PROXECTOS 2019. Exposición de proxectos de fin de estudos do alumnado do Curso Avanzado EMAO 2018-19
A produción de proxectos de fin de estudos ten a súa orixe no novo Plan de Estudos, aprobado polo Concello no ano 2015, no que se implantou o nivel educativo Avanzado. Este grao, dun ano académico de duración, é optativo e pecha o currículum académico das persoas matriculadas. Está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto que é titorizado polo/a mestre/a. Este traballo pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle unha selección do produto final dos proxectos persoais do alumnado deste nivel no curso 2018-19; en concreto, das especialidades de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construción artesanal de instrumentos musicais -Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
As 51 obras que aquí se exhiben confórmanse como plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdiciplinariedade.
Proxectos 2019 é a séptima edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciou a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos coa mostra Proxectos 2013.
No vindeiro mes de xuño abrirase a exposición “Proxectos 2020-21” coas obras do alumnado que rematou nos cursos 2019-20 e 21, recuperando así as mostras que quedaron pendentes tralos meses de confinamento e suspensión de actividade derivada das restricións da pandemia.
CRÉDITOS
Nome: Proxectos 2019 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2018-19]
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 23 de abril ao 4 de xuño de 2021
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
Cartaz: Federico Fernández
Supervisión lingüística: Xosé Feixó
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
NOTA IMPORTANTE: Debido ás medidas de prevención COVID-19 redúcese a un máximo de 20 persoas a presencia simultánea na Sala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!