Curso 20/21 superado!!! e con motivo da exposición EMAO/BAUHAUS o alumnado de serigrafía artística fixo unha serie de fotos...

Curso 20/21 superado!!! e con motivo da exposición EMAO/BAUHAUS o alumnado de serigrafía artística fixo unha serie de fotos...

![]() |
| Artigo do Atlántico Diario. 26-6-2021 |
O venres pasado inauguráronse as exposicións EMAO/ Bauhaus, 100 anos e Proxectos 2020. As dúas exposicións podense visitar na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Grazas a Ana Baena polo seu artigo.
EMAO/BAUHAUS, 100 anos.
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021
Lugar: Vestíbulo do edificio principal da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Horario: De luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada)
Comisariado:
Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de
Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa
colaboración do profesorado de Talla e escultura en madeira, Pintura,
Debuxo artístico, Moda e confección e Serigrafía artística.
Cartaz: Alba Pardo
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Hoxe, 25 de xuño, inaugúranse ao mesmo tempo dúas exposicións: Proxectos 2020 e EMAO/BAUHAUS 100 anos. A primeira pódese visitar de 19:00 a 21:00 horas na sala de exposicións da Escola, o Espazo EMAO.
A exposición sobre a Bauhaus está no vestíbulo do edificio principal da Escola (Avd. García Barbón, 5) e pódese visitar de luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada).
No ano 2019 cumpríanse 100 anos da creación da Escola da Bauhaus, fito da contemporaneidade artística e arquitectónica en Europa. Nese curso a exposición temática que ía preparar o alumnado das diferentes especialidades ía versar sobre a Bauhaus, a escola de artes e deseño alemá, que ese ano festexaba o primeiro centenario. Finalmente a exposición programouse para 2020, pero a irrupción da pandemia impediu a montaxe daquela. Cos traballos xa realizados considerouse interesante e oportuno retomar esta Mostra, coincidindo coa apertura da exposición Proxectos 2020. Exhíbense no vestíbulo do edificio principal da EMAO obras de creación colectiva conmemorativas daquela efemérides, elaboradas polo alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira, Moda e confección e de Serigrafía artística.No corredor de acceso á biblioteca exponse tamén unha selección bibliográfica sobre esta Escola que en poucos anos converteuse en todo un referente internacional da arquitectura, a arte e o deseño.
BIBLIOGRAFÍA SOBRE A BAUHAUS...
Proxectos 2020
Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21
Despois
do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19, a Escola Municipal de
Artes e Oficios abríu de novo a súa actividade expositiva no Espazo EMAO
o pasado 23 de abril coa exposición “Proxectos 2019”. Unha vez
finalizada esta, abre unha nova mostra, que baixo o título “Proxectos
2020”, recolle as obras resultantes dos proxectos de fin de estudos do
alumnado das distintas especialidades no curso 2019-21. Esta nova
exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas
partes:
A primeira, inaugúrase o vindeiro día 25 de xuño e estará aberta ata o 10 de setembro (pecha en agosto).
A segunda parte abrirase entre os días 12 outubro a 12 novembro de 2021.
A orixe dos proxectos:
O
novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
(EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo
Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel
que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está
destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa
redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado
polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á
produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición
que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos
individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; en
concreto, das especialidades de:
Cerámica artística
Talla e escultura en madeira
Pintura
Debuxo artístico
Construcción de instrumentos-Gaita
Artesanía en coiro
Moda e confección
Serigrafía artística
As
obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de
investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as
premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade
educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a
interdisciplinariedade.
Proxectos 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.
No
vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con
obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas
durante ese ano académico.
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar:
Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado:
Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de
Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa
colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística,
Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción
de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19, a Escola Municipal de Artes e Oficios abríu de novo a súa actividade expositiva no Espazo EMAO o pasado 23 de abril coa exposición “Proxectos 2019”. Unha vez finalizada esta, abre unha nova mostra, que baixo o título “Proxectos 2020”, recolle as obras resultantes dos proxectos de fin de estudos do alumnado das distintas especialidades no curso 2019-21. Esta nova exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas partes:
A primeira, inaugúrase o vindeiro día 25 de xuño e estará aberta ata o 10 de setembro (pecha en agosto).
A segunda parte abrirase entre os días 12 outubro a 12 novembro de 2021.
A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; en concreto, das especialidades de:
Cerámica artística
Talla e escultura en madeira
Pintura
Debuxo artístico
Construcción de instrumentos-Gaita
Artesanía en coiro
Moda e confección
Serigrafía artística
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.
Proxectos 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.
No vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas durante ese ano académico.
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga