venres, 30 de abril de 2021

VI Certame de Gaita e Tamboríl. Tui [CAIM GAITA]

Imaxe dunha edición anterior
 

Logo dun ano de parón obrigado pola pandemia do Covid-19, neste 2021 vólvese  a convocar este certame de gaita e tamboríl que xa vai pola súa sexta edición. Organizado pola A.C.D.R.X San Telmo,terá lugar o día 3 de xullo na praza de San Fernando, ó carón da catedral.

Trátase dun certame para formación de gaiteiro e tamborileiro, que conta con premios en metálico e en material, como un punteiro do Obradoiro Antón Corral ou uns farrapos de O baúl de Isaura, entre outros. Os aspectos que terán en conta os membros do xurado serán:

A interpretación
A expresividade e fraseo
A afinación
A dificultade da peza
A autenticidade

Para todos aqueles que estedes interesados en participar deixo aqui as bases do certame e a folla de inscripción, e os que non participedes podedes animarvos a asistir e deleitarvos coas interpretacións dalgúns dos mellores gaiteiros e tamborileiros de Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!