martes, 8 de setembro de 2020

Importante: Modificación da Convocatoria do curso 2020-21 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

IMPORTANTE:
MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DO CURSO 2020-21 NA EMAO

No apartado 0 da convocatoria do curso 2020-21 na Escola Municipal de Artes e Oficios (Decreto do Concelleiro delegado de Educación de 02/06/2020) prevíase a posibilidade, en función das circunstancias concorrentes nas datas de inicio do curso, de modificar as características desta convocatoria (datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online...)
A situación actual da pandemia COVID-19 e a necesidade de adaptarse ao escenario e condicións previsibles, así como circunstancias sobrevidas en relación co profesorado, obrigan a realizar os seguintes cambios na citada convocatoria, que se serán efectivos a partir da súa publicación:

1. Comezo de curso: previsto para o 14 de setembro, adíase ata o día 21 de setembro.

2. Coa finalidade de evitar a concentración de persoas nas instalacións, de xeito xeral e excepcional para todas as especialidades substitúese a proba de acceso ás prazas vacantes, por un sorteo, coas seguintes características:

a) Terá carácter público (cun máximo de 10 asistentes, previa cita) e será presidido por unha mesa composta por:
  • Xefa do Servizo de Educación ou persoa na que delegue.
  • Xefe de estudos da EMAO, que actuará como secretario
  • Un funcionario/a adscrito/a á Unidade Administrativa da EMAO, nomeado pola Xefa de Servizo de Educación.
b) O sorteo celebrarase o día 14 de setembro ás 12:00 h. mediante sistema aleatorio informático. Faráse un sorteo por cada unha das especialidades.
c) O secretario levantará acta do resultado do sorteo, que será exposta no Taboleiro e na web-EMAO.
d) Os listados do sorteo serán, a todos os efectos, considerados, pola orde resultante, como listas de reserva para o caso de que, ao longo do primeiro trimestre do curso, se producisen baixas no alumnado matriculado.

3. Vistas as condicións actuais das aulas-taller que se citan, coa fin de mellorar a seguridade do alumnado e profesorado, modifícanse -exclusivamente nas especialidades que se citan de seguido-, o número de prazas vacantes de novo ingreso ofertadas inicialmente nestas, conforme ao seguinte cadro:

Especialidade                                Prazas iniciais           Prazas finais 
                                                       (Nivel Básico)         (Nivel Básico)
* Cerámica artística                                   1                              0
* Serigrafía artística                                   9                              5
* Deseño e encaixe de palillos                   5                              3

As vacantes do resto das especialidades non se modifican, quedando igoal cá no cadro publicado coa convocatoria inicial.

4. Como consecuencia da baixa laboral da mestra titular o comezo do curso na especialidade de Moda e Confección adíase ata novo aviso.

5. Como consecuencia da recente renuncia ao seu posto de traballo do mestre de Encadernación, adíase o inicio do curso nesta especialidade, ata novo aviso, unha vez realizadas as probas selectivas correspondentes para cubrir a vacante docente producida.

6. Modifícanse os prazos previstos na Convocatoria inicial, quedando o calendario do seguinte xeito:

   - 9 de xullo ao 4 de setembro: admisión de solicitudes de pre-inscrición para alumnado de novo ingreso e do de convalidación para acceso a cursos superiores. Só recepción por internet e correo electrónico.
   - 8 de setembro: Publicación listados solicitantes novo ingreso
   -14 de setembro:
       . Celebración do sorteo, ás 12 horas
       . Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo. Listado de admitidos por convalidación.
   - 15-18 de setembro: Formalización da matrícula do alumnado de novo ingreso e de convalidación. A matrícula é obrigatoria: farase de xeito presencial na Administración da Escola, en horario de 9:00 a 14:00 h, aportando copia do DNI. De non formalizarse nese prazo admitirase á seguinte persoa da lista de reserva. A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e normativa que rexen a actividade da Escola.
    - 21 de setembro: inicio de curso (agás Moda e confección e Encadernación)

O Concelleiro delegado de Educación en Decreto de data 08/09/2020  RESOLVEU o seguinte:

1. Aprobar a modificación da Convocatoria inicial do curso 2020-21 na Escola Municipal de Artes e Oficios.
2. Publicar esta modificación e notificala ao alumnado matriculado e pre-inscritos no curso 2020-21 nesta Escola.

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!