luns, 2 de novembro de 2026

A nova páxina web da Escola Municipal de Artes e Oficios [ADMINISTRACIÓN]



Coincidindo co inicio do curso 2026-2027, a EMAO comeza unha ilusionante nova etapa na súa presencia en internet, a esperada páxina web da Escola. 

Coa intención de que resulte máis amplo, completo e rico o coñecemento por parte da cidadanía das actividades que se desenvolven na Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, nesta web poderedes atopar información en detalle das convocatorias, programas, actividades, etc. que xera o persoal que conforma o equipo humano da EMAO, e o seu alumnado.

A partir de agora toda a información relacionada coas actividades e contidos da Escola  estará no novo espazo web  https://emao.vigo.org, quedando este blog como rexistro da súa actividade anterior.