Xoves 3 de febreiro ás 19:30
A vida e obra de Camilo Díaz Baliño están entrelazadas. Como personalidade artística adquiríu unha dimensión histórica, enraizando coa tradición e vangarda dos anos 20 e 30. As imaxes que concibíu nelas plasmou a Historia, a literatura e a cultura galega nunha linguaxe simbólica na que o épico e o poético danse a man. A transcedencia do seu legado viuse no que deixou as seguintes xeracións ata a actualidade.
O libro conta cun prólogo do neto de Camilo Díaz Baliño, Xosé Díaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!