luns, 21 de novembro de 2022

Conferencia "A Arquitectura de Vigo e o Mar" por César Portela Fernández-Jardón [OUTRAS NOVAS]


Xoves 24 de novembro ás 19:30 h. na nosa hemeroteca. Dentro do Ciclo de Conferencias Forum 2022 do Instituto de Estudios Vigueses.

Ciclo Homenaxe 3. María Casares Actriz con Carmen Becerra [OUTRAS NOVAS]

 

Terceira e última das actividades do ciclo coa proxección da película Les dames du Bois de Boulogne:

María Casares, Actriz
Martes 22 de novembro, ás 19 horas
Biblioteca da EMAO
Con Carmen Becerra.
Proxección de Les dames du Bois de Boulogne.


 

Venres da EMAO 25-11-2022. Grandes Ourives: a Casa Fabergé [Ourivería]

 

A mediados do século XIX nace a Casa Fabergé, ligada á Rusia dos Zares coa creación dos Ovos Imperiais. Esta Casa chegou a producir en 35 anos máis de 250.000 pezas. 

O documental "Fabergé, os obxectos de desexo" mergúllanos nun universo incrible, volve sobre o destino do Clan Fabergé e explora todo o seu traballo. Unha aventura humana excepcional que tivo lugar nun Imperio ruso en declive a piques de ser varrido pola revolución.

Fotos da Conferencia "Conservación e Restauración dos Fondos Bibliográficos da EMAO" por Carmen Poyán [VENRES DA EMAO]

Mª Jesús Cuesta e Carmen Poyán


 

Resumo en Imaxes da Actividade Cultural na EMAO da Semana do 14 ao 18 de Novembro [OUTRAS NOVAS]

O xoves 17 de novembro 

Ceferino de Blas (exdirector de FARO e cronista oficial de Vigo) presentou no Salón de Actos o seu novo libro, “Vigo e o Nadal. Do branco e negro á cor”


 

Mar Dorrio presentou na hemeroteca o seu libro "Calendario de Adviento"


Martes 15 de novembro 

Segunda das conferencias do Ciclo Lembrando a María Casares. Memoria viva de María Casares por María Lopo. Ciclo organizado polo Ateneo Atlántico


 

luns, 14 de novembro de 2022

Venres da EMAO 18-11-2022. Conservación e Restauración dos Fondos Bibliográficos da EMAO [BIBLIOTECA]

 

Desde o ano 2015 a Escola de Artes e Oficios está a facer un gran esforzo para a conservación e restauración de libros, revistas e debuxos do fondo histórico da súa biblioteca.

Ata o de agora restauráronse 25 volumes. Aos que hai que engadir 15 láminas con debuxos de antigos alumnos para a exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo" que se exhibiu no Espazo EMAO entre xuño e outubro do ano 2019.

O criterio de restauración que se seguiu é o de conservar a estrutura orixinal da obra e os tratamentos e intervencións realizados son totalmente reversibles. Esta tarefa foi realizada pola restauradora Carmen Poyán Rasilla que este venres vai contar algúns aspectos moi interesantes do seu traballo.

Conferencia "Memoria Viva de María Casares" con María Lopo [OUTRAS NOVAS]

 

 
Mañá as 19:30 terá lugar na nosa hemeroteca a segunda das conferencias do Ciclo Lembrando a María Casares. Memoria viva de María Casares por María Lopo. Ciclo organizado polo Ateneo Atlántico

O proximo 21 de novembro cúmprese o centenario do nacemento de María Victoria Casares Pérez (A Coruña, 21 de novembro de 1922 – Alloue, Charente, Francia, 22 de noviembre de 1996) e o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento á actriz coa celebración dun ciclo de charlas co nome xenérico de “Lembrando a María Casares”.
Despois do seu exilio a Francia en 1936 (era filla de Casares Quiroga, presidente do goberno da República española con Manuel Azaña) trunfou como actriz de teatro e cine española nacionalizada francesa que triunfó como exiliada en este último país, donde residió desde su juventud desde 1936, a raíz del exilio de su padre, el político Santiago Casares Quiroga, que había sido ministro y jefe de Gobierno de la Segunda República Española bajo la presidencia de Manuel Azaña.

Nacionalizada francesa en 1975, é considerada francesa por los franceses e integrou, xunto a Edwige Feuillère e Madeleine Renaud o grupo de tráxicas máis notable da súa xeración en Francia.


Martes 15 de novembro ás 19.30 horas na Biblioteca da EMAO
Coa proxección de diversos documentos audiovisuais.

Chachachá estudo e a galería Maraca [SERIGRAFÍA][DEBUXO][VENRES DA EMAO]

 O "Venres da Emao" é unha programación semanal que ten por obxecto a difusión cultural vencellada ás especialidades que se imparten na escola, neste caso vencellado ás especialidades de Serigrafía e Debuxo. 

O venres estivo na escola Raúl Bermúdez, capitán de Chachachá estudo. Un estudo de deseño que leva máis de 16 anos travallando en Vigo e posicionándose como referente en Galiza tanto en ilustracións como en motion graphics colaborando con grandes empresas e organizacións ( Greenpeace, Neox con The big Bang Theory ou a serie Vis a Vis, Xacobeo, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura etc).

Este estudo de deseño foi o creador da revista cultural DOT, do MERCADOT que foi un evento de tres días realizado nun edificio abandoado e acondicionado para a ocasión onde se amosaban os traballos de ceradores galegos e diversas actividades como presentacións, talleres e concertos e este estudo editou dous libros que recollen os traballos de máis de 50 ilustradores actuais e van camiño de editar o terceiro.

Agora Raúl engade ás súas andanzas a creación da Galería Maraca na rúa Doutor Cadaval 12. Desto e de moito máis falounos Raúl na súa presentación deixando entrever o agarimo que lle ten a escola debido a que foi alumno e na súa galería tamén hai traballos de alumnado da EMAO.


Fotos da Presentación da Galería Maraca [VENRES DA EMAO]

Federico Fernández, Raúl Bermúdez e Alba Pardo