Coa finalidade de coñecer a opinión do alumnado e realizar unha auto-avaliación sobre a actividade de ensino non presencial na EMAO durante o período de peche obrigado pola crise COVID-19 a principios do ano 2021, enviouse un cuestionario ao alumnado sobre distintos aspectos de interese.
Presentamos aquí un resume dos seus resultados:
Obxectivo: Recabar a opinión do alumnado sobre a prestación do servizo de formación mediante medios non presenciais postos en marcha pola Escola. Avaliar a intensidade e calidade do impacto no alumnado das medidas formativas de emerxencia postas en práctica neste período. Servir de guía ao profesorado para o perfeccionamento dos métodos en eventuais situacións similares.Características xerais:
- Ferramenta utilizada: Cuestionarios de Google Drive
- Modalidade: online
- Poboación de destino: alumnado con matrícula viva curso 2020-21, agás alumnado de Encadernación.
- Envío: aviso por correo electrónico con enlace a cuestionario: 15 febreiro 2021
- Ferramenta utilizada: Cuestionarios de Google Drive
- Modalidade: online
- Poboación de destino: alumnado con matrícula viva curso 2020-21, agás alumnado de Encadernación.
- Envío: aviso por correo electrónico con enlace a cuestionario: 15 febreiro 2021
- Identificación participantes: anónima con indicación de especialidade e nivel
- Número de items: 11
- Período admitido de resposta: 15 ao 24 de febreiro
Datos:
- Número de enquisas enviadas 480
- Numero respostas recibidas: 218
Preguntas incluídas:
1. A pesar das evidentes limitacións que implica non poder dispoñer da práctica no taller durante o período de suspensión de clases ¿Consideras importante que a EMAO manteña actividades formativas non presenciais nos momentos de peche obrigado da Escola pola crise COVID?
2. ¿Foi suficiente orientación a programación, metodoloxía e horario enviado polo/a mestre/a, para desenvolver traballo no domicilio durante o tempo de suspensión das clases presenciais?
3. ¿Mantiveches durante este período contacto habitual co teu mestre/a por correo-e, watshap, videoconferencia ou outro medio online?
4. ¿Que medio/s consideras máis útil/es para a formación non presencial nestes períodos?
5. Dos medios anteriores, sinala só os dous que che parezan máis útiles
6. Dos medios anteriores ¿cales utilizaches co teu/túa mestre/a neste período?
7. Valora de 1 a 10 a atención e calidade da atención recibida do/a teu/túa mestre/a
8. Valora de 1 a 10 o contido da túa especialidade publicado no Blog EMAOENLIÑA
9. De acordo coa túa experiencia e intereses ¿que cousas mellorarías nesta atención non presencial? (pregunta aberta)
10. Especialidade na que estás matriculado/a no curso 2020-21 11. Nivel no que estás matriculado/a
Resume gráfico de respostas (as de preguntas abertas e as respostas "outro" nas preguntas pechadas, pola sú ampla variedade, non se recollen aquí):
NOTA: se ben se enviou o cuestionario ao alumnado de Pintura, non houbo actividade non presencial nesta especialidade nese período por ausencia xustificada do profesor da mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!