Amosando publicacións coa etiqueta Expo Sen Título. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expo Sen Título. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

Fotos da Montaxe da Exposición Sen Título [ESPAZO EMAO]


Exposición no Espazo EMAO: Sen Título [ESPAZO EMAO]

 

Inaúgurase unha nova exposición no Espazo EMAO cos mellores traballos de aula do curso 2021-2022. Na que participan as especialidades de: CAIM Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica, Coiro, Debuxo, Escultura, Moda, Ourivaría, Pintura e Serigrafía.

SEN TITULO:

A ausencia dun título nunha obra de arte permite ao observador facerse unha imaxe mental e unha opinión do significado da obra, sen corromper o que representa mediante unha palabra ou palabras. A linguaxe multiplícase e o que podería ser unha imaxe única, convértese nunha amálgama de percepcións libres e sen contaminar.

UBI MOTUS:

Mostrar o proceso de traballo, os resultados que estamos a ter en cada aula, é o obxectivo desta exposición sen nome e non o ten porque está en proceso, sen concluír, en metamorfose, así é a cotiandade destes espazos de creación e aprendizaxe .

Ao ESPIDO:

Abrir as portas dos obradoiros da escola e ensinar ao público por onde estamos a camiñar, é un acto de despojamiento, de quedar en coiros, pero tamén de sinceridade, de trasparencia, sen ambaxes .

UBI EMAO IBI MOTUS

CRÉDITOS

Título: Sen Título

Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: do 23 de xuño ao 30 de setembro de 2022.
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Emma G. Pintos e Darío A. Basso, mestres das especialidades de Moda e Confección e Pintura da EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández.
Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo  
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga