luns, 11 de maio de 2026
venres, 8 de maio de 2026
8-5-2026. Venres da EMAO presenta "Ana Prados. Do taller á academia" [MODA]
Ana Prados é unha recoñecida modista galega cuxa traxectoria reflicte paixón, creatividade e unha profunda dedicación á arte da confección. Conta, en Santiago de Compostela, cun taller especializado en vestidos de noiva a medida e academia de formación, onde non só deseña pezas únicas, senón que tamén comparte a súa experiencia formando a novas xeracións. O seu estilo combina tradición e modernidade, destacando pola atención ao detalle, a calidade dos acabados e un trato próximo e personalizado.
Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 8 de maio de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 10 de novembro de 2025
mércores, 5 de novembro de 2025
7-11-2025. Venres da EMAO presenta "Tesouros da nosa vestimenta" [MODA]
Data: 7 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 16 de xuño de 2025
20-6-2025. Inauguración da exposición "Castelao na EMAO" [ESPAZO EMAO]
A inauguración da Exposición "Castelao na EMAO", comisariada polo profesorado das especialidades de Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira da Escola municipal de Artes e Oficios (EMAO), terá lugar o venres, día 20 de xuño, ás 19,00h, no Espazo EMAO.
Dentro da programación anual da EMAO prevese, ao remate de cada curso académico, a produción dunha exposición cos resultados dun proxecto que, partindo dunha idea xeradora única, dea lugar a interpretación, despregue do traballo e saber facer dos distintos talleres.
Neste ano 2025, a escola e as súas especialidades renderán homenaxe, no Ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento, ao polifacético persoeiro da cultura e da política, figura clave na historia recente do noso país, e considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea.
A EMAO súmase así á multitude de actos e homenaxes que, por toda Galicia, se están a desenvolver neste ano, salientando a obra do pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. O alumnado e mestres das diferentes especialidades da Escola presentan a súa particular visión deste personaxe universal. En paralelo á exposición, nas vitrinas do corredor da Biblioteca da EMAO pódense contemplar unha selección bibliográfica de títulos relacionados coa vida e a obra de Castelao, pertencentes aos fondos da Biblioteca da Escola.
Esta exposición estará aberta entre os días 20 de xuño e o 17 de outubro de 2025 (pechada o mes de agosto).
FICHA DA EXPOSICIÓN
Horario:
- Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
- Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a venres, laborables, de 10:30h a 13:30h
- Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h
Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafía artística e Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ourivería, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
martes, 10 de xuño de 2025
Escola de Verán 2024-2025. Do 4 ao 22 de xullo de 2025 [ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, EMAO]
Datas: Entre o 4 e o 22 de xullo de 2025. Horario de mañá
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante
- DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se éo caso.
- Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2024-2025
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00.00h do 16 de xuño, ata as 24.00h do 20 de xuño de 2025. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade de ARTESANÍA EN COIRO da EMAO.
Destinatarios/as: Persoas interesadas en achegarse ao Coiro e descubrir as súas posibilidades creativas e prácticas. Preferiblemente sen coñecementos previos.
PROGRAMA
O bornal de caza é unha bolsa de pel ou coiro que os pastores e os cazadores levaban no seu lombo para portar os elementos de uso cotián que empregaban nas súas saídas ao campo ou ao monte. Nesta aproximación realizaremos unha peza deste tipo que estará elaborada integramente á man. Traballaremos sobre dous tamaños de padrón adaptándonos ao gusto do alumno tanto nesta selección coma na decoración. Queremos revivir esta peza en desuso e que resulta moi cómoda e práctica.
Contidos:
- Aproximación ao coiro e aos procesos de curtido
Material a achegar polo alumnado:
Coiro vacún (3 pés); serraxe (6 pés); correas de vacún (2); 10 metros de tireta de coiro e 3 fibelas. Non fai falla traer os materiais o primeiro día, hai posibilidade de facer unha compra en grupo de materiais para abaratar o custo.
Alumnado máximo: 12
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa interesada.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: No curso 2023/24 os obradoiros de Pintura e Debuxo realizamos un Monográfico onde abordamos e emulamos aos Mestres da pintura e o debuxo ao natural, no que se coñece na historia da arte como “Pleneirismo”. Para este curso 2024/25 realizamos unha segunda parte desta andaina pictórica pola cidade, cun cambio significativo da contorna a debuxar. O que antes era natureza, mar, arboreda e rochas na contorna de Samil, desta vai ser formigón, asfalto e tráfico pintando polo centro da cidade de Vigo. Os obradoiros de Pintura e Debuxo en conxunto propoñen a práctica desta actividade realizando inicialmente uns exercicios de aula para posteriormente saír pola contorna da cidade de Vigo co alumnado, fomentando nesas prácticas finais a expresión da cor, a composición e a perspectiva a “plein air”.
PROGRAMA:
- Coñecer dun xeito introdutorio a historia da pintura do natural
- Introdución a pintura do natural. Historia
- Introdución ás técnicas pictóricas de procedemento rápido
Material a aportar polo alumnado:
Taboleiro formato A3; pinzas; bloque de debuxo multitécnica, formato A3; lapis; pinceis varios.
Alumnado máximo: 15
Impartido por Sandra de Jesus, mestra da especialidade de OURIVARÍA da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.30h a 13.30h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Este monográfico está enfocado á experimentación e á aplicación de materiais naturais e reciclados na creación de xoias ou obxectos, na liña da xoiaría contemporánea, encamiñando o enfoque á xoiaría de autor. A intención é realizar e rematar unha peza con materiais naturais como ramas, follas, musgos, pedras ou vidros da praia, cunchas, etc. ou con materiais de reciclaxe como plásticos, partes de obxectos desbotados, papel, etc., pero ademais incorporaremos a reprodución dalgún destes obxectos a través da técnica de fundición en area a pequena escala.
PROGRAMA:
Obxectivos:
- Construír unha peza con materiais naturais (pedras atopadas, ramas de árbores, musgos, follas, cunchas...)
Contidos:
- Introdución histórica e artística do traballo con materias naturais e de reciclaxe.
Material a aportar polo alumnado:
Os materiais e consumibles que se empregarán terán un custo aproximado de 15 -20 €, que implica a compra de fío de latón e distintos consumibles comúns como brocas, fíos de segueta, lixa, etc.; o primeiro día do curso indicaráselles que é o que se merca co bote. Precisan tamén mandil ou bata para traballar.
Alumnado máximo: 12
“CONFECCIÓN A TODA COR ”
Impartido por Alba Pardo e Emma Pintos, mestras das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e MODA E CONFECCIÓN da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Achegar ao alumnado a serigrafía téxtil e a confección de pezas sinxelas.
PROGRAMA:
- Achegamento ao proceso básico da serigrafía
Material a achegar polo alumnado:
Cinta de embalaxe; cinta de pintor; tesoiras para téxtil; acetato transparente; cinta métrica; alfinetes (especificaranse as medidas o primeiro día)
Alumnado máximo: 10
“REPARACIÓN E MANTEMENTO DE INSTRUMENTOS DE VENTO TRADICIONAIS
Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- GAITA da EMAO.
Destinatarios/as: en xeral, persoas que estean en posesión dalgún instrumento de vento tradicional que necesite algún tipo de reparación ou mantemento.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Coñecer tódolos aspectos importantes para un bo mantemento do instrumento; saber efectuar pequenas reparacións que se poden realizar sen necesidade de acudir a un artesán (cambiar cortizas gastadas, substituír unha anela rota, renovar o aspecto exterior, sexa encerado, aceitado ou vernizado, etc.
PROGRAMA: o programa poderá ser flexible en función das necesidades dos instrumentos achegados polo alumnado pero, previsiblemente, constará de:
- Cambio de cortizas
Material a achegar polo alumnado:
Instrumento ou instrumentos sobre os que traballar (gaita, pito, requinta...).
Alumnado máximo: 6
Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- ZANFONA da EMAO.
Destinatarios/as: persoas interesadas en adquirir habilidades relacionadas coa carpintaría/artesanía.
Datas: do 7 ao 22 de xullo, de 10.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Familiarizarse coa ferramenta manual propia da carpintaría. Coñecer as técnicas que permitan o emprego das mesmas en condicións óptimas.
PROGRAMA
- Construción dun portacandelas ornamental
Material a achegar polo alumnado:
Madeira de faia en táboa (gasto compartido entre os asistentes); taboleiro de contrachapado (gasto individual).
Alumnado máximo: 6
Impartido por Marian Núñez e Rosa García, mestras das especialidades de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS e TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA da EMAO.
Destinatarios/as: alumnado creativo con interese en coñecer e experimentar a técnica do gravado en relevo e o bordado sobre papel.
Datas: do 4 ao 16 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Desenvolver e comprender o gravado en relevo como medio expresivo xunto ao bordado en papel para xerar estampas artísticas.
PROGRAMA
- A obra seriada, principios xerais
Material a aportar polo alumnado:
Pranchas de gravado en linóleo; papel de gravado; papel de calco; fíos; agullas; esponxa
Alumnado máximo: 10.
luns, 3 de marzo de 2025
xoves, 27 de febreiro de 2025
28-2-2025. Venres da EMAO presenta "Materias téxtiles. Fíos que conectan o mundo das fibras, teas e tecidos" por Antonio Álvarez Portabales [MODA]
Antonio Álvarez Portabales conecta, dende o mundo da informática e as finanzas, co mundo da moda e do
deseño cursando a especialidade de Moda e confección na EMAO. Esta nova e
apaixonante etapa lévao a investigar as fibras téxtiles, tecidos e teas
plasmando todo ese coñecemento no seu proxecto de fin de estudos.
Antonio compartirá connosco parte de todo este coñecemento sobre os
materiais téxtiles que vestiron ao ser humano desde a prehistoria.
Presentado por Emma González (Mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 28 de febreiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 27 de xaneiro de 2025
Fotos da conferencia "Proxecto Rendeiras. Parte II" por Ana Castro [VENRES EMAO]
Este venres pasado Ana Castro falounos de cómo a partir da conferencia de María Moreira na EMAO, xurde nela a necesidade de colaborar co proxecto Rendeiras en Cabo Verde. Naquela conferencia organizada pola aula de Moda e Confección, repasamos a traxectoria coma deseñadora de María Moreira e falounos da posta en marcha do proxecto de Rendeiras que xurdiu para colaborar coas mulleres en risco de exclusión en Cabo verde.
Ana Castro é Enxeñeira Técnica
Agrícola e docente de FP agraria. Fixo a especialidade de pintura na
EMAO concluíndo os seus estudos cun proxecto de investigación en
tintes naturais e fabricación de papel. Actualmente é alumna de
Serigrafía Artística. Ana voltou fai dúas semanas aproximadamente
de Cabo Verde e falounos da súa experiencia alí e sobretodo de cómo
buscar materias primas autóctonas para desenvolver o proxecto e das
posibilidades de futuras colaboracións artísticas.
Pareceunos moi
interesante a utilización das escamas de peixes como posible materia
prima.
venres, 24 de xaneiro de 2025
24-1-2025. Venres da EMAO presenta Proxecto Rendeiras. Parte II por Ana Castro [SERIGRAFÍA E MODA]
"Proxecto Rendeiras. Parte II"
Ana Castro falaranos de como a partir da conferencia de María Moreira na EMAO sobre a súa traxectoria e posta en marcha do
proxecto Rendeiras, xorde nela a necesidade e compromiso de seguir a
colaborar coa comunicadade caboverdiana da Illa de San Vicente. Ana é
enxeñeira técnica agrícola e falaranos da súa experiencia no proxecto e
nas posibilidades de futuras colaboracións artísticas.
Presentado por Alba Pardo (Mestra de Serigrafía artística) e Emma G. Pintos (Mestra de Moda e Confección).
Data: 24 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.




















































