PROXECTOS 2019. Exposición de proxectos de fin de estudos do alumnado do Curso Avanzado EMAO 2018-19
Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19 durante o ano 2020, a Escola Municipal de Artes e Oficios retoma a súa actividade expositiva no
Espazo EMAO. Reábrese esta sala coa exposición “Proxectos 2019” que reúne os traballos de excelencia do alumnado que rematou os seus estudos das distintas especialidades no curso 2018-19.
A produción de proxectos de fin de estudos ten a súa orixe no
novo Plan de Estudos, aprobado polo Concello no ano 2015, no que se implantou o
nivel educativo Avanzado. Este grao, dun ano académico de duración, é optativo e pecha o currículum académico das persoas matriculadas. Está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto que é titorizado polo/a mestre/a. Este traballo pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle unha selección do produto final dos proxectos persoais do alumnado deste nivel no curso 2018-19; en concreto, das especialidades de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construción artesanal de instrumentos musicais -Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
As 51 obras que aquí se exhiben confórmanse como plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdiciplinariedade.
Proxectos 2019 é a séptima edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciou a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos coa mostra
Proxectos 2013.
No vindeiro mes de xuño abrirase a exposición “Proxectos 2020-21” coas obras do alumnado que rematou nos cursos 2019-20 e 21, recuperando así as mostras que quedaron pendentes tralos meses de confinamento e suspensión de actividade derivada das restricións da pandemia.
CRÉDITOSNome: Proxectos 2019 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2018-19]
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 23 de abril ao 4 de xuño de 2021
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
Cartaz: Federico Fernández
Supervisión lingüística: Xosé Feixó
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
NOTA IMPORTANTE: Debido ás medidas de prevención COVID-19 redúcese a un máximo de 20 persoas a presencia simultánea na Sala.