mércores, 21 de abril de 2021

Montaxe da Exposición "Proxectos 19" no Espazo EMAO [EXPOSICIÓNS EMAO]

Despois da paréntese que supuxo a crise sanitaria provocada pola Covid-19, o Espazo EMAO recupera o seu calendario e presenta este próximo venres, 23 de abril, a exposición Proxectos 19. Producida integramente pola EMAO, presenta algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2018-2019. 

Nestes días mestres e alumnado das especialidades de Cerámica, Artesanía do coiro, CAIM zanfona, Debuxo, Deseño e encaixe de palillos, Ourivería e Escultura e talla en madeira, afánanse na súa montaxe baixo a supervisión e coordinación dos comisarios da mesma: Rosa García, mestra de escultura e talla en madeira, Darío Basso, mestre de pintura e Federico Fernández, mestre de debuxo. 

Aquí tedes algunhas fotos...

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!