luns, 7 de febreiro de 2022

Cores nun bosque de neuronas [SERIGRAFÍA]

Algúns libros da biblioteca EMAO sobre a cor, hai moitos máis!

Seguindo o fío do que estamos a dar na clase, deixo aquí varios enlaces. No seguinte vídeo o neurocientífico Xurxo Mariño explica o funcionamento da vista humana e o necesaria que é a luz para ver ao ser reflectida polos obxectos e captada polos nosos ollos. Esta luz é unha forma de radiación electromagnética que se transmite por unhas partículas chamadas fotóns, desprazados en forma de ondas de distintas frecuencias. A combinación dos nosos ollos e o noso cerebro permite facer algo extraordinario: converter as distintas lonxitudes de onda en cores, nun rango do vermello ao violeta. Para iso contamos dous tipos de células fotorreceptoras que tapizan as nosas retinas: conos e bastóns.

 ¿De onde procede o azul ultramar? Deborah García no programa de TV Órbita Laika fala dunha prezada cor na arte e a ciencia: o azul. Considerado aínda máis valioso que o ouro na antigüidade, durante o Impresionismo logrou desprazar ao negro, ao considerar que o segundo non era unha cor presente na natureza. Por esta razón, os paraugas negros de Renoir en realidade están pintados con azul cobalto e azul ultramar. A experta en química explica o proceso de extracción do ultramar e fálanos doutra azul clave: o Klein. Esta cor xurdiu dunha demanda do artista Yves Klein presentada ante un laboratorio, rexistrado como “ International Klein Blue ( IKB) en 1960.  

Moi recomendable ver o programa enteiro de RTVE adicado á cor:   https://www.rtve.es/play/videos/orbita-laika/orbita-laika-programa-1-mundo-colores/5677703/

Os seguintes vídeos sobre a cor como medio pictórico foron realizados por José Vicente Martín Martínez para a materia de sintaxe da Imaxe Pictórica do Grao en Belas Artes da Universidade Miguel Hernándfez.

 

 

 Conferencia inaugural do V Curso de Divulgación, Os Avances da Química e o seu Impacto na Sociedade. Ponente: Pedro J. Campos, da Universidade de La Rioja. Título " A química, a luz e a cor".


Na conferencia "Cores nun bosque de neuronas" o neurocientífico Javier De Felipe fala sobre que ten de especial o cerebro humano e en que se diferencia  doutras especies. O estudo do cerebro representa unha ponte fascinante entre a ciencia e a arte. Nesta conferencia abórdase o longo camiño do coñecemento do órgano máis misterioso e apaixonante do ser humano: o cerebro.

Cores nun bosque de neuronas:

 

Aquí podedes descargar o PDF da exposición COLOR, EL CONOCIMIENTO DE LO INVISIBLE. Espacio Telefónica  

Algúns apuntes sobre a cor e a serigrafía e o seguinte enlace é un abecedario interactivo de Cor realizado polo espazo Fundación Telefónica, espero que o disfrutedes!

Abecedario Interactivo da Cor 

Fotos traballando a varias cores en serigrafía


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!