Gallardo é un ilustrador e historietista pioneiro, coñecido na década dos 80 polo personaxe de Makoki que guionizaba Mediavilla. O personaxe de Makoki ata tivo unha canción que tocaba o grupo Paraíso.
"Makoki, Makoki, Makoki es cojonudo, el enemigo público número uno"
MAKOKI |
A carreira de Gallardo é ampla, extensa e diversa, desde os seus comenzos na banda underground con influencias estéticas de Crumb e de Shelton, ata os seus traballos autobiográficos da relación ca súa filla María, que historiou e levou ao formato de novela gráfica no ano 2007 e no 2015 e que ten unha estética amable e de fácil lectura visual. No ano 2009 faise un documental sobre o libro MARÍA Y YO que foi finalista nos premios Goya. A discapacidade de María, unha nena autista, é tratada por Gallardo neste libro dun xeito sensible e divertido cunha mirada delicada que resulta reveladora. Un traballo que ten paralelismo co de Gusti "Malko y papá", que xa mencionamos nunha anterior publicación. Trátase e dous pais ilustradores con fillos con necesidades especiais e fan da súa experiencia cos seus fillos, un traballo de sensibilización e visualización, pero desde un punto de vista normalizador.
GALLARDO
Teño libros que me acompañan desde fai moitos anos, e de cando en vez quítolles o po, os abro e os releo. Pasoune estes días cun libro, supoño que descatalogado, titulase "Gallardo, Blanco y Negro". Como en anteriores entradas tocamos o tema das libretas de bosquexos de ilustadores e non falei de Gallardo nese momento, pensei que debía dedicarlle un espazo cando voltei a abrir este libro, xa que ademáis de ter cadriños rematados de humor gráfico, conta cunha boa cantidade de páxinas adicadas aos bosquexos feitos directamente a lapis. Ten algúns en concreto que me parecen fantásticos polo ben que o autor mistura na súa coctelera particular toda a cultura pop.
HUMOR GRÁFICO
BOSQUEXOS
Cóctel de personaxes |
Xente e cousas gallardescas |
Gallardo sen dúvida xa forma parte desa cultura pop "hispana" cas imaxes que nos regalou nestas catro décadas. Gallardo denomínase a si mesmo tradujante, non debuxante, xa que según él traduce o que os demais pensan a imaxes... paréceme unha boa verba para definir aos ilustradores. Os seus traballos son moi recoñecibles en semanais de tirada nacional como o da Vanguardia ou El País, pero tamén internacionais como o New Yorker ou no New York Times. No ano 2014 foi galardoado co Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.
Jorge Negrete gallardonado |
Roger Mur, pero non o de Lost in Translation |
Gallardo di que debuxa como un aficionado para non meterse moita presión no resultado, eso fai que os seus debuxos, a súas ilustracións, manteñan a frescura que vemos nos bosquexos. Recordo sempre deste libro a interpretación do Titín gallardesco...xenial.
Unha interpretación que non gustaría ... |
...moito a Hergé |
"Miguel Gallardo é trazo puro. É esa liña precisa, nin un milímetro máis arriba ou máis para alá...MG é unha mirada tenra e agarimosa, irónica, detallista, rápida, sabia e sintética. Sempre dicindo moito co mínimo...MG nace ca vontade de acabar impreso. A unha tinta, a tintas planas, a toda cor. MG é a tradición do debuxante humilde". Esto dicia Javier Mariscal deste Gallardo do ano 96.
ENTREVISTA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!