luns, 31 de maio de 2021

31º Edición de Raku segundo Nigrán 2 [OUTRAS NOVAS]

 

Aquí tedes un vídeo feito por Rebeca, alumna de cerámica, que resume moi ben unha das xornadas de esta 31 Edición de Raku segundo Nigrán.

domingo, 30 de maio de 2021

72. O debuxo que pensa. ENZO CUCCI [PINTURA]

Enzo Cucchi (Morrom d'Alba, Italia 1949)

Representante do movemento italiano das vangardas italianas.

Poeta, pintor, gravador, escultor e deseñador, que comezou a obter recoñecemento internacional nos anos 80. Os seus debuxos, escritos e libros de artista destacan pola forza poética que emanan e por ser a orixe da súa obra pictórica.

venres, 28 de maio de 2021

31º Edición de Raku segundo Nigrán [OUTRAS NOVAS]

 
Hoxe remata a 31 edición de Raku segundo Nigrán, que non puidera celebrarse o ano pasado por mor da crise sanitaria provocada pola Covid19, durante os días 24 e 28 de maio desenvólvense estas xornadas nas que participan o alumnado da especialidade de cerámica artística da EMAO e o alumnado da Escola de Cerámica de Nigrán. Xornadas creadas e organizadas desde hai máis de 30 anos polos mestres das respectivas Escolas, Miguel Vázquez e Emilia Guimeráns.
O raku segue evolucionando e Nigrán fai a súa propia versión, os participantes gozan durante unha semana do traballo compartido e do intercambio de coñecementos. 
A continuación podedes ver algúns deses momentos. Moitas grazas a Mario López que nos enviou estas fotografías.

xoves, 27 de maio de 2021

36º Edición do Premio BMW de Pintura [OUTRAS NOVAS]

Desde hoxe, 27 de maio, ata o 29 de xullo poderás enviar a túa obra á 36º edición do Premio BMW de Pintura. 

As obras a concurso pódense presentar a través da web: www.premiobmwdepintura.com 

Cada artista poderá participar con ata cinco obras, e só as pinturas preseleccionadas serán solicitadas aos seus autores/ as para o seu envío físico. Antes de enviar a túa candidatura revisa as bases desta edición! 

O xurado do Premio BMW de Pintura, formado por un equipo de recoñecidos profesionais do mundo da cultura española, poderá valorar a traxectoria de cada artista, podendo ter en conta tanto as obras presentadas a concurso como o Currículo Vitae dos e as participantes, así como o dossier con traballos anteriores e outra información complementaria que cada artista envíe. 

A dotación económica dos premios nesta edición alcanza un total de 43.000 euros en premios divididos nas seguintes categorías: 

– Premio BMW de Pintura: 25.000 euros

 – Bolsa Mario Antolín de Axuda á Investigación Pictórica: 8.000 euros

 – Premio á Innovación: 6.000 euros

 – Premio BMW ao Talento máis Novo: 4.000 euros

 Máis información

XVI Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense [OUTRAS NOVAS]

A Deputación provincial de Ourense convoca o XVI Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.

O certame rexerase polas seguintes:
 
BASES

1.- A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc)

2.- Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

3.- A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase utilizar calquera tipo de técnica e material.

4.- Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.

5.- As obras axustaranse ás seguintes características:

Pintura: Non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: Terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres

6.- As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico. 

7.- Establécense os seguintes premios, sen distinción de modalidade:

Primeiro premio.- 3.000 € 
Segundo premio.- 2.000 €
Terceiro premio.- 1.000 €
Dous accésits de 500 € cada un 

mércores, 26 de maio de 2021

Duodécimo Premio Auditorio de Galicia para Novas/os Artistas 2021 [OUTRAS NOVAS]

 

 

Dirixido a artistas nados ou residentes en Galicia que sexan menores de 40 anos o 31 de decembro de 2021.  A participación poderá ser individual ou como colectivo. Neste último caso todos os membros do colectivo deberán cumprir estes requisitos.

O prazo de envío de solicitudes queda aberto desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

ENVÍO DE SOLICITUDES do 26 de maio ao 3 de setembro de 2021

Descarga as bases e participa!

BASES PARA DESCARGAR

 

sábado, 22 de maio de 2021

A Universidade de Vigo presume de talentos [OUTRAS NOVAS]

 

A Universidade de Vigo presume de talento para captar alumnos. O IES Santo Tomei estrea a exposición itinerante Eu son UVigo! protagonizada por 17 dos seus titulados e científicos máis coñecidos.

“Con esforzo e traballo”, a Universidade axuda a “facer realidade os soños”. É a mensaxe que a institución quere transmitir con “Eu son UVigo!”, unha exposición itinerante que percorrerá institutos das catro provincias, así como centros sociais e culturais, e que está protagonizada por algúns dos seus egresados e investigadores máis recoñecidos, entre eles, a escritora Ledicia Costas, David Amor, Alba Aguión ou o enxeñeiro Diego Nodar da e empresa Alén Space. Tamén son inspiradoras as traxectorias do docente e investigador Pablo Romero, que colaborou con Netflix; Martiño Prada, que lidera desde Nova York o equipo de tradución de Spotify; Jesús Cal, do departamento de vendas e mercadotecnia de Tesla; Lorena Alba, responsable da área Loxística de Inditex; ou o catedrático Jesús Simal, un dos mellores investigadores do mundo no seu ámbito. 

A iniciativa “visibiliza” os logros da institución a través dos éxitos profesionais e persoais dos seus protagonistas e busca dar a coñecer a súa oferta de títulos nos institutos. Tamén pretende visibilizar o ámbito artístico e humanístico, porque a UVigo sempre se vincula máis ao tecnolóxico. Neste ámbito brilla con luz propia o noso mestre de debuxo Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración Infantil en 2002, cunha dilatada carreira como ilustrador ás súas costas.

 

Tamén queremos destacar a traxectoria da artista multidisciplinar Abi Castillo, alumna de cerámica artística na EMAO.



Parabéns a todos e todas!

Fonte: Faro de Vigo

venres, 21 de maio de 2021

Anna Atkins [SERIGRAFÍA]

  A emulsión da cianotipia foi inventada en 1842 por Sir John Herschel e produce impresións en cor azul. A botánica británica Anna Atkins en 1843 publicou unha serie de libros documentando plantas cuxas ilustracións estaban realizadas mediante cianotipia o que lle permitía documentalas sen ter que debuxar. Pola súa serie British Algae, Anna Atkins é considerada como a primeira muller fotógrafa. 

  Esta técnica de impresión a facemos no noso obradoiro xogando tamén a insolar pantaias serigráficas coa luz natural do sol. Antes de falar do interesantísimo traballo de Anna Atkins comecemos polo principio:

Cadernos de África [DEBUXO]

No ano 1988 o pintor maiorquín Miquel Barceló chega a Gao, cidade de Malí situada á beira do río Níger. "¿Qué he venido a hacer aquí?"... preguntárase.

Miquel Barceló era un mozo pintor de 31 anos que recibira o Premio Nacional de Artes Plásticas un ano antes e que namorara coa súa obra á crítica de medio mundo. Xa alumeaba coma unha estrela consolidada da pintura cando aínda estaba na década dos vinte. Esta estrela tamén mediática, necesitaba un retiro, un lugar onde parar, reflexionar, observar. Un lugar de inspiración e de luz. Barceló trasládase á cidade máis pobre dos países máis pobres do mundo. 

Sae nun barco "ateigado de árabes durmindo nos corredores, cheos de lixo e de vómitos". Fai travesía desde Alicante ata Orán. Comenza a súa viaxe a África.



A loita en África

martes, 18 de maio de 2021

EL PRADO “A LA VUELTA DE LA ESQUINA” 18 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS [OUTRAS NOVAS]

EL PRADO O VIRAR A ESQUINA 


A la vuelta de la esquina (foto: Museo del Prado)
A LA VUELTA DE LA ESQUINA (FOTO DEL MUSEO DEL PRADO)

Hoxe con motivo do día internacional dos museos o Museo do Prado lanza unha iniciativa  “a la vuelta de la esquina” para activar a presenza da  pinacoteca fóra das súas históricas paredes. Calquera que pase polas rúas de Madrid dende hoxe e durante tres semanas poderá gozar e sorprenderse cunha vintena de cadros da colección, que romperán a cotiandade dos transeúntes facéndolles partícipes dalgunhas obras de arte da colección dunha das  pinacotecas máis importantes do mundo.

71. FIXARSE. ELLSWORTH KELLY [PINTURA]

Ellsworth Kelly (1923 - 2015, EUA) foi un artista estadounidense que desempeñou un papel clave no desenvolvemento da arte minimalista nos Estados Unidos.

É un dos representantes máis importantes da pintura ¨Color Field¨, o que leva á pintura mínimal.



 

Kelly é coñecido sobre todo polos seus lenzos dunha soa cor con "formas" que superaban as típicas formas cadradas ou rectangulares.

Adaptando a forma da pintura a idea pintada.



Día Internacional dos Museos 2021 [OUTRAS NOVAS]

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición —incluído o pasado 2020, cun altísimo índice de participación a pesar das limitacións impostas por un formato exclusivamente dixital.

A crise da Covid-19, propagada polo mundo enteiro, tivo graves repercusións no sector cultural a curto e longo prazo. Non obstante, tamén serviu de catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha. En particular, un maior enfoque cara á dixitalización e a creación de novas formas de experiencia e difusión, e o reforzo do potencial creativo da cultura como motor de recuperación e innovación na era post-Covid.

Co tema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, o Día Internacional dos Museos 2021 invita aos museos, aos seus profesionais e ás comunidades a crear, imaxinar e compartir novas prácticas de (co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais, e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.
 

O MARCO celebra unha data tan especial coa realización de obradoiros para público infantil e adulto, que se escalonarán durante catro días consecutivos, do 18 ao 21 de maio, xunto a visitas guiadas á exposición 4 PROXECTOS e actividades do Club de Lectura.

martes, 11 de maio de 2021

Vermello con V Valentino [MODA]

Hoxe, 11 de maio, o deseñador Valentino cumpre 89 anos, e dende o obradoiro de Moda e Confección da EMAO queremos rendir homenaxe á súa figura e á súa cor fetiche.


Os Mestres da EMAO [OUTRAS NOVAS]

Publicado no Faro de Vigo

Grazas a Fernando Franco pola referencia á nosa exposición Proxectos 2019 que fai na súa sección "Mira Vigo"

Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 23 de abril ao 4 de xuño de 2021
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas 
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.
Cartaz: Federico Fernández
 
NOTA IMPORTANTE: Debido ás medidas de prevención COVID-19 redúcese a un máximo de 20 persoas a presencia simultánea na Sala.

luns, 10 de maio de 2021

Proxectados I [DEBUXO]

O día 23 de abril inaugurouse a exposición Proxectos 19 no Espazo Emao. Tras dous anos de espera motivada  por distintas circunstancias, por fin o espazo  puido acoller esta exposición tan esperada. O alumnado de Debuxo, como o resto do alumnado que realizou os proxectos do curso Avanzado no ano 19, agardaba impaciente poder amosar os resultados. Estes proxectos teñen nomes e apelidos, teñen esforzo e dedicación e o resultado é visible se visitades a exposición. Quero amosar aos autores e autoras dos proxectos de Debuxo, de xeito que coñezades un pouco máis a tarefa realizada, os porqués destes proxectos, as motivacións e as problemáticas no proceso, para que sirva ao alumnado dos Grupos Superiores que hoxe están preparando os novos proxectos que se escollerán para o curso 21/22 no Curso Avanzado.

PAULA LAGO

Historia de Dores

Paula tiña un grande interese en colaborar coa súa nai achegando os seus debuxos aos textos que esta ten escritos co fin de, quen sabe, poder editalos nun futuro. Inicialmente buscaba unha estética coa que se sentise cómoda para "ilustrar". Acadar unhas imaxes coas que gozar do proceso, tanto da parte técnica, buscando soltura e inmediatez, como do resultado final. 

A primeira parte do proxecto consistiu en buscar, investigar na parte estética. Empapouse de obras de diversos artistas tanto de hoxe como do século pasado. Buscaba  un modo de facer que mesturase a perfección coa historia de Dores. Atopou nesa busca a Bernard Buffet, unha sorte de pintor expresionista tardío francés dos anos 60.

Obra de Buffet do ano 1960

domingo, 9 de maio de 2021

70. 4 PROXECTOS no MARCO de Vigo [PINTURA]

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), depois de estar en certo relenti por mor da pandemia, puxo a primeira marcha para iniciar unha nova velocidade, cunha interesante exposición colectiva de artistas galegos (producida polo equipo do museo), coa intención de integrar o seu traballo nos espazos da primeira planta: respectándoos, facéndoos maleables, potenciando as súas calidades, transformándoos.

                                                                                        Mar Vicente. Color-sombra II, 2021.

venres, 7 de maio de 2021

Mostrart 2021 [OUTRAS NOVAS]

Celébrase desde 1985 nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, zona Avenida da Mariña - Cantón Grande,  coa garantía persoal de cada taller e da Asociación Galega de Artesáns. As datas deste verán son  do 1 ao 29 de agosto

Solicitudes ata o 21 de maio. 

A dispoñibilidade de datas permite ampliar a participación de talleres artesáns galegos e doutras comunidades, case duplicando o número de días para a exposición e venda en relación a edicións anteriores. 

Bases e documentación de inscrición en: Mostrart 2021