xoves, 3 de febreiro de 2022

MANUAL PRÁCTICO DE PATRONAXE INDUSTRIAL 1 [MODA]


Botando man do refraneiro popular "cada mestriño ten o seu libriño" na biblioteca da Escola temos infinidade de "libriños" sobre un tema estrutural na especialidade de Moda e Confección, o patronaxe.

Este manual de patronaxe é o resultado dun traballo de investigación, que pretende ser unha achega didáctica ao sector téxtil e ofrecer unha resposta ás necesidades dos profesionais deste ramo. A través dunha estrutura esquemática e sinxela, as autoras quixeron que este libro sexa unha guía práctica para a realización dos patróns, tanto para as persoas introducidas na materia como para aqueles que desexen iniciarse nela. En cada patrón márcanse, paso a paso, as instrucións para seguir, de forma que o usuario sexa capaz de realizar calquera peza de vestir. Tamén se inclúen neste manual as medidas estándar de cada talla, co fin de que se poida seguir con máis detalle o desenvolvemento de cada patrón.

As tres autoras Carmen Noguerol Porca, Rocío Rodríguez Rodríguez e María Tasende Fraga son patronistas e docentes, sendo ademáis confeccionista, modelista e deseñadora, respectivamente. Na biblioteca temos a segunda edición deste título que con anterioridade se publicou con esta portada.

 
É un título interesante para consulta, aínda que a sinteticidade coa que mostra algún patrón é tan concisa que se perden datos sen os que é díficil continuar o patrón se non tes outros coñecementos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!