luns, 25 de maio de 2026
xoves, 21 de maio de 2026
22-5-2026. Venres da EMAO presenta "Laboratorio de Cordas" con José Catoira e Pablo Sánchez [DEPARTAMENTO MÚSICA TRADICIONAL DA EMAO]
Pablo Sánchez é guitarreiro e no seu obradoiro da Coruña constrúe guitarras clásicas, mandolinas e outros instrumentos da familia da corda pulsada, así como tamén fai reparacións e axustes de instrumentos históricos.
Laboratorio de Cordas é o punto de encontro destes dous violeiros coruñeses, un espazo para a creatividade, un xeito de traballar libre e sen ataduras á tradición que ten moitas veces a violería clásica, buscando dar renda solta ás ideas e conceptos a desenvolver, xa sexa na forma, nos materiais ou no propio uso dos instrumentos.
Presentado por Begoña Riobó (técnica do Dpto de Música Tradicional da EMAO)
Data: 22 de maio de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
mércores, 8 de abril de 2026
11 e 12 de abril de 2026. 3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais [DEPARTAMENTO DE MÚSICA TRADICIONAL DA EMAO]
Deste xeito, e tal e como se recolle na súa propia entrada do Programa dos Días Europeos da Artesanía 2026, o Encontro comprende unha exposición de instrumentos construídos polos asociados de LABRA que queiran participar en cada edición, así como unha serie de actividades complementarias entre as que haberá:
- Presentacións de proxectos individuais que podan ser de interese para o grupo ou para o público.
- Faladoiros de temas específicos dirixidos ao público profesional.
- Concertos que serven de mostra do traballo dos asociados.
- Debates internos nos que se tratan temas específicos de interese para a Asociación.
luns, 2 de febreiro de 2026
venres, 30 de xaneiro de 2026
30-1-2026. Venres da EMAO presenta o libro "O violín que trae o vento" por Adrián Méndez [DEPARTAMENTO DE MÚSICA TRADICIONAL]
Adrián Méndez, músico, investigador e
docente vencellado á cultura popular galega, gaiteiro e zanfonista en
De Ninghures e coordinador da Foliada da Fonsagrada, presenta "O violín
que trae o vento", un libro que recupera a figura de Modesta Fernández
López, a cega de Noceda, violinista da Fonsagrada e voz singular da
música tradicional. A través da memoria de quen a coñeceu, a obra
reconstrúe a súa vida e o seu xeito de sentir e interpretar a música,
complementándose con gravacións que traen ao presente o seu legado.
Coa participación do dúa Pärbo, Marina Carpente e Matría Jorge
Presentado por Begoña Riobó (técnica do Departamento de Música Tradicional da EMAO)
Data: 30 de xaneiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.












