martes, 29 de setembro de 2020

Inspiración [DEBUXO]

 Xa falta pouco para empezar o curso. Xa temos ganas, ainda que non deixa de planear  certa incertidume  por riba das nosa cabezas, como unha especie de diaño que deixa ver a súa sombra proxectada no chan...pero que descoñecemos realmente como é. Eu son dos que pensa que cando veñen circunstancias adversas que desmontan a nosa vida o noso ritmo cotián ao que xa estabamos afeitos, temos, máis que facerlle fronte, facer amizade con elas para sacar algo positivo, mirando cara diante e pensando no curto prazo, dándolle a man a adversidade e preguntándolle..¿Qué me ofreces?.

Cando intento visualizar como vai ser o obradoiro de Debuxo este próximo curso, a verdade é que non me gusta...levo días dándolle voltas a isto. Non me gusta a disposición e separación das mesas, nin ter que levar a máscara, non me gusta que non podamos interactuar entre nós como facíamos . Non vai ser doado, pero gardar o protocolo polo ben común é fundamental, é a nosa responsabilidade como cidadáns. Non obstante...temos que facer da adversidade algo de proveito. Séneca dicía que " Non hai home menos afortunado que o home a quen a adversidade esquence, pois non ten a a oportunidade de poñerse a proba".

Cando intento visualizar tódalas propostas de debuxo que podemos facer no exterior iso reconfórtame. Visualizo aos grupos debuxando cas nosas sinxelas ferramentas, disfrutando dos espazos urbanos e rexistrandoos dun xeito subxetivo nos nosos cadernos. Este próximo curso temos que facernos donos das rúas, e sacar algo moi positivo de todo isto, do debuxo do natural e as posibilidades que nos ofrece o espazo urbano...no que realmente acontece e se atopa todo. O espazo urbano ten infinitas posibilidades, perspectivas, pequenos recunchos cargados de encanto, obxetos e mobiliario, persoas que poden posar ou que pasean, automóviles, xardíns con árbores e prantas, carteis publicitarios, animais, ceo...terra, asfalto. Este ano máis que nunca teremos que explorar e explotar todas esas posibilidades que ofrece a cidade para o debuxo...facendo desta adversidade unha oportunidade. Cada grupo co seu nivel, claro.



Nos últimos anos xa traballamos o debuxo na rúa, agardábamos ao mes de abril para empezar a sair do obradoiro, pero xa vos adianto que este ano a rúa, a contorna, vai ser unha prolongación da nosa aula, por iso quero deixar estes enlaces inspiradores, do movemento  Urban Sketchers, que probablemente algúns xa coñezades.

CITIZENSKETCHERS 

URBANSKETCHERS

URBANSKETCHERSESPAÑA


Este movemento comenzou no ano 2007 da man de Gabriel Campanario e se extendeu por todo o mundo mediante blogs e redes sociais. Contan con un manifesto e con miles de seguidores que presentan as súas obras en blogs de moi doado acceso. Na biblioteca da Emao temos unha boa colección de títulos con esta temática que poden tamén resultar moi útiles como guias didácticas.

DEBUXOS DE CAMPANARIO


As técnicas usadas son diversas e moi variadas, abundando sobre todo os traballos en acuarela, rotuladores acuarelables, plumillas e estilógrafos, eso si, cada obra está realizada in situ, nunha soa sesión. Esto obriga a desenvolver unha gran habilidade no manexo das mesmas, que teremos que reforzar na aula, pero tamén a valorar a información que é descartable ou interpretable dun xeito menos analítico na  composición, co fin de que conxunto sexa fresco, espontáneo e se poda concluir nunha sesión.

Sketcher especial Madrid

NATUREZA

Ainda que abundan os temas urbanos, a natureza tamén aparece representada nos cadernos destes debuxantes ou sketchers, como é o caso da asturiana Catalina Somolinos. Visualizo aos grupos de Debuxo quedando na praia do Vao, co fin de debuxar o mar, unha árbore, as Cíes ao fondo. Sentarse a escoitar o vento, o mar, mentres te empapas da paisaxe a través do debuxo penso que é unha das cousas máis pracenteras da vida.

DEBUXOS DE CATALINA SOMOLINOS




Eu este verán, despois de tanto tempo pechado tiven tamén a necesidade de ter ese contacto ca contorna natural a través do debuxo. Temos a sorte de vivir nun lugar que ofrece unha naturaleza espectacular moi próxima e que tamén podemos aproveitar este curso. A praia, o monte que temos cerca, son motivos que nos farán sair do obradoiro. Comparto estes dous debuxos de espazos máxicos para min que debuxei no verán.




Todos estes debuxos deixan a pegada dun momento, son imaxes que narran unha época, a nosa. O verdadeiro valor de cada debuxo reside na relación que se establece entre o debuxante e o espazo ou o motivo debuxado, porque tanto o un como o outro atópanse espidos. O debuxante ten que romper ese medo a ser observado ou xulgado polo observador curioso....concentrarse na tarefa e formar parte, misturarse co que está a debuxar. 

Agardo que todo este material sexa inspirador e vos anime para comenzar o curso con folgos. Xa nos vemos pronto.



4 comentarios:

  1. Qué subidón co teu entusiasmo 😊😊

    ResponderEliminar
  2. Moito ánimo co novo curso. 😁

    O grupo de USK Rías Baixas creo que leva cerca de dous anos nas rúas galegas. As veces quedamos cos Bosquejeiros de Santiago o con o grupo de dibujo de Ourense que non recordo neste momento o nome de eles. 🤔🙄

    Non teño FB como para aportar ligazón, a páxina de IG é https://instagram.com/uskriasbaixas?igshid=hhm3sh4xzway

    Hai quedada neste próximo sábado pola mañá en Vigo na praza Constitución as 11:30. Sería un pracer contar convosco. 😊🖼️🎨🖌️🖍️

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tomo nota. Sei que alumnado algunha vez fixo quedada con algún grupo de USK de Vigo. Moitas grazas pola aportación.

      Eliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!