Natalia Moreno e Règis Floury son ex alumnos da EMAO das especialidades de serigrafía artística e construcción de instrumentos musicais (Caim Zanfona). Estiveron este venres con nos para presentarnos na programación dos Venres Da Emao o espazo Hylica, un espazo de estudo e divulgación de técnicas antigas onde valoran o saber facer artesanal e onde se imparten talleres en colaboración con outros artesáns.
Régis Floury
Ebanista, restaurador de instrumentos musicais antigos e fabricante de instrumentos tradicionais de corda. Gran apaixonado das técnicas antigas e do traballo feito a man que aplica en todo o que fai cunha gran dedicación. Curioso incansable, investiga e experimenta día tras día sobre técnicas artesanais xa case esquecidas. Comeza os seus estudos de ebanistería en Paris e posteriormente trasládase a Bruxelas para formarse na técnica do forxado. Anos máis tarde licénciase en Restauración e Conservación de Mobiliario e Instrumentos Musicais Antigos no Institut National du Patrimoine (Paris), traballando posteriormente para museos públicos como restaurador. Atraído polas técnicas antigas e os instrumentos musicais, trasládase desde Francia, o seu país natal, a Galicia (España) para formarse na construción de instrumentos musicais tradicionais na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo co mestre luthier Xaime Rivas. Montou o seu taller de fabricación de instrumentos antigos desde entón. Hoxe Régis Floury é membro da Fundación Galega de Artesanía, da Societé Française du luth e da Michelangelo Foundation. Esta tamén rexistrado na plataforma España Artesá.
Natalia Moreno
Cursou os seus estudos de restauración de pintura, dourado e policromía no ’Istituto per l’arte e il Restauro (Florencia) e posteriormente traballou para diferentes anticuarios e museos en Florencia, Bolonia, Milán e Madrid. Anos máis tarde, cursa estudos de deseño de moda e estampaxe no Istituto Europeo dei Desing (Madrid); unindo dúas disciplinas que lle permitiron desenvolver a súa sensibilidade artística e capacidade creativa a través do deseño. Desde entón a súa traxectoria profesional céntrase no deseño de moda e a estampaxe. Comezou traballando para o deseñador David Delfín. Máis tarde traballou como responsable do departamento de deseño da firma de complementos Isabel Sartorius. Desde hai máis de 15 anos abriu o seu propio estudo de deseño Natalia Moreno Studio, traballando para varias marcas e empresas como Zara Kids, Tintoretto, Hoss intropia, Springfield, O Corte Inglés e Fundación Juan March, entre outras. A súa actividade como docente comeza no Proxecto FID (Madrid), como formadora en estampaxe téxtil e deseño dunha colección de complementos, creada por persoas con discapacidade psíquica. A colección de complementos “Inspiración natural” presentouse na pasarela MFSHOW SS/15 (Madrid), cunha gran acollida por parte dos asistentes e a prensa especializada. O proxecto recibiu o Premio Solidario 2014 de INESE no seu XIV edición. Estudou serigrafía artística na EMAO e actualmente imparte cursos e talleres sobre estampaxe téxtil artesanal. Natalia Moreno é Membro da Fundación Galega de Artesanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!