, xardíns con árbores e prantas, carteis publicitarios, animais, ceo...terra, asfalto. Este ano máis que nunca teremos que explorar e explotar todas esas posibilidades que ofrece a cidade para o debuxo...facendo desta adversidade unha oportunidade. Cada grupo co seu nivel, claro.


luns, 28 de setembro de 2020

49. Alfonso Armada. El estado de las cosas [PINTURA]

Alfonso Armada Rodríguez (n. Vigo; 1958): 
Es un periodista, escritor, dramaturgo y poeta español. En su trayectoria como periodista ha cubierto conflictos como el cerco de Sarajevo o el genocidio de Ruanda. Fue corresponsal para África en el diario El País durante cinco años y de 1999 a 2005 corresponsal en Nueva York para el diario ABC. Dirigió el suplemento ABC Cultural. 


Es editor y director de la revista digital FronteraD. Desde noviembre de 2017 es presidente de la sección española de Reporteros sin Fronteras.

En su casa familiar y con la inestimable colaboración de su extraordinaria madre, estuvimos hablando del estado de las cosas, en cuanto a arte, cultura y educación.

Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel (FIG Bilbao) : Segunda Convocatoria da 7ª edición de Open Portfolio para Artistas Emerxentes [BIBLIOTECA]

O Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel, FIG Bilbao, abre a segunda convocatoria da sétima edición de Open Portfolio para artistas emerxentes en colaboración coa Fundación ‘ ace de Buenos Aires, Arxentina. 

DESTINATARIOS 
Open Portfolio FIG Bilbao está dirixido a todos aqueles artistas emerxentes cuxa práctica se centre no campo da estampa e a obra sobre papel ou teñan unha actividade destacada nese ámbito.
 
OPEN OUTUBRO 2020
Nesta primeira fase seleccionaranse un máximo de 16 artistas para participar nas segundas xornadas Open do 2020 que se celebrarán de forma virtual entre o 26 e 30 de outubro.
As xornadas consistirán nunha presentación dos proxectos a través da website https:// openportfolio.es/  
Un xurado internacional seleccionará a catro artistas que participarán na Feira FIG Bilbao do mes de novembro.

PRAZO
O prazo de presentación da segunda convocatoria de 2020 finaliza o 15 de outubro e as propostas deben enviarse vía correo electrónico á dirección: openportfolio@figbilbao.com

PREMIO
O premio consistirá nun espazo expositivo na seguinte edición de FIG Bilbao 2020 e unha residencia na Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, A Coruña. 

Más información: https://www.figbilbao.com/feria/

sábado, 26 de setembro de 2020

134 Aniversario da Creación da Escola Municipal de Artes e Oficios [BIBLIOTECA]


O 26 de setembro de 1886 "un domingo ás catro e media da tarde" tivo lugar a fundación da Escola de Artes e Oficios. Presidiu o acto o ex ministro de Fomento Eduardo Chao que pronunciou un entusiasta discurso excitando a todas as clases da sociedade que deixen aparte as mezquinas ruindades políticas e presten o seu apoio á escola de Artes e Oficios a fin de obter os resultados apetecibles... 

Eduardo Chao

Terminada a sesión, o público percorreu as instalacións. A Escola de Artes e Oficios tivo a súa primeira sede na rúa do Circo, hoxe Eduardo Iglesias, número tres, un edificio propiedade de Augusto Bárcena, que pronto resulto insuficiente para albergar ou elevado número de alumnos que acudían ás súas clases.

A Escola foi unha iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos "La Cooperativa" presidida por Manuel Diego Santos.

En Vigo viñan sucedendo, desde facía anos, os intentos de crear unha Escola, dándose, ademais, na cidade, un caldo de cultivo para o establecemento dun centro que se ocupase de formar ao artesán nas artes e os oficios, completar a súa formación, a miúdo deficiente, e perfeccionarse na técnica das súas respectivas profesións. Este anhelo recollía tamén as inquietudes das sociedades obreiras e agrarias, ese mesmo interese existía tamén entre a mocidade de Vigo e no resto das poboacións circundantes. A sociedade viguesa e os seus prohomes deixaban constancia dese interese nas páxinas da prensa local, conscientes da necesidade de elevar o nivel da instrución das clases traballadoras en beneficio do desenvolvemento da cidade.

Desde o 10 de outubro de 1888 o Concello de Vigo faise cargo da Escola convertendose nun establecemento municipal de ensino, con subvencións puntuais da Deputación, do Estado e dalgúns cidadáns.

No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa: un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz. Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, costeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira a "cuya instrucción, cultura y progreso van unidos el progreso, adelanto y cultura de los pueblos"

mércores, 23 de setembro de 2020

Daniel Johnston [DEBUXO]

 Os 11 de setembro  desde o ano 2001 son recordados por aquelas fatídicas imaxes de NY que cambiaron o mundo. Tamén o 11 de setembro os cataláns celebran o seu día, a diada. Pero a data do 11 de setembro agora tamén me lembrará a Daniel Johnston, xa que hai un ano, xusto, que faleceu á ideade de 59 anos. Johnston é coñecido como músico, cancións de gran sensibilidade versionadas por grupos ben coñecidos dos 90 como Yo la tengo, pero tamén será recordado como debuxante... unha sorte de debuxo adolescente pop americano. No ano 2012 tiven a sorte de vicularme dalgún xeito e estar perto da exposición e concerto que se fixera na Casa Encendida de Madrid , "Visiones simbólicas". Alí estaba eu en primeira liña... perto do mito. A exposición  foi unha retrospectiva da obra de Johnston que recollía todo o seu mundo obsesivo, diaños, super heroes e a imaxe idealizada do seu amor de adolescencia, Laurie. O exmánager e amigo Jeff Tartakov foi recompilando e gardando este material gráfico ao longo dos anos cos que fixo unha colección . Grazas a el puidemos gozar da súa obra, que nace para ilustrar as portadas dos cassettes que producía Daniel de xeito artesanal na súa casa. 

Ver a Johnston en directo foi unha mestura de sensacións entre ternura e pena.... o idealizado autor que coñecera e me entusiasmara na película The Devil and Daniel Johnston ... era un home desfeito subido a un escenario, sen dentes e coa camiseta manchada de lamparóns, cunha limitada voz, unha man temblequeante e pouca aptitude no escenario. Pero as cancións... as cancións... escoitar Speeding Motorcicle ou True love will find you in the end da voz de Johnston foi marabilloso... emocionante.



venres, 18 de setembro de 2020

Pasado e resente do Pito pastoríl na Galicia [CAIM GAITA]

Hoxe quero compartirvos o artigo moi interesante, "Pasado e presente do Pito pastoril na Galicia",

Publicado na revista Aturuxo (nº 19, pp. 48-54, 2019) da Asociación de Gaiteiros Galegos, e escrito por Efraim Díaz. Nel dase conta dos avances nas investigacións sobre este instrumento por parte do IGAESPI (Instituto Galego para o estudo do Pito Pastoríl), dende o século XIX ata a actividade do IGAESPI.

 Pinchar na ligazón para acceder directamente: https://issuu.com/agg./docs/aturuxo19/48

xoves, 17 de setembro de 2020

A Imprenta e o Libro no Século XVII [BIBLIOTECA]


O século XVII é coñecido como o século do Barroco, das monarquías absolutas e da Igrexa da Contrarreforma, do esplendor das literaturas nacionais e do desenvolvemento doutros campos de coñecemento como a física, a astronomía e as matemáticas. Estivo fortemente marcado por grandes crises e transformacións que o converteron nunha época de retroceso en Europa, xa que a evolución global da economía e a poboación foron negativas e a produción agraria padeceu sucesivas crises. Isto causou unha serie de grandes fames negras que deron pé á aparición de epidemias e pestes. Tamén foi un século de guerras de relixión, especialmente  a dos Trinta Anos, que dividiu Europa en católicos e protestantes.

Esta situación tivo o seu reflexo no mundo do libro. Todos estes acontecementos políticos, relixiosos, económicos e culturais foron causantes da crise editorial e dos cambios no aspecto formal e temático do libros que se poden resumir en:

mércores, 16 de setembro de 2020

RETOMANDO CONTACTO [TALLA E ESCULTURA]

     RETOMANDO CONTACTO

O silencio da humanidade, Sonia Portela
obra realizada no confinamiento
alumna de Escultura e talla

Dende primeiros de setembro estamos a traballar para poder comezar o curso 20-21 dentro da maior seguridade e normalidade posible que esta situación na que todos nos atopamos  permítanos. Iso que chamamos "nova normalidade" esíxenos ser absolutamente coidadosos no noso espazo de traballo, adecuarnos a novas normas e ser máis respectuosos se cabe cos espazos compartidos. A  EMAO ten unhas características específicas na forma de vivir a escola, as clases impartidas nos distintos talleres son teórico-practicas, é dicir os alumnos e alumnas que acoden ao centro teñen unha relación coa aula moi diferente á doutros centros de ensino, na aula de escultura e talla gran parte do noso tempo de aprendizaxe pasámolo no taller, lugar de traballo común no que nos movemos e compartimos distintos lugares, materiais e ferramentas, polo que iso esíxenos como docentes repensar e reestruturar esa posta en escena dentro da aula. De aí os nosos esforzos para que todo flúa o mellor posible tentando minimizar os posibles riscos que esta situación anormal está a obrigarnos a normalizar. Esperamos que todos e todas nos adaptemos ás novas normas no espazo compartido, desde a comprensión e o respecto xerando un ambiente de traballo o máis san en todos os sentidos.

Por iso esperámosvos a partir do 1 de Outubro con moitísimas ganas para comezar un novo curso con enerxías renovadas. 

Imos comenzar con responsabilidade e ilusión [CAIM GAITA]

EMAO
Unha vez máis a escola vese obrigada a adiar o comenzo das clases, nesta ocasión ata o día 1 de outubro. Agardamos que esta sexa a data definitiva e poidamos comenzar a traballar, logo deste longo parón obrigado pola Covid-19.

martes, 15 de setembro de 2020

Por un erro informático, anulado o sorteo de asignación de prazas vacantes da EMAO celebrado o 14/09/2020 [ADMINISTRACIÓN]

ANULACIÓN DO SORTEO PRAZAS VACANTES NA EMAO PARA O CURSO 2020-21 POR ERRO INFORMÁTICO E CONVOCATORIA DE NOVO SORTEO.

Damos conta e reproducimos o Decreto de data 15/09/2020 polo que se anula o sorteo -e as listas de admitidos provisionais derivadas del- celebrado o día 14/09/2020 ao detectarse un erro informático que afecta á aleatoriedade do proceso e á igoaldade de todas as persoas pre-inscritas.

O novo sorteo celebrarase o 18/09/2020 ás 11:00 horas na sala de Hemeroteca da Escola. Pedimos disculpas polas molestias e inconvenientes causados por causas alleas á nosa vontade, pero consideramos insoslaiable realizar a repetición do proceso para non danar os intereses da maior parte dos preinscritos. 

_____________________________

"O concelleiro delegado de Educación en Decreto de data 02/06/2020 acordou, entre outras cuestións, a modificación da convocatoria do curso 2020-21 no sentido de substituír as probas previstas inicialmente para o acceso aos cursos de iniciación e básicos por un sorteo a celebrar o día 14/09/2020.

Inicio das clases da EMAO o 1 de outubro [ADMINISTRACIÓN]

A EMAO INFORMA:

Coa finalidade de garantir da mellor maneira as condicións de seguridade e hixiene para o profesorado e alumnado da Escola, a data de inicio das clases do curso 2020-21 cámbiase para o día 1 de outubro. Seguirase o horario publicado para todas as especialidades.
O inicio das clases de Encadernación e Moda e confección adíase ata novo aviso.
O que se lle comunica aos efectos oportunos.

Adeus a un Grande [COIRO]

Última imaxe de perfil de Whatsapp de Luis

Onte pola noite e case por casualidade nos enteramos do pasamento dun gran Artesán do Coiro, Luis Dominguez Rojas, un Mestre no "Tallado en Piel" que contribuiu co seu traballo e coa súa paixón a facer Ubrique o que coñecemos como a Meca do Coiro.

Tiven a oportunidade de falar con el por teléfono en varias ocasións no ano 2017, xa que tiñamos un interese especial en que a obra de Luis fose parte da nosa exposición #handmadenothomemade, descubrín un home con moito caracter que falaba do seu traballo con moito amor, e que era unha enciclopedia andante da historia do oficio do Coiro no seculo XX. Ó final non puidemos traer a súa obra dado o gran tamaño dos seus cuadros e quedaron pendentes para unha próxima exposición. Unha pena que marchase sen poder falarnos el na Escola sobre a súa obra, pero insistiremos en que a súa obra sexa apreciada no Espazo EMAO.


Boa Viaxe Luis.

Deixovos aquí un traballo que ahi uns anos a nosa alumna Lúa Fernandez Alfaya realizou sobre este senlleiro Personaxe.

luns, 14 de setembro de 2020

Ata sempre [CERÁMICA]

O 25 de xunio facía unha entrada neste blogue para mostrarvos algo, do que dicía, que era un dos artistas vivos máis versátiles e progresistas, non só de Xapón, se non que o seu recoñecemento era extensisvo ao resto do mundo. Koie Ryoji.

Hoxe tristemente volvo sobre el para comunicarvos o seu falecemento á idade de 82 anos.

A súa xenerosidade e espontaneidade non tiña límites, e así mo demostrou as veces que coincidimos en Olot, Talavera e Tokoname en 2003; de onde procede esta instantánea.

Kampai Mestre.

Sorteo das Prazas Vacantes na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

 

Esta mañá as 12:00, tivo lugar na hemeroteca o sorteo, mediante un sistema aleatorio informático, das prazas vacantes de cada unha das especialidades que se imparten na nosa Escola. Os listados co resultado do sorteo están expostos no taboleiro da Escola  e na web-EMAO

Os listados do sorteo serán, a todos os efectos, considerados, pola orde resultante, como listas de reserva para o caso de que, ao longo do primeiro trimestre do curso, se producisen baixas no alumnado matriculado.

Lémbrase que a matrícula das persoas seleccionadas é obrigatoria e debe facerse presencial nas oficinas da EMAO, aportando copia do DNI. Días: do 15 ao 18 de setembro en horario de 9:00 a 14:00.

Máis información

ACTUALIZACIÓN 15/09/2020.- O Sorteo celebrado o día 14/09/2020 foi anulado ao detectarse un erro informático crítico: Información

Documento histórico [DEBUXO]

 Eu son un grande oínte de radio. Desde sempre na casa dos meus pais a radio permanecía acendida todo o día. Hoxe a radio "á carta" permite que en calquera momento poidas escoitar os programas que che interesan e que non escoitaches nos momentos nos que se emitiron en antena. O outro día escoitando o programa  Documentos de RNE acordeime da libreta de Bety, unha exalumna de Debuxo que participou na proposta que fixera no mes de abril "o que vexo desde a fiestra". O programa trataba a "Pandemia de 1918 chamada gripe española". Narraba o que aconteceu naquel momento, algo similar ao que estamos a vivir hoxe, noutro contexto, outras condicións, pero con certas similitudes. O documento deste programa é sonoro, as imaxes ten que crealas o oínte e iso paréceme fascinante. Eu, polo xeral, despois de escoitar estes programas, busco o documento en imaxes, pero desta vez acordeime da libreta de Bety. Ela non fixo unicamente un debuxo da proposta, documentou en debuxos todo o acontecido nos días do confinamento. Paréceme un emocionante documento histórico que dentro de 100 anos pode que alguén o utilice como exemplo en imaxes do que vivimos no 2020. 


martes, 8 de setembro de 2020

Lace World of Marian Núñez [BIBLIOTECA]


Nesta ligazón podedes ler a entrevista á nosa profesora de Deseño e Encaixe de palillos, Marian Núñez que baixo o título Lace World of Marian Núñez publicouse no blogue é Bobbin Lace Online.

Importante: Modificación da Convocatoria do curso 2020-21 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

IMPORTANTE:
MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DO CURSO 2020-21 NA EMAO

No apartado 0 da convocatoria do curso 2020-21 na Escola Municipal de Artes e Oficios (Decreto do Concelleiro delegado de Educación de 02/06/2020) prevíase a posibilidade, en función das circunstancias concorrentes nas datas de inicio do curso, de modificar as características desta convocatoria (datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online...)
A situación actual da pandemia COVID-19 e a necesidade de adaptarse ao escenario e condicións previsibles, así como circunstancias sobrevidas en relación co profesorado, obrigan a realizar os seguintes cambios na citada convocatoria, que se serán efectivos a partir da súa publicación:

1. Comezo de curso: previsto para o 14 de setembro, adíase ata o día 21 de setembro.

2. Coa finalidade de evitar a concentración de persoas nas instalacións, de xeito xeral e excepcional para todas as especialidades substitúese a proba de acceso ás prazas vacantes, por un sorteo, coas seguintes características:

a) Terá carácter público (cun máximo de 10 asistentes, previa cita) e será presidido por unha mesa composta por:
  • Xefa do Servizo de Educación ou persoa na que delegue.
  • Xefe de estudos da EMAO, que actuará como secretario
  • Un funcionario/a adscrito/a á Unidade Administrativa da EMAO, nomeado pola Xefa de Servizo de Educación.
b) O sorteo celebrarase o día 14 de setembro ás 12:00 h. mediante sistema aleatorio informático. Faráse un sorteo por cada unha das especialidades.
c) O secretario levantará acta do resultado do sorteo, que será exposta no Taboleiro e na web-EMAO.
d) Os listados do sorteo serán, a todos os efectos, considerados, pola orde resultante, como listas de reserva para o caso de que, ao longo do primeiro trimestre do curso, se producisen baixas no alumnado matriculado.

3. Vistas as condicións actuais das aulas-taller que se citan, coa fin de mellorar a seguridade do alumnado e profesorado, modifícanse -exclusivamente nas especialidades que se citan de seguido-, o número de prazas vacantes de novo ingreso ofertadas inicialmente nestas, conforme ao seguinte cadro:

Especialidade                                Prazas iniciais           Prazas finais 
                                                       (Nivel Básico)         (Nivel Básico)
* Cerámica artística                                   1                              0
* Serigrafía artística                                   9                              5
* Deseño e encaixe de palillos                   5                              3

As vacantes do resto das especialidades non se modifican, quedando igoal cá no cadro publicado coa convocatoria inicial.

4. Como consecuencia da baixa laboral da mestra titular o comezo do curso na especialidade de Moda e Confección adíase ata novo aviso.

5. Como consecuencia da recente renuncia ao seu posto de traballo do mestre de Encadernación, adíase o inicio do curso nesta especialidade, ata novo aviso, unha vez realizadas as probas selectivas correspondentes para cubrir a vacante docente producida.

6. Modifícanse os prazos previstos na Convocatoria inicial, quedando o calendario do seguinte xeito:

   - 9 de xullo ao 4 de setembro: admisión de solicitudes de pre-inscrición para alumnado de novo ingreso e do de convalidación para acceso a cursos superiores. Só recepción por internet e correo electrónico.
   - 8 de setembro: Publicación listados solicitantes novo ingreso
   -14 de setembro:
       . Celebración do sorteo, ás 12 horas
       . Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo. Listado de admitidos por convalidación.
   - 15-18 de setembro: Formalización da matrícula do alumnado de novo ingreso e de convalidación. A matrícula é obrigatoria: farase de xeito presencial na Administración da Escola, en horario de 9:00 a 14:00 h, aportando copia do DNI. De non formalizarse nese prazo admitirase á seguinte persoa da lista de reserva. A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e normativa que rexen a actividade da Escola.
    - 21 de setembro: inicio de curso (agás Moda e confección e Encadernación)

O Concelleiro delegado de Educación en Decreto de data 08/09/2020  RESOLVEU o seguinte:

1. Aprobar a modificación da Convocatoria inicial do curso 2020-21 na Escola Municipal de Artes e Oficios.
2. Publicar esta modificación e notificala ao alumnado matriculado e pre-inscritos no curso 2020-21 nesta Escola.

Publicado o listado de persoas preinscritas na EMAO no curso 20-21 [ADMINISTRACIÓN]

Como estaba previsto no calendario de prazos da Convocatoria inicial do curso 2020-21, o apartado da EMAO da páxina web do Concello de Vigo, vén de publicar o listado de persoas preinscritas nas distintas especialidades da Escola.

Pódese consultar aquí.

xoves, 3 de setembro de 2020

Exposición na EMAO: "50 anos na arte de Diego de Giráldez" [BIBLIOTECA]

 

Lembrarvos que ata o 30 de setembro podedes visitar a exposición "50 anos na arte de Diego de Giráldez", na nosa sala de exposicións Espazo EMAO. En horario de tarde: 18:30 a 21:30 h.

Esta exposición na que se exhiben unha importante cantidade de obras pretende ofrecer ao público unha visión xeral do artista, da súa principal produción creativa pero tamén amosar os seus inicios como aprendiz na nosa Escola. 

Lugar: Espazo EMAO-Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Avda. García Barbón, 5 -entradas por rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: Ata o 30 de setembro de 2020
Horario: laborables de 18:30 a 21:30 horas
Produción: Casa-Museo Diego de Giráldez e Concellería de Educación. Escola Municipal de Artes e Oficios. Concello de Vigo.