luns, 28 de febreiro de 2022
Presentación do Libro "Artes y Oficios. Escuela de Artistas" de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez [OUTRAS NOVAS]
sábado, 26 de febreiro de 2022
venres, 25 de febreiro de 2022
82. Grace Hartigan. Precursora da arte pop [PINTURA]
Grace Hartigan (Nova Xersei. 1922– Baltimore 2008)
A artista Grace Hartigan tivo un impulso de buscar, de cuestionar e de cambio, constante.
Alternou entre abstraction e representación, desacatando non mundo de arte por abrazar temas considerados anathema non mundo do arte dúas 1950´s: persoas, temas e clichés dá vida moderna.
Converteuse así nunha precursora da arte pop.
“ Quero unha arte que non é abstracto e non realista”.
Grace Hartigan.
Hartigan Pronto sería clasificada como artista e a segunda xeración do Expresionista Abstracto, parte dun grupo de artistas novos que experimentaron ou impacto de II de Guerra Mundial.
xoves, 24 de febreiro de 2022
mércores, 23 de febreiro de 2022
Rosalía [SERIGRAFÍA]
Hoxe, 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e no taller lembramos esta serigrafía feita por Alba Troiteiro e o proxecto de retratos que está a desenvolver Eila, do curso Avanzado:
luns, 21 de febreiro de 2022
Selección de debuxos II. Grupo Medio [DEBUXO]
A semana pasada presentei neste blog unha selección de debuxos de libreta do grupo da mañán, Perfeccionamento I. Hoxe toca o grupo da tarde, Grupo Medio. Son os grupos do segundo ano no obradoiro de Debuxo da EMAO. Considero que para a formación en Debuxo, esto que vou dicir é unha obviedade, o alumnado ten que debuxar e intentar debuxar a diario, ainda que sexa pouco.
Perspectiva. María Jesús |
XXVI Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor" 2022 [OUTRAS NOVAS]
Coa publicación das bases no BOP nº 25 do luns, día 7 de febreiro de 2022, ábrese o prazo de presentación de debuxos para o XXVI concurso de humor gráfico « Curuxa do humor» organizado pola concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene.
Os premios Curuxa pretenden recoñecer o labor dos mellores humoristas gráficos do momento (tanto galegos como de calquera recuncho de España), así como buscar unha maior proxección pública do Museo do Humor de Fene, un dos poucos no seu xénero no noso país e no mundo.
Nesta vixésimo sexta edición do concurso, o gañador de Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e un diploma, o gañador do segundo premio, 1500 € e un diploma. Para a “Curuxa Nova” (categoría para menores de 25 anos) convócase un primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, e un accésit, dotado con 500 € e diploma.
O fallo do Xurado do XXVI Concurso “ Curuxa do Humor” farase público nos dous meses seguintes á finalización do prazo de presentación de traballos, anunciándose a través da páxina web www.fene.gal e dos diferentes medios de comunicación. O xurado estará composto polo alcalde de Fene, o concelleiro de Cultura, o responsable do Museo do Humor e tres humoristas gráficos ou expertos en humor gráfico nomeados polo Concello de Fene.
domingo, 20 de febreiro de 2022
Exposición no ESPAZO EMAO: Setembro... descubrindo o coiro [ARTESANÍA EN COIRO]
Setembro é un mes de reactivación. Despois dun descanso volvemos con moita enerxía ao traballo, os nenos volven ao colexio, as fábricas volven poñerse en marcha, e na EMAO arrincamos a ilusión dun novo curso. O alumnado completa os trámites da preinscrición, fan as probas de acceso, matricúlanse e comezan as clases. Son moitos os que chegan a Artesanía en Coiro crendo que a nosa especialidade só se aprende a facer complementos como bolsos, carteiras, cintos, chaveiros… pero xa o primeiro día descobren que o coiro é algo máis, que o coiro é moito máis que iso… xorde entón a inquedanza que nos leva a descubrir a infinidade de posibilidades que presenta este material. Unha sensación que non desaparece cos anos é esa faísca que se acende en setembro, e que acende o que podemos chamar paixón polo coiro.
sábado, 19 de febreiro de 2022
81. Lee Krasner. Cor viva [PINTURA]
É unha das grandes figuras da arte moderna.
A través da pintura abstracta, ela, como os seus colegas, lidou coa modernidade, o Holocausto, a guerra nuclear, a perda e a alegría nun intenso compromiso de levar a pintura máis aló dos límites tradicionais.
Pioneira e participante nesa constelación de artistas do expresionismo abstracto norteamericano.
Está considerada, por críticos, historiadores e institucións, como o epítome de arte moderna na época da posguerra.
venres, 18 de febreiro de 2022
LEIRO NOVO MEMBRO DA REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES [TALLA E ESCULTURA]
mércores, 16 de febreiro de 2022
Catálogo de zanfonas históricas [CAIM zanfona]
luns, 14 de febreiro de 2022
93 Anos das Aventuras de Titín [BIBLIOTECA]
Tintín aparece por primeira vez en Le Petit Vingtième, suplemento infantil do diario belga Le Vingtième Siècle , o 10 de xaneiro de 1929. Naceu da pluma Georges Remi, o ilustrador belga chamado Hergé. As aventuras de Tintín (cuxo nome orixinal en francés é Les Aventures de Tintin et Milou) é unha das máis influentes series europeas de historietas do século XX e característica do estilo gráfico e narrativo coñecido como "liña clara", está constituída por un total de 24 álbums.
Ao longo da evolución do personaxe, Tintín, podemos ver os progresos do seu autor, desde
os primeiros títulos marcados pola doutrina ultraconservadora do diario Le Petit Vingtième ata a ruptura de convencionalismos plasmada a partir do Loto Azul. A investigación realizada por Hergé para contextualizar historicamente as súas Aventuras, así como a súa implícita crítica social converteron a Tintín nunha obra mestra do século XX.
En 1934, Casterman fíxose cargo das edicións de Le Petit Vingtième para a publicación dos álbumes das aventuras de Tintín, desde o cuarto álbum da serie, Os cigarros do faraón. Desde 1942, Casterman publicou versións reelaboradas e coloreadas dos anteriores álbumes de Tintín.
sábado, 12 de febreiro de 2022
venres, 11 de febreiro de 2022
O Clan das Artes e os Oficios [OUTRAS NOVAS]
Con algunhas ausencias hoxe Faro de Vigo publica esta foto do "Clan das Artes e os Oficios" reunidos co antigo mestre de ourivaría Eduardo A. Blanco, que o próximo 14 de febreiro clausura a súa exposición "Eduardo A. Blanco e a Ourivería na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo" que aínda pode visitarse no Espazo EMAO. Grazas de novo a Fernando Franco que na súa sección Mira Vigo sempre ten un oco para a nosa Escola.
Datas: 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Federico Fernández
Documentación: José Luis Mateo Álvarez
Produción e montaxe: Eduardo A. Blanco e Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Federico Fernández