luns, 2 de marzo de 2026
xoves, 26 de febreiro de 2026
27-2-2026. Venres da EMAO presenta o libro "De novo gaiteiro". Obra completa para gaita (1981-2025) de Xaime Estévez Vila [CAIM GAITA]
Xaime Estévez Vila. Toda unha vida adicada á música en múltiples
facetas, como docente, investigador, autor e compositor. No referente á
gaita foi autor do
libro "A Gaita no Eido da Música", un método de iniciación e aprendizaxe
cun temario específico para gaita galega (Mayeusis 1987). Máis
recentemente publicou "Son do
Fol, Método infantil de aprendizaxe" (A.G.G. 2012). Agora achégase a nós
para presentar a súa última obra como compositor, titulada "De Novo
Gaiteiro", onde recompila máis de 40 anos de traxectoria compositiva
para gaita galega, con 20 pezas compostas en distintas etapas da súa
actividade instrumental.
Presentado por Carlos Corral (mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita da EMAO)
Data: 27 de febreiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 26 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
23-1-2026. Venres da EMAO presenta a proxección do documental "A Gaita Galega II" [CAIM GAITA]
"A gaita galega II"
Esta segunda parte abrangue dende os anos 40 do século pasado ata o fin da ditadura. Tempos escuros de represión das identidades culturais.
O desprazamento dos gaiteiros das festas populares. Os grupos icónicos que foron quen de manter a gaita a pesar dos atrancos: Os Morenos, Os Campaneiros, Os Montes, Irmáns Portela, Os Rosales, Airiños do Parque de Castrelos, etc.
Presentado por Carlos Corral (mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita da EMAO)
Data: 23 de xaneiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
luns, 16 de xuño de 2025
20-6-2025. Inauguración da exposición "Castelao na EMAO" [ESPAZO EMAO]
A inauguración da Exposición "Castelao na EMAO", comisariada polo profesorado das especialidades de Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira da Escola municipal de Artes e Oficios (EMAO), terá lugar o venres, día 20 de xuño, ás 19,00h, no Espazo EMAO.
Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.
Neste ano 2025, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe, no Ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento, ao polifacético persoeiro da cultura e da política, figura clave na historia recente do noso país, e considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea.
A EMAO súmase así á multitude de actos e homenaxes que, por toda Galicia, se están a desenvolver neste ano, salientando a obra do pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. O alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal. En paralelo á exposición, nas vitrinas do corredor da Biblioteca da EMAO pódense contemplar unha selección bibliográfica de títulos relacionados coa vida e a obra de Castelao, pertencentes aos fondos da Biblioteca da Escola.
Esta exposición estará aberta entre os días 20 de xuño e o 17 de outubro de 2025 (pechada o mes de agosto).
FICHA DA EXPOSICIÓN
Horario:
- Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
- Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
- Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
martes, 10 de xuño de 2025
Escola de Verán 2024-2025. Do 4 ao 22 de xullo de 2025 [ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, EMAO]
Datas: Entre o 4 e o 22 de xullo de 2025. Horario de mañá
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante
- DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se éo caso.
- Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2024-2025
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00.00h do 16 de xuño, ata as 24.00h do 20 de xuño de 2025. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade de ARTESANÍA EN COIRO da EMAO.
Destinatarios/as: Persoas interesadas en achegarse ao Coiro e descubrir as súas posibilidades creativas e prácticas. Preferiblemente sen coñecementos previos.
PROGRAMA
O bornal de caza é unha bolsa de pel ou coiro que os pastores e os cazadores levaban no seu lombo para portar os elementos de uso cotián que empregaban nas súas saídas ao campo ou ao monte. Nesta aproximación realizaremos unha peza deste tipo que estará elaborada integramente á man. Traballaremos sobre dous tamaños de padrón adaptándonos ao gusto do alumno tanto nesta selección coma na decoración. Queremos revivir esta peza en desuso e que resulta moi cómoda e práctica.
Contidos:
- Aproximación ao coiro e aos procesos de curtido
Material a achegar polo alumnado:
Coiro vacún (3 pés); serraxe (6 pés); correas de vacún (2); 10 metros de tireta de coiro e 3 fibelas. Non fai falla traer os materiais o primeiro día, hai posibilidade de facer unha compra en grupo de materiais para abaratar o custo.
Alumnado máximo: 12
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa interesada.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: No curso 2023/24 os obradoiros de Pintura e Debuxo realizamos un Monográfico onde abordamos e emulamos aos Mestres da pintura e o debuxo ao natural, no que se coñece na historia da arte como “Pleneirismo”. Para este curso 2024/25 realizamos unha segunda parte desta andaina pictórica pola cidade, cun cambio significativo da contorna a debuxar. O que antes era natureza, mar, arboreda e rochas na contorna de Samil, desta vai ser formigón, asfalto e tráfico pintando polo centro da cidade de Vigo. Os obradoiros de Pintura e Debuxo en conxunto propoñen a práctica desta actividade realizando inicialmente uns exercicios de aula para posteriormente saír pola contorna da cidade de Vigo co alumnado, fomentando nesas prácticas finais a expresión da cor, a composición e a perspectiva a “plein air”.
PROGRAMA:
- Coñecer dun xeito introdutorio a historia da pintura do natural
- Introdución a pintura do natural. Historia
- Introdución ás técnicas pictóricas de procedemento rápido
Material a aportar polo alumnado:
Taboleiro formato A3; pinzas; bloque de debuxo multitécnica, formato A3; lapis; pinceis varios.
Alumnado máximo: 15
Impartido por Sandra de Jesus, mestra da especialidade de OURIVARÍA da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.30h a 13.30h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Este monográfico está enfocado á experimentación e á aplicación de materiais naturais e reciclados na creación de xoias ou obxectos, na liña da xoiaría contemporánea, encamiñando o enfoque á xoiaría de autor. A intención é realizar e rematar unha peza con materiais naturais como ramas, follas, musgos, pedras ou vidros da praia, cunchas, etc. ou con materiais de reciclaxe como plásticos, partes de obxectos desbotados, papel, etc., pero ademais incorporaremos a reprodución dalgún destes obxectos a través da técnica de fundición en area a pequena escala.
PROGRAMA:
Obxectivos:
- Construír unha peza con materiais naturais (pedras atopadas, ramas de árbores, musgos, follas, cunchas...)
Contidos:
- Introdución histórica e artística do traballo con materias naturais e de reciclaxe.
Material a aportar polo alumnado:
Os materiais e consumibles que se empregarán terán un custo aproximado de 15 -20 €, que implica a compra de fío de latón e distintos consumibles comúns como brocas, fíos de segueta, lixa, etc.; o primeiro día do curso indicaráselles que é o que se merca co bote. Precisan tamén mandil ou bata para traballar.
Alumnado máximo: 12
“CONFECCIÓN A TODA COR ”
Impartido por Alba Pardo e Emma Pintos, mestras das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e MODA E CONFECCIÓN da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Achegar ao alumnado a serigrafía téxtil e a confección de pezas sinxelas.
PROGRAMA:
- Achegamento ao proceso básico da serigrafía
Material a achegar polo alumnado:
Cinta de embalaxe; cinta de pintor; tesoiras para téxtil; acetato transparente; cinta métrica; alfinetes (especificaranse as medidas o primeiro día)
Alumnado máximo: 10
“REPARACIÓN E MANTEMENTO DE INSTRUMENTOS DE VENTO TRADICIONAIS
Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- GAITA da EMAO.
Destinatarios/as: en xeral, persoas que estean en posesión dalgún instrumento de vento tradicional que necesite algún tipo de reparación ou mantemento.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Coñecer tódolos aspectos importantes para un bo mantemento do instrumento; saber efectuar pequenas reparacións que se poden realizar sen necesidade de acudir a un artesán (cambiar cortizas gastadas, substituír unha anela rota, renovar o aspecto exterior, sexa encerado, aceitado ou vernizado, etc.
PROGRAMA: o programa poderá ser flexible en función das necesidades dos instrumentos achegados polo alumnado pero, previsiblemente, constará de:
- Cambio de cortizas
Material a achegar polo alumnado:
Instrumento ou instrumentos sobre os que traballar (gaita, pito, requinta...).
Alumnado máximo: 6
Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- ZANFONA da EMAO.
Destinatarios/as: persoas interesadas en adquirir habilidades relacionadas coa carpintaría/artesanía.
Datas: do 7 ao 22 de xullo, de 10.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Familiarizarse coa ferramenta manual propia da carpintaría. Coñecer as técnicas que permitan o emprego das mesmas en condicións óptimas.
PROGRAMA
- Construción dun portacandelas ornamental
Material a achegar polo alumnado:
Madeira de faia en táboa (gasto compartido entre os asistentes); taboleiro de contrachapado (gasto individual).
Alumnado máximo: 6
Impartido por Marian Núñez e Rosa García, mestras das especialidades de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS e TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA da EMAO.
Destinatarios/as: alumnado creativo con interese en coñecer e experimentar a técnica do gravado en relevo e o bordado sobre papel.
Datas: do 4 ao 16 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Desenvolver e comprender o gravado en relevo como medio expresivo xunto ao bordado en papel para xerar estampas artísticas.
PROGRAMA
- A obra seriada, principios xerais
Material a aportar polo alumnado:
Pranchas de gravado en linóleo; papel de gravado; papel de calco; fíos; agullas; esponxa
Alumnado máximo: 10.
luns, 19 de maio de 2025
luns, 12 de maio de 2025
16-5-2025. Venres da EMAO presenta a proxección do documental "A gaita galega I" [CAIM GAITA]
Esta primeira parte abrangue dende as orixes do instrumento ata o inicio da Guerra Civil Española. Os anos escuros do medievo, o rexurdimento, a simboloxía do gaiteiro, a relixiosidade, a festa, etc., son algúns dos argumentos dun documental no que se fala de figuras como O Ventosela, Perfecto Feijoo, Santalices ou Avelino Cachafeiro, entre outros.
Presentado por Carlos Corral (mestre de CAIM Gaita da EMAO)
Data: 16 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 16 de decembro de 2024
martes, 10 de decembro de 2024
13-12-2024. Venres da EMAO presenta a Xoán Carlos Rilo no peche da triloxía "O ronsel do meu sentir" [CAIM GAITA]
"Xoán Carlos Rilo presenta o peche da triloxía O ronsel do meu sentir"
"Temos que salientar que a terceira entrega de O Ronsel do meu sentir pon un magnífico ramo a unha triloxía en que a música de gaita acubilla novos aires dun modo extraordinario. Os dezasete temas que o compoñen atestan as capacidades e o bo gusto musical de Xoán Carlos, gusto que herdou do seu pai, Xosé Ramón, outro dos gaiteiros máis recoñecidos na Galiza e en Esukal Herria a quen temos a honra de tratar e de cuxas conversas sobre afinación, artesáns, dúos de gaitas e vellas melodías tanto se aprende. Longa vida para todos e todas."
Xosé Manuel Sánchez Rei.
Presentado por Carlos Corral (Mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita da EMAO)
Data: 13 de decembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 17 de xuño de 2024
24-6-2024. Inauguración da exposición "A Música na EMAO" [ESPAZO EMAO]
Neste ano 2024, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe á música, manifestación artística cunha presencia destacada entre as súas paredes. Dende a década dos anos oitenta, a EMAO acolleu entre as súas senlleiras pedras un importante patrimonio musical. Nesa década e nas seguintes agromaron iniciativas que deixaron un pouso profundo na escola e na cidade:
Desde a Aula de Música Moderna e Electrónica, con Bibiano Morón (da que saíron numerosos grupos e músicos con traxectorias destacadas), pasando polo Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos, con Antón Corral (xérmolo da actual especialidade de CAIM -Construción Artesanal de Instrumentos Musicais-, unha das maiores e máis salientables singularidades desta institución e orixe da actividade profesional de numeroso alumnado, como luthiers e artesáns), ata a creación do Conservatorio de Música Tradicional, con Rodrigo Romaní, orixe da actual Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD), como evolución da anterior e que xerou a aparición dun bo feixe de músicos e grupos de nivel internacional, nos que destaca actualmente, entre outros, a Orquestra Folk de Galicia, SondeSeu.
Moitos son xa, pois, os artesáns e músicos que iniciaron a súa vida profesional entre estes muros, confirmando que a actividade musical, en sentido amplo, ademais de achegar unha mellora na vida das persoas, configura un importante sector de actividade económica e emprego, polo que paga a pena apostar.
Nesta homenaxe, a exposición permitirá ver dende o eclecticismo da creación artística de cada unha das especialidades non relacionadas directamente coa música, ata os instrumentos construídos polo alumnado das especialidades de CAIM.
Esta exposición estará aberta entre os días 24 de xuño e o 25 de outubro de 2024 (pechada o mes de agosto).
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: "A música na EMAO"
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro
Datas: do 24 de xuño ao 25 de outubro de 2024 (agosto pechado)
Horario:
- Do 24 de xuño ao 28 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
- Do 1 de xullo ao 13 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
- Do 16 de setembro ao 25 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
Comisariado: Carlos Corral, mestre de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais -CAIM- Gaita e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Serigrafía artística, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
luns, 10 de xuño de 2024
xoves, 6 de xuño de 2024
Escola de Verán da EMAO 2024 [ADMINISTRACIÓN]
O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24,00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
CURSOS QUE SE CONVOCAN:
“UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO”
Obxectivo: Construción dun Charrasco, instrumento tradicional galego, aplicando as técnicas básicas da carpintería e complementando con traballos de reciclaxe (convertindo chapas de cervexa em ferreñas) e de elaboración de elementos decorativos com latón.
Impartido por Emma Pintos, mestra da especialidade de MODA E CONFECCIÓN, da EMAO. Destinatarios/as: persoas sen coñecementos previos interesadas en aprender “costura de supervivencia”
“IMOS FACER PLENEIRISMO”
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO, da EMAO.
Pleneirismo na historia. Breve introducción
Estilógrafo 04 Micron Sakura. Lapis. Block de esbozo Guarro A3
“ESTAMPADO ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL”
Programa:
Obxectivos:
Achegarse ao proceso de deseño para aplicación das estampas nos obxectos propostos
Desenvolvemento do deseño para os distintos elementos que forman as pezas finais
Os materiais e consumíbeis que empregarán terán un custe aproximado de 20 € (O alumnado levará estampada unha bolsa grande, unha pequena, un sombreiro e palas de praia).
“INICIACIÓN NA ORNAMENTACIÓN”
Impartido por Carlos Corral, mestre de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Gaita, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos da materia.
Construcción dunhas tarrañolas según plantilla, deseño da ornamentación, talla sinxela, incrustación de puntos, incrustación de figuras irregulares ...
Pelos de serra de marquetería (nº 2 ou 4), xogo de gubias para talla, xogo de limas de agulla ou limatóns.
“CUN 6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO”
Impartido por Rosa García e Marian Nuñez mestres das especialidades de TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA e DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS, da EMAO
Talla en madeira
O gravado en relevo
Materiais e ferramentas a empregarán
Alumnado máximo: 10
Duración dos cursos: 36 horas
Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, no prazo indicado a continuación, a emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante
- DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes:
- Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2023-2024.
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24:00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Cadro resumo
Escola de verán EMAO 2024. Cursos Monográficos
|
Nome do curso |
Especialidade/s |
Profesorado |
Datas |
Horario |
Nº máximo alumnado |
|
UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO |
Ourivaría CAIM Zanfona |
Sandra de Jesús Xaime Rivas |
08 - 18 de xullo |
10.00h - 14.00h |
12 |
|
NON SEI COSER UN BOTÓN |
Moda e confección
|
Emma Pintos |
08 - 18 de xullo |
09.00h - 13.00h |
12 |
|
IMOS FACER PLENEIRISMO |
Pintura Debuxo artístico |
Darío A. Basso Federico Fernández |
08 - 18 de xullo |
09.00h - 13.00h |
15 |
|
ESTAMPADO ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL |
Serigrafía artística Artesanía en coiro |
Alba Pardo Pepe Pereira |
08 - 18 de xullo |
10.00h - 14.00h |
10 |
|
INICIACIÓN NA ORNAMENTACIÓN |
CAIM Gaita
|
Carlos Corral |
08 - 18 de xullo |
10.00h - 14.00h |
8 |
|
CUN 6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO |
Talla e escultura en madeira Deseño e encaixe de palillos |
Rosa García Marián Núñez |
08 - 18 de xullo |
10.00h – 14.00h |
10 |
mércores, 5 de xuño de 2024
7-6-2024. Venres da EMAO presenta "Gaiteiros ao piano. 18 pezas de mestres da gaita galega para piano elemental" por Xaime Estévez Vila [CAIM GAITA]
Xaime Estévez Vila (Profesor superior de Musicoloxía, Pedagoxía Musical,
Linguaxe Musical e Piano; Doutor en Ciencias da Educación; Catedrático
de Música en Secundaria; Premio Fundación Guerrero de musicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid polo traballo sobre a vida e obra do
mestre Soutullo -1992- e Premio Extraordinario de doutorado da UNED
-2006- pola tese sobre a aplicación didáctica da música galega):
"Cando descubrín a miña
vocación pola música encetei de primeiras piano e ao pouco coa gaita.
Dende sempre lembro "xogar" coas melodías tradicionais no teclado. Entre
o piano e a gaita (e tamén a zanfona, acordeón ou a frauta) certas
melodías foron facéndose familiares na miña
paisaxe sonora instrumental. Por último xuntáronse hai pouco varias
ideas que confluíron finalmente neste álbum de pezas para piano. Con
toda humildade estou agradecido e orgulloso de tributar este
recoñecemento á tradición musical coa honestidade que me fai incluír a
estes gaiteiros e gaiteiras como parte imprescindible da mellor cultura
galega que permite que a tradición siga viva a través das mulleres e
homes do presente".
Presentado por Carlos Corral (mestre de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais -CAIM- Gaita da EMAO)
Data: 07 de xuño de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
luns, 18 de marzo de 2024
venres, 15 de marzo de 2024
15-3-2024. Venres da EMAO presenta "Gaitas de barquín e a súa construción" por Diego Alonso [CAIM GAITA]
A gaita de barquín conservouse no Baixo Miño até principios do
século XX. Gaitas de insuflación mecánica que tiñan a característica de
ter dous roncos sobre o ombreiro saíndo da mesma buxa. Diego Alonso
falaranos delas e da súa construción, en base á experiencia adquirida
durante a elaboración do
seu proxecto para o curso Avanzado da especialidade de CAIM Gaita nesta
escola, onde puido construír dúas réplicas da gaita de Estás (Tomiño).
Presentado por Carlos Corral (mestre de CAIM Gaita da EMAO)
Data: 15 de marzo de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
venres, 1 de marzo de 2024
Variacións estéticas na gaita [CAIM GAITA]
De cando en vez temos algún alumno que sinte a necesidade de ir un pouco máis alá e decide darlle un toque máis personal a súa gaita.
Este é o caso de Toni, alumno de básico, que quixo facer variacións no deseño exterior do seu instrumento para, se cabe, facelo aínda máis seu. Para elo tomou como referencia dous dos modelos que temos, facendo unha mestura de ambos e dándolle o seu toque personal. Lóxicamente os cambios non afectan á calidade sonora do instrumento, xa que son puramente estéticos, e temos que ter en conta que Toni está no primeiro curso e ainda non adquiriu as competencias suficientes para abordar modificacións máis profundas, pero visto o resultado todo se andará.
luns, 13 de novembro de 2023
Resumo en Fotos das Outras Actividades Culturais na Hemeroteca [BIBLIOTECA-EXTENSIÓN CULTURAL]
10-11-2023. Visita do CEMU Profesional de Música de Torroso-Mos.
9-11-2023. Forum IEV 2023. Mesa Redonda "Proxección Empresarial de Vigo. Empresas de Futuro Kaleido, Marine Struments e Alén Space"
8-11-2023 ás 19:30. Presentación do Poemario "Onde ferve a memoria" de Xavier Rodríguez Baixeras

























































