martes, 28 de febreiro de 2023

Conferencia "Alfombra de Nudo Español. Historia, Técnica e Evolución" por Paula Navas da Real Fábrica de Tapices [OUTRAS NOVAS]

Xoves 2 de marzo de 2023
de 
19:30h a 20:30h
por
Paula Navas
(Real Fábrica de Tapices)
 na 
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios
(Rúa García Barbón, 5)

En 2022, declárase o nó español como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. Entre as diversas técnicas artesanais de anudado de alfombra, o nó sinxelo, chamado “o nó español” empregouse case exclusivamente nas antigas alfombras fabricadas na península ibérica, de aí a súa denominación. O nó español caracterízase porque na súa realización, a lazada abraza un único fío de urdimbre de maneira alterna, a diferenza doutras técnicas. 

A conferencia tratará diferentes aspectos desta técnica, comezando pola súa contextualización histórica, desde as orixes e aparición da mesma, ata a actualidade, clasificación estilístico-artística das alfombras de nó español e o seu proceso de occidentalización desde eses primeiros exemplares hispanomusulmanes. Finalmente, unha descrición das características materiais e dos aspectos técnicos do nó sinxelo e o seu proceso de fabricación na Real Fábrica de Tapices, unha das manufacturas reais onde aínda mantén a súa actividade como fabricante de tapices, alfombras e reposteiros seguindo a tradición artesanal do século XVIII.

Entrada Libre ata completar aforo.

luns, 27 de febreiro de 2023

Presentación do Libro "Facedores de Imaxes" de Vitor Vaqueiro [ OUTRAS NOVAS]


 Martes 28 de febreiro ás 19:30 horas 

Presentación do libro 

Facedores de Imaxes

de  

Vitor Vaqueiro

Organiza a Asociación Cultural Pertenza

Venres da EMAO 3-3-2023. Elena Ferro. Dignificar un oficio [Artesanía en Coiro]

 

Elena Ferro petence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a un producto asociado ó rural e ó traballo do campo, agora empregados como complemento de moda con deseños e cores arriscadas, engadindo un elevado grao de innovación a un produto tradicional. 

Elena gañou diversos premios e recoñecementos, entre os que se pode destacar o Premio de Artesanía Antonio Fraguas 2010 ou Premio Nacional de Artesanía 2019.

Presenta Pepe Pereira. Mestre de Artesanía en Coiro.
Data: 3 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

venres, 24 de febreiro de 2023

Fotos da Conferencia de María Moreira [VENRES EMAO]


María Moreira e Emma González

 

María Moreira. Rompendo Moldes na Moda [VENRES EMAO]

    Publicado en Faro de Vigo

 

Grazas a Faro de Vigo polo artigo sobre María Moreira que esta tarde protagoniza un novo Venres da EMAO.

María Moreira é unha deseñadora galega cunha recoñecida traxectoria no mundo da moda. Comezou moi nova coa súa marca e axiña se fixo un oco entre os deseñadores noveis da España dos oitenta, sendo pioneira na Pasarela Cibeles. María Moreira establecera unha estreita vinculación coa denominada Movida viguesa e madrileña. É nese marco no que entra en contacto co mundo do cine colaborando con Pedro Almodóvar en películas como ‘Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón’ e ‘Mujeres al borde de un ataque de nervios’, na que se ocupou do vestiario de Carmen Maura; ou con Rafael Moleón en ‘Baton Rouge’.

Hoxe, xa xubilada segue a traballar nun proxecto de inclusión a través da moda en Cabo Verde, onde inaugurou o seu primeiro pase en xullo de 2016, que leva o nome de Rendeiras Desing Academy.

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 24 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Presentación do Forum do Instituto de Estudios Vigueses na Biblioteca [OUTRAS NOVAS]


Onte foi a presentación do Forum do Instituto de Estudios Vigueses na nosa biblioteca.

Xoves 23 de febreiro, 11.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. 
Presentación do FORUM 2023 a cargo de Xoan Carlos Abad Gallego, presidente do Instituto de Estudios Vigueses, e de Antonio Giráldez Lomba, membro do Instituto de Estudios Vigueses.

Xoves 2 de marzo, 19.30. Lugar: Auditorio da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. 1º andar.
A música celta: historia e marca creadora de riqueza cultural. Por Carlos Núñez, músico, presentado por Antonio Giráldez Lomba, membro do Instituto de Estudios Vigueses, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia.

Xoves 23 de marzo, 19.30. Lugar: Auditorio da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. 1º andar. Recital de voz e piano. A auga na poesía e na música en Galicia: escolma para voz e piano. Por Susana de Lorenzo, soprano lírica e compositora. Alejo Amoedo, pianista e doutor pola Universitade Politécnica de Valencia.

Xoves 13 de abril, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. 
José Gil, o iconauta de Vigo. Por Manolo González, historiador, profesor de Historia de España e Cultura Audiovisual e autor dunha biografía sobre José Gil, presentado por José Luis Mateo, membro do Instituto de Estudios Vigueses e licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago.

Xoves 27 de abril, 19.30. Lugar: Auditorio da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. Proxección de cortos de José Gil con acompañamento ó piano. Por José Luis Mateo, membro do Instituto de Estudios Vigueses e licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago, con acompañamento de Cándido Cabaleiro, pianista e profesor de Música.
  • Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda. (1928), 34 minutos.
  • Cinemóvil reclame (1928-1929), 14 minutos.
Xoves 18 de maio, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios.  
Vigo, cidade inclusiva e a súa diversidade. Por Cipriano Luis Jiménez Casas, médico psiquiatra e Director Xeral de Fundación Menela, presentado por Jacinto Lareo, membro do Instituto de Estudios Vigueses, doutor en Dereito e presidente da Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual SALVORA.

Xoves 5 de outubro, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios.  
O desenvolvemento urbano de Vigo con mapas. Por Xosé Manuel Souto, doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago e profesor titular da Universidade de Valencia, presentado por Juan Miguel González Fernández, doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago.

Xoves 19 de outubro, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios.
Vigo no Eixe Atlántico. Por Xoan Vázquez Mao, Secretario do Eixe Atlántico, presentado por Antonio Giráldez Lomba, membro do Instituto de Estudios Vigueses, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia.

Xoves 9 de novembro, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. Proxección empresarial de Vigo: empresas de futuro. KALEIDO, MARINE STRUMENTS e ALÉN SPACE. Presenta María del Pilar López Vidal, membro do Instituto de Estudios Vigueses, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola universidade de Santiago e profesora de Organización de Empresas da Universidade de Vigo.

Xoves 23 de novembro, 19.30. Lugar: Hemeroteca da EMAO. Escola Municipal de Artes e Oficios. Antonio Palacios, arquitecto. Sincretismo nas barriadas de Antonio Palacios. Por José Luis Varela Alén, doutor en Arquitectura e profesor de Ensino Medio, presentado por José Luis Mateo, membro do Instituto de Estudios Vigueses e licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago.

xoves, 23 de febreiro de 2023

Presentación do libro "Lagarta, lagarta" [SERIGRAFÍA]

Mañá, venres 24, presentación do libro Lagarta, lagarta escrito por Elvira Ribeiro e ilustrado por Sofía Venzel, ex alumna de serigrafía artística. Parabéns Sofía!

 

Nada en San Petesburgo pero residente en Vigo, Sofía adícase á ilustración. Os seus traballos foron seleccionados e expostos en varios certames internacionais como o da feira do libro infantil de Bolonia (2018). Fai dous anos publicou o seu primeiro libro, Al Sur, Thule ediciones, Barcelona. estivo como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.

Al sur 

Entre bastidores

Entroido 2023 na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 

Este ano o equipo da EMAO quixemos recrear, co espírito do entroido, unha foto de 1924 publicada en Vida Gallega, entón un grupo de profesores e empregados da Escola Municipal de Artes e Oficios reuníronse para despedir a Balbino Vázquez, catedrático deste centro docente e tenente coronel de infantería que foi nomeado delegado gubernativo en Béjar.


 

martes, 21 de febreiro de 2023

Presentación do libro "Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes" de Alfonso Pexegueiro [OUTRAS NOVAS]

 

 

O poeta Alfonso Pexegueiro presentará o xoves 23 de febreiro ás 19:00h, na hemeroteca, o seu novo libro Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes, editada por Lumbría Editorial. Pexegueiro estará acompañado por Abel Caballero e contará coa intervención musical de Begoña Riobó & Anxo Pintos.

Iqbal empezou a oir palabras da mesma forma que antes vira a ponte: pluma, escritura, silencio, colo, sedra, mashru, pedra, tritón, cabalo, néboa, xigante, heimatlos, oserne...As palabras calaron e a voz foise afastando, á vez que oía: "Agora, ven e entra nos soños..." 


luns, 20 de febreiro de 2023

Venres da EMAO 24-2-2023. María Moreira. Rompendo Moldes na Moda [MODA E CONFECCIÓN]

 

María Moreira é unha deseñadora galega cunha recoñecida traxectoria no mundo da moda. Comezou moi nova coa súa marca e axiña se fixo un oco entre os deseñadores noveis da España dos oitenta, sendo pioneira na Pasarela Cibeles. María Moreira establecera unha estreita vinculación coa denominada Movida viguesa e madrileña. É nese marco no que entra en contacto co mundo do cine colaborando con Pedro Almodóvar en películas como ‘Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón’ e ‘Mujeres al borde de un ataque de nervios’, na que se ocupou do vestiario de Carmen Maura; ou con Rafael Moleón en ‘Baton Rouge’.

En 1990 fusiónase con Creacións Foque S.L., unha empresa dedicada ao deseño e fabricación de prendas infantís e, en 1997, amplía as súas actividades coa creación dun taller integral de deseño e prototipos: a empresa Diseño, Corte y Confección de Moda.
Algunhas das súas creacións exhibíronse na exposición ‘Con-Fío en Galicia. Vestir Galicia, vestir o mundo’, que tivo lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia de marzo a setembro de 2016, baixo o comisariado de Miguel Anxo Seixas Seoane. En 2010, o Instituto de Estudos Miñoranos tamén lle dedicou a mostra ‘María Moreira. 30 anos de deseño de moda galega’, comisariada por Rosalía Pazo Maside.

Hoxe, xa xubilada segue a traballar nun proxecto de inclusión a través da moda en Cabo Verde, onde inaugurou o seu primeiro pase en xullo de 2016, que leva o nome de Rendeiras Desing Academy.

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 24 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
 

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Presentación do Espacio Hylica [VENRES EMAO]

Régis Floury, Natalia Moreno e Alba Pardo

Hylica [SERIGRAFÍA] [VENRES DA EMAO]

Natalia Moreno e Règis Floury son ex alumnos da EMAO das especialidades de serigrafía artística e construcción de instrumentos musicais (Caim Zanfona).  Estiveron este venres con nos para presentarnos na programación dos Venres Da Emao o espazo Hylica, un espazo de estudo e divulgación de técnicas antigas onde valoran o saber facer artesanal e onde se imparten talleres en colaboración con outros artesáns.

 


Pito pastoríl galego. Un instrumento de seu. [CAIM GAITA]

Un dos atrancos cos que se atopa o pito pastoríl para aceptación como instrumento, e conseguir normalizar o seu emprego por parte dos músicos galegos, non é outro que os propios músicos galegos, e me explico.

Venres da Emao 24-2-2023. María Moreira. Rompendo moldes na moda [MODA E CONFECCIÓN]

María Moreira é unha recoñecida deseñadora galega con unha ampla traxectoria no mundo da moda.

xoves, 16 de febreiro de 2023

Madeiras para instrumentos, un recurso limitado [CAIM GAITA]

Ó longo do tempo, os constructores de instrumentos musicais de madeira buscaron aqueles materiais que mellores calidades e cualidades ofrecían para o seu uso como instrumento. A densidade, a porosidade, a dureza e mesmo a forma e dirección da vetas, son determinantes según o resultado que se persiga.

Buxo
En tempos pasados os recursos utilizados eran, habitualmente, os seleccionados entre aqueles máis cercanos.
No caso da gaita a madeira preferida sempre foi o buxo (buxus semprevirens), xa que ofrecía unas boas características técnicas e, podiase atopar con facilidade en toda Galicia, máis co paso do tempo esta árbore foi escaseando cada vez máis, ata chegar a actualidade que é practicamente un milagre atopar algún buxo no monte. Esta circunstancia, a inquedanza de buscar novas sonoridades e mesmo máis resistencia á humidade (o buxo ten o inconvinte de podrecer con facilidade ante a presencia de humidade), e a facilidade de buscar xa non só nos arredores, senon noutros lugares, fixo que pouco a pouco se foran incorporando outras especies de outras latitudes, que ademáis nos daban unhas características técnicas de de durabilidade moito mellores.

Algunhas destas especies son: Pau Rosa, Pau Santo, Pau violeta, Bubinga, Cocobolo, Pau Ferro, Granadillo, etc, que son importadas por empresas especializadas dende África, America do sur ou América central entre outros. Todas protexidas no Convenio CITES.

Un dos motivos de que estas madeiras teñas esas características concretas é, entre outros, o seu lento crecimento, que sumado á elevada demanda por parte de constructores de todo o mundo, fai que as importacións esten cada día máis restrinxidas, para preservar a supervivencia da especie.

Granadillo africano
Por iso algunha das madeiras, moi apreciadas, que se mencionan máis arriba, na actualidade son prácticamente imposibles de conseguir en Europa, xa que as importacións, si as hai, son mínimas, e os prezos prohibitivos, este é o caso por exemplo do Cocobolo e o Pau Violeta. 

Cada vez que unha madeira empeza a escasear búscanse novas alternativas, e casi sempre aparecen madeiras que por aqui non coñecemos e que teñen as características adecuadas. Neste orde de cousas a última incorporación é o Mopane, unha madeira con especificacións moi similares ó granadillo, que nos permiten estirar un pouco máis o tempo da construcción de instrumentos de madeira.

Xa hai tempo que se está a traballar na busca de novos materias que eviten o consumo masivo de recursos naturais, traballando con polímeros, aglomerados con resinas, etc. Algunos dan bos resultados acústicos, pero non consiguen igualar o timbre cálido dun material vivo como a madeira.

Non sabemos o que nos deparará o futuro, máis esperamos estar aínda por aqui para velo.

mércores, 15 de febreiro de 2023

Ciclo Novas masculinidades 1. A máscara da masculinidade [OUTRAS NOVAS]


16 Febreiro  de 19:30 a 21:00

Que significa ser ‘home’ na sociedade de 2023?
O home ten que ser forte en calquera circunstancia, un home debe amosarse sempre seguro de si mesmo, o home ten que ser valente, decidido, exitoso, líder, un home debe agochar os seus sentimientos…
Ou non?
Con motivo do 8 de marzo, e baixo o título xenérico A igualdade, é cousa de homes?, o Ateneo Atlántico presenta un ciclo de conversas para reflexionar arredor do que debe ser a masculinidade do século XXI.
 
1. A máscara da masculinidade. Nesta primeira proposta do ciclo, e a raíz da exitosa serie Machos Alfa, Pepe Cabido e Luísa Abad conversarán sobre a masculinidade exemónica e reflexionarán arredor da idea de que esa masculinidade poida quedar nunha simple máscara cara ao exterior. Máis información...
 

Giuseppe D'innella [SERIGRAFÍA]

En relación cos traballos de rexistro e texturas que estades a facer no curso Básico deixo aquí uns breves apuntes sobre Giuseppe D'innella. 

Nacido en Puglia e criado en Roma, Giuseppe viviu en Venezuela, Xapón e Australia. As súas viaxes foron unha gran inspiración e desde o seu regreso a Europa, as súas principais fontes de inspiración foron as paisaxes de Puglia, ao sur de Italia, a terra dos seus antepasados. Ao visitalo todos os veráns, fai bosquexos, que logo se converten en coloridas pinturas e gravados no seu estudo. 

A súa técnica de serigrafía consiste en acumular numerosas capas de cor para producir paisaxes visualmente complexos e obras abstractas. Giuseppe ten unha paixón pola cor que é evidente nas súas obras de arte. Namorouse da técnica de serigrafía porque cre que este medio dálle á cor máis frescura e vitalidade que calquera outro medio que probase. O uso de cores potentes demóstrase evocando emocións nesta colección de paisaxes abstractas. Podes ver o proceso de traballo neste vídeo:

 

martes, 14 de febreiro de 2023

Presentación do Libro BAMBÚ de Isabel Blanco [OUTRAS NOVAS]


 O mércores 15 de febreiro ás 20:00 horas.

 

Isabel Blanco presenta o seu libro Bambú, acompañada pola arquitecta Pepa González e coa actuación da actriz Arantxa Treus.

‘Bambú’ –definido pola autora, Isabel Blanco, como “un artefacto”–, foi ideado orixinalmente, segundo a súa propia confesión, como un relato en prosa. Un conto que se negou a sí mesmo, podemos chegar a pensar, e que preferiu converterse, con todo merecemento, nun longo poema. Como tal será tratado nesta recensión. O artefacto confórmao a voz dunha muller que percorre as estancias da casa na que se produxo a violencia: dende o berce, pasando polo corredor, a cociña, a sala de estar, ata o balcón, no que unha planta de bambú é o elemento protector.


luns, 13 de febreiro de 2023

Venres da EMAO 17-2-2023. Espacio Hylica [SERIGRAFÍA]


 

Natalia Moreno e Régis Floury son os creadores do Espacio Hylica, un lugar de estudo e divulgación de técnicas antigas onde valoran o saber facer artesanal, o Espacio Hylica tamén é un espazo creativo, onde compartir coñecementos e descubrir como os obxectos feitos a man son obxectos que conlevan a alma de quen os realiza e deséñaos con dedicación e ilusión.

Estes dous restauradores presentarán o 17 de febreiro dentro da programación semanal os Venres da EMAO, o espazo e o traballo que nel desenvolven.

Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 17 de febreiro de 2023

Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Conferencia de Eduardo Baamonde [VENRES EMAO]

Eduardo Baamonde e Federico Fernández

venres, 10 de febreiro de 2023

"Eduardo Baamonde o A Arte de Retratar na Vida nas Rúas Galegas" no Venres da EMAO [DEBUXO]

FdV. 10-2-2023

Interesantísimo artigo sobre o mestre, debuxante, ilustrador e pintor, Eduardo Baamonde, que hoxe presenta o seu proxecto editorial no Venres da EMAO. 

Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 10 de febreiro de 2023

Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Non volo perdades!!! 

 


Rosa García, Mestra de Escultura e Talla en Madeira, no Faro de Vigo [OUTRAS NOVAS]

FdV. 10-2-2023

Subimos o noso blogue este artigo publicado hoxe no Faro de Vigo sobre a exposición "Máis alo do lugar habitado", que se expón estes días na Sala Maruja Mallo (Sede da Deputación en Vigo) na que se reunen os seus gravados, fotografías e esculturas máis recentes. 

Rosa García condensa varios dos temas recorrentes na súa traxectoria, como os espazos habitados, a Domus e a memoria. O seu traballo reflexiona sobre as maneiras de habitar e cohabitar os lugares en relación coa sociedade, o xénero e o medio ambiente.

Do 25 de xaneiro ao 3 de marzo de 2023.

xoves, 9 de febreiro de 2023

XXVII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor 2023 [OUTRAS NOVAS]

Trala publicación do extracto das bases no BOP núm. 26 do martes 7 de febreiro, xa está aberto o prazo para presentar obras a unha nova edición dos “Premios Curuxa” do Museo do Humor Xaquín Marín. Se estades interesados en participar, poderedes entregar ou remitir os vosos debuxos ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña) até o vindeiro 31 de maio.

Como principal novidade, nesta edición, os Premios Curuxa inclúen una nova categoría, amais da Curuxa, para maiores de 25 anos, e da Curuxa Nova, para persoas de 16 a 25 anos. Trátase da categoría Caricatura na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos. 

Bases completas no seguinte enlace: https://fene.gal/media/documentos/3._BASES_GALEGO_CURUXAS_2023.pdf

mércores, 8 de febreiro de 2023

Presentación do libro de Daniel Soutullo "Visións de Darwin. Vida e Pensamento do Fundador da Teoría da Evolución" [OUTRAS NOVAS]


Xoves, 9 de febreiro, ás 19:30 horas na biblioteca da EMAO

O Ateneo Atlántico presenta o libro de Daniel Soutullo Visións de Darwin: vida e pensamento do fundador da teoría da evolución. O autor estará acompañado polo asesor literario Xabier Paz.

Este libro publicado por Xerais, recolle un feixe de ensaios de caracter divulgativo pero tamén crítico que debuxan a personalidade desde os puntos de vista biográfico, científico e social do autor da teoría da evolución.

martes, 7 de febreiro de 2023

Venres da EMAO 10-2-2023. Eduardo Baamonde [DEBUXO]

 

Almacén de Fábulas é o proxecto editorial de Eduardo Baamonde. Este mestre, debuxante, ilustrador e pintor, embarcouse nesta aventura co fin de dar a coñecer o seu traballo como debuxante urbano, onde retrata con moito gusto e oficio cidades e vilas galegas.

Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 10 de febreiro de 2023

Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Festival Internacional da Banda Deseñada de Angoulême [SERIGRAFÍA, BIBLIOTECA, DEBUXO]

Este ano celeboruse a 50 edición do Festival da Banda Deseñada de Angoulême en Francia, certame ao que asistiu a nosa mestra de serigrafía artística Alba Pardo. O FIBD é punto de reunión de autores e editores profesionais e afeccionados. Durante catro días hai expocicións, conferencias, talleres, proxeccións, encontros e a competición entre os álbumes seleccionados.

 


 

luns, 6 de febreiro de 2023

EDUARDO BAAMONDE [ Debuxo]

 No mes de febreiro teremos a un invitado moi especial nese formato cultural que ofrecemos desde a Escola denominado VENRES DA EMAO. Vai ser un pracer contar con Eduardo Baamonde. Mestre de Debuxo, Ilustrador, Pintor e agora desde xa hai uns anos Editor de libros no seu selo Almacén de Fábulas. Tendo unha carreira tan ampla, pedinlle a Eduardo que centrase a súa charla en dúas facetas súas que penso van ser moi interesantes, a de debuxante urbano e a da editor, porque ambalasdúas van, no seu traballo, moi ligadas. 


Fotos da Presentación do Libro "Berta Cáccamo. Horas felices" na hemeroteca [VENRES DA EMAO]

Darío Basso, Juan de Nieves, Álvarez Cáccamo, e Patricia Dauder