O Centro de Artesanía de Aragón acolle o XVII Premio Internacional de Cerámica Contemporánea CERCO 2021 que apoia e promove a creación contemporánea da cerámica. Esta convocatoria está aberta a artistas contemporáneos de todo o mundo, de calquera idade, emerxentes ou consagrados, individuos ou membros de colectivos, sen restricións de temática, que utilicen a cerámica como medio artístico.
As obras que se presenten non poderán ser premiadas noutros concursos e as dimensións non poderán exceder de 2 m. na súa parte máis longa ó 1 m³ de volume total, nin un peso superior a 50 kg. en cada unha dos seus partes. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 10 de xuño de 2021.
Os seleccionados do Premio realizarán unha exposición na cal un xurado
composto por importantes figuras do mundo da arte fallarán o Premio
CERCO dotado con 6000 euros e dous accésits. A obra premiada pasará a
formar parte dos fondos da Asociación de Artesáns de Aragón e exhibirase
de forma permanente xunto co resto dos premios outorgados desde a orixe
do certame.
Descarga as bases e inscríbeche a través do formulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!