venres, 24 de febreiro de 2023

María Moreira. Rompendo Moldes na Moda [VENRES EMAO]

    Publicado en Faro de Vigo

 

Grazas a Faro de Vigo polo artigo sobre María Moreira que esta tarde protagoniza un novo Venres da EMAO.

María Moreira é unha deseñadora galega cunha recoñecida traxectoria no mundo da moda. Comezou moi nova coa súa marca e axiña se fixo un oco entre os deseñadores noveis da España dos oitenta, sendo pioneira na Pasarela Cibeles. María Moreira establecera unha estreita vinculación coa denominada Movida viguesa e madrileña. É nese marco no que entra en contacto co mundo do cine colaborando con Pedro Almodóvar en películas como ‘Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón’ e ‘Mujeres al borde de un ataque de nervios’, na que se ocupou do vestiario de Carmen Maura; ou con Rafael Moleón en ‘Baton Rouge’.

Hoxe, xa xubilada segue a traballar nun proxecto de inclusión a través da moda en Cabo Verde, onde inaugurou o seu primeiro pase en xullo de 2016, que leva o nome de Rendeiras Desing Academy.

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 24 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!