xoves, 29 de abril de 2021

Identificación de tecidos para a estampaxe serigráfica [MODA E CONFECCIÓN/ SERIGRAFÍA]

Este martes o obradoiro de Moda e Confección desplazouse ata o patio da Escola para dar a clase de identificación de tecidos para a estampaxe serigráfica. Todos os anos os alumnos de Básico de Serigrafía reciben esta clase na que a mestra de Moda e Confección explica uns conceptos sinxelos sobre os tecidos. Comezamos explicando como nos vamos a atopar a tea cando cheguemos ao comercio, os seu formatos e a súa estructura. As diferenzas entre tecido de calada e o de punto e as propiedades de cada tipo. Profundamos en con qué están feitos os tecidos e na clasificación das fibras.

Experimentamos coas fibras naturais e as químicas. Coñecimos as propiedades e procesos de producción e Emma trouxo as súas novas  mascotas: os gusanos de seda. Tamén vimos as claves para  poder identificar un tecido cando non podemos ver a etiqueta de composición. 

Hoxe en día non chega con recoñecer un tecido polo tacto xa que os avances da industria téxtil pretenden, no  laboratorio, asemellar o máis posible os tecidos químicos aos naturais  e esto da identificación é moi importante para os alumnos de Serigrafía xa que no mercado existen diferentes tintas para cada tecido e hai que coñecer ben o material e as súas caracteristicas  para conseguir o resultado e a calidade esperada.

Fixemos un execicio de recoñecemento de tecidos pola combustión onde o alumnado demostrou que estivo  ben atento á explicación.






 

 

 

 

 

1 comentario:

  1. maravillosa proposta. Os de Debuxo víamos desde enriba como utilizastes o patio e dábanos certa envexa.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!