luns, 5 de abril de 2021

O Paraíso Perdido [DEBUXO]

John Milton foi un poeta e político ingles do S.XVII. Algúns críticos sitúan a súa obra literaria á altura da de Shakespeare. Milton é coñecido sobre todo polo seu poema épico "O paraíso perdido" " Paradise Lost" publicado en 1667. O poema é unha epopeya bíblica que remata ca caida en desgracia de Adán e Eva cando son desterrados do xardín do Edén por incumplir os designios de Deus. Trata da loita entre o ben e o mal personificado no Deus e no Diaño, pero tamén trata do sufrimento do home e de como un Deus xusto deixa que a súa gran creación sufra dese xeito.

No ano 2015 Pablo Auladell publicou unha adaptación moi singular do poema de Milton que comenzara xa no 2010 grazas ao encargo da Editorial Huacanamo. O proxecto consistía nunha adapatación do poemario en forma de BD. Auladell sacou con esta editora un primeiro tebeo adicado a Satán. O proxecto  paralizouse e permaneceu en barbecho varios anos para retomalo novamente con outro caráter estético. A novela gráfica é un recorrido visual narrado cunhas imaxes que escapan do que habitualmente vemos na BD. 

Describe en imaxes o mundo imaxinario do ceo e o inferno utilizando técnicas secas nunhas viñetas que me gustaría ver no formato en que están realizadas orixinalmente, xa que penso que deben ser bastante grandes. En este traballo non so se aprecia a facilidade narrativa que posee Auladell, se non tamén o grande debuxante que é. Cada viñeta ou cadriño xa funcionan todas e cada unha delas por separado...xuntas, secuenciadas, forman unha obra de arte actual que nos traslada ao romanticismo do XIX. Penso en Willian Blake, penso tamén en Gustave Doré e de como este autor de hoxe  inspirouse nestas fontes, xa que tanto Blake como Doré ilustraron o texto de Milton.

"Paradise Lost" de Willian Blake
"Paradise Lost" de Gustave Doré

O resultado é un libro inolvidable que publica a editora Sexto Piso. Outro deses que non estaría de máis telo na nosa librería de destacados para de cando en vez perderse nos seus debuxos, disfrutar das imaxes por separado e reler novamente eses versos visuais.





2 comentarios:

  1. Moi interesante todo o contido do libro

    ResponderEliminar
  2. É preciosa a publicación do poema de Milton, adaptada por Pablo Auladell.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!