Amosando publicacións coa etiqueta Exposición Setembro Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición Setembro Coiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de marzo de 2022

"Entre Coiros na EMAO" [OUTRAS NOVAS]

 

A prensa local continúa facéndose eco da exposición "Setembro, descubrindo ou coiro" recentemente inaugurada no Espazo EMAO, neste caso damos as grazas a Fernando Franco que na súa sección Mira Vigo sempre ten un oco para a nosa Escola. 

Animarvos a visitar esta fantástica exposición!!!

Título: Setembro... descubrindo o coiro
Datas: 25 de febreiro ao 1 de abril de 2022
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Marian Núñez

Bienais do Coiro na EMAO:



mércores, 2 de marzo de 2022

"O Milleiro de Posibilidades do Coiro en Artes e Oficios" [OUTRAS NOVAS]

 

Aquí tedes o artigo de Ana Baena no Atlántico Diario, publicado o pasado venres 25 de febreiro co motivo da inauguración da exposición "Setembro, descubrindo o coiro", exposición que pode visitarse na nosa sala de exposicións Espazo EMAO.

Título: Setembro... descubrindo o coiro
Datas: 25 de febreiro ao 1 de abril de 2022
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Marian Núñez

Bienais do Coiro na EMAO:


domingo, 20 de febreiro de 2022

Exposición no ESPAZO EMAO: Setembro... descubrindo o coiro [ARTESANÍA EN COIRO]


Desde que hai nove anos inauguramos a exposición “100x100 Coiro” pasaron moitas cousas, algunhas que nin sequera nos imaxinábamos. Pero hai algo que non cambiou en nós: o coiro e o que nos transmite. Por iso volvemos, rompendo a cadencia de dous anos que viñamos cumprindo a machada. Aquí estamos de novo, cunha proposta que busca o que as catro exposicións anteriores: que vexas o coiro con outros ollos e, posiblemente, deixarte coa boca aberta.

Setembro é un mes de reactivación. Despois dun descanso volvemos con moita enerxía ao traballo, os nenos volven ao colexio, as fábricas volven poñerse en marcha, e na EMAO arrincamos a ilusión dun novo curso. O alumnado completa os trámites da preinscrición, fan as probas de acceso, matricúlanse e comezan as clases. Son moitos os que chegan a Artesanía en Coiro crendo que a nosa especialidade só se aprende a facer complementos como bolsos, carteiras, cintos, chaveiros… pero xa o primeiro día descobren que o coiro é algo máis, que o coiro é moito máis que iso… xorde entón a inquedanza que nos leva a descubrir a infinidade de posibilidades que presenta este material. Unha sensación que non desaparece cos anos é esa faísca que se acende en setembro, e que acende o que podemos chamar paixón polo coiro.