José Catoira é un luthier coruñés con obradoiro en Ribadavia que divide o
seu tempo entre Galicia e Cremona, onde constrúe instrumentos
inspirados no estudo da escola clásica italiana dos séculos XVII e
XVIII.
Pablo Sánchez é guitarreiro e no seu obradoiro da Coruña constrúe guitarras clásicas, mandolinas e outros instrumentos da familia da corda pulsada, así como tamén fai reparacións e axustes de instrumentos históricos.
Laboratorio de Cordas é o punto de encontro destes dous violeiros coruñeses, un espazo para a creatividade, un xeito de traballar libre e sen ataduras á tradición que ten moitas veces a violería clásica, buscando dar renda solta ás ideas e conceptos a desenvolver, xa sexa na forma, nos materiais ou no propio uso dos instrumentos.

Presentado por Begoña Riobó (técnica do Dpto de Música Tradicional da EMAO)
Data: 22 de maio de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!