luns, 21 de febreiro de 2022

Selección de debuxos II. Grupo Medio [DEBUXO]

A semana pasada presentei neste blog unha selección de debuxos de libreta do grupo da mañán, Perfeccionamento I. Hoxe toca o grupo da tarde, Grupo Medio. Son os grupos do segundo ano no obradoiro de Debuxo da EMAO. Considero que para a formación en Debuxo, esto que vou dicir é unha obviedade, o alumnado ten que debuxar  e intentar debuxar a diario, ainda que sexa pouco.


Perspectiva. María Jesús

Os traballos de libreta son unha obriga e un compromiso do alumnado para avanzar nesta práctica. Sempre poño o exemplo dun obradoiro de lectura, para avanzar temos que ler os libros que logo se comentan. Pois en debuxo o noso libro a comentar é a libreta.


Despois de colgar a roupa. Isabel

Recordo un alumno de fai uns anos moi aplicado na aula, pero a libreta a tiña chea de post-its. Cada un deles representaba un debuxo pendente. Finalmente presentou todos os debuxos rematados chegado o final de curso. Pero o obxetivo non e ese, o atracón final non é pedagóxico . Anímovos a sacar un anaco de tempo semanal para facer esta tarefa, non só pensando na vosa aprendizaxe, se non tamén nese pequeno legado que deixaredes do noso pequeno mundo que se perderá no tempo.


Estudo dos pes. María


Estudo dos pes. Susana


Estudo dos pes. Isabel


Estudo dos pes. Belén





Estudo de camisa. Lourdes


Estudo de camisa. Mateo



Estudo de camisa. Guillermo.


Estudo de obxetos pequenos. María Jesús



Estudo de navalla. Lourdes

Perspectiva. Julio


A seguir traballando e parebéns polos vosos debuxos. Agardo póximamente ensinar algúns debuxo máis dos que faltades ...Veña, que boten fume esas libretas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!