Ó longo do tempo, os constructores de instrumentos musicais de madeira buscaron aqueles materiais que mellores calidades e cualidades ofrecían para o seu uso como instrumento. A densidade, a porosidade, a dureza e mesmo a forma e dirección da vetas, son determinantes según o resultado que se persiga.
Buxo |
No caso da gaita a madeira preferida sempre foi o buxo (buxus semprevirens), xa que ofrecía unas boas características técnicas e, podiase atopar con facilidade en toda Galicia, máis co paso do tempo esta árbore foi escaseando cada vez máis, ata chegar a actualidade que é practicamente un milagre atopar algún buxo no monte. Esta circunstancia, a inquedanza de buscar novas sonoridades e mesmo máis resistencia á humidade (o buxo ten o inconvinte de podrecer con facilidade ante a presencia de humidade), e a facilidade de buscar xa non só nos arredores, senon noutros lugares, fixo que pouco a pouco se foran incorporando outras especies de outras latitudes, que ademáis nos daban unhas características técnicas de de durabilidade moito mellores.
Algunhas destas especies son: Pau Rosa, Pau Santo, Pau violeta, Bubinga, Cocobolo, Pau Ferro, Granadillo, etc, que son importadas por empresas especializadas dende África, America do sur ou América central entre outros. Todas protexidas no Convenio CITES.
Un dos motivos de que estas madeiras teñas esas características concretas é, entre outros, o seu lento crecimento, que sumado á elevada demanda por parte de constructores de todo o mundo, fai que as importacións esten cada día máis restrinxidas, para preservar a supervivencia da especie.
Granadillo africano |
Cada vez que unha madeira empeza a escasear búscanse novas alternativas, e casi sempre aparecen madeiras que por aqui non coñecemos e que teñen as características adecuadas. Neste orde de cousas a última incorporación é o Mopane, unha madeira con especificacións moi similares ó granadillo, que nos permiten estirar un pouco máis o tempo da construcción de instrumentos de madeira.
Xa hai tempo que se está a traballar na busca de novos materias que eviten o consumo masivo de recursos naturais, traballando con polímeros, aglomerados con resinas, etc. Algunos dan bos resultados acústicos, pero non consiguen igualar o timbre cálido dun material vivo como a madeira.
Non sabemos o que nos deparará o futuro, máis esperamos estar aínda por aqui para velo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!