xoves, 22 de abril de 2021

Proxectos 2019: Nova Exposición no Espazo EMAO [EXPOSICIÓNS EMAO]

Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19 durante o ano 2020, a Escola Municipal de Artes e Oficios retoma a súa actividade expositiva no Espazo EMAO. Mañá 23 de abril, reábrese esta sala coa exposición “Proxectos 2019” que reúne os traballos de excelencia do alumnado que rematou os seus estudos das distintas especialidades no curso 2018-19.

Nome: Proxectos 2019 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2018-19]
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 23 de abril ao 4 de xuño de 2021
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
Cartaz: Federico Fernández
Supervisión lingüística: Xosé Feixó
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

NOTA IMPORTANTE: Debido ás medidas de prevención COVID-19 redúcese a un máximo de 20 persoas a presencia simultánea na Sala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!